Chess Flash

Chess Flash é un xogo de xadrez on line moi logrado, para os mais avezados avisarvos que non intentedes comezar no modo principiante porque sucumbe ao "pastor" coa candidez dun cativo de 6 anos, os outros niveis xa son outro cantar.

domingo 14 febreiro 2010

En Xogos | 2 Comentarios | Permalink

Akinator

Akinator é un xogo en rede baseado nunha poderosa base de datos que permete facer adiviñanzas ao estilo "Cluedo". Ten limitado o número de participantes, así que hai que ter paciencia para probalo, podo asegurarvos que resulta sorprendente. 

luns 14 setembro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Little Wheel

Little Wheel
Play This Game

Hai tempo que non posteo xogos, aí queda "Little Wheel", que me chamou a atención pola calidade do seu deseño, ata a música resulta excelente. Non é difícil chegar ao final.

domingo 21 xuño 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Xeografía

Un xogo para poñer a proba os vosos coñecementos sobre o mapa político mundial. Eu quedeime no nivel 5.  

domingo 08 febreiro 2009

En Xogos | 1 comentario | Permalink

Simulador Tren

Eurostar Driver é un simulador do tren de alta velocidade. O xogo consiste en levalo de xeito que chegue no horario previsto, con confortabilidade e sen rebasar os límites de velocidade. Primeiro hai que subir o pantógrafo, quitar os frenos e incrementar axeitadamente a aceleración.  Non é doado.

venres 30 xaneiro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

JamLegend

JamLegend é un xogo online gratuíto baseado no, xa mítico, Guitar Hero. Non ten o mesmo poder adictivo pero recoméndovos unha partidiña para que comprobedes as vosas capacidades rítmicas e de velocidade de dixitación.

xoves 01 xaneiro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Velocidade e memoria

Xogo xaponés para calcular a idade mental baseándose na nosa velocidade de percepción visual e na memoria eidética a curto prazo. O procedemento é sinxelo, consiste en memorizar os números que aparecerán na pantalla e ordealos de menor a maior. Unha vez rematada a proba aparecerá unha estimación da vosa idade mental.  
Enlace 

martes 02 decembro 2008

En Xogos | 2 Comentarios | Permalink

The unfinished swan

"The unfinished swan" é un videoxogo creado por Ian Dallas que está previsto que saia ao mercado en marzo de 2009, o tema asemellase a un labirinto estilo "DOOM" só que a un nivel de creatividade e de deseño minimalista que resulta sorprendentemente atractivo, a historia desenvólvese en primeira persoa e consiste en disparar bólas de pintura sobre un escenario completamente branco, de xeito que as manchas son esenciais para ir marcando o camiño e sobrevivir. Unha metáfora da vida.

The Unfinished Swan - Tech Demo 9/2008 from Ian Dallas on Vimeo.

domingo 30 novembro 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Rooms

Rooms é un xogo en rede, con posibilidade de descarga , que consiste en atopar a saída dunha mansión amañando os espazos ("rooms") e utilizando os obxectos que van aparecendo nas sucesivas plataformas de xeito lóxico.
Tarda en cargar (son 30 Mb) pero merece a pena, está moi ben parido.

xoves 19 xuño 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Pendulumeca

Pendulumeca é un xogo en rede simple e adictivo. Consiste en facer que o robot se desprace o mais lonxe posible facendoo pendular como si se tratase de Spyderman. Eu non conseguin pasar do nivel I con 802 metros.

martes 27 maio 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

CubEscape

Cubescape é un xogo en rede que permete facer construccións modulares con cubos de diferentes colores.
Algunhas das que aparecen na galería están curradísimas. 

sabado 24 maio 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Snake


O xogo da serpe nunha performance desenvolvida para a promoción da N-GaGe de Nokia.  A montaxe non está manipulada mediante procedementos informáticos, é unha película na que participaron mais de 1000 extras. Entrando no seguinte enlace pódese xogar unha particular e humanizada versión dos "Ladrillos" e ver o making of. Lembra o traballo de Guillaume Reymond.

venres 09 maio 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Hashiwokakero

Para a resaca do fin de ano un xogo de lóxica importado directamente do Xapón, o hashiwokakero, trátase de conectar as illas da cuadícula con liñas como se fosen pontes, 5 regras:

Cada illa debe ter tantos pontes como indica o seu número.
Os pontes deben trazarse en horizontal ou vertical
Os pontes non se poden cruzar
Pode haber ata dous pontes entre duas illas
Tódalas illas terán que estar conectadas, sen zonas ailladas.

Enlaces: Indigo e Bridges

martes 01 xaneiro 2008

En Xogos | 1 comentario | Permalink

Chat noir

Outro xogo de estratexia, trátase se atrapar ó gato activando os puntos evitando que fuxa polos laterais. Picade na imaxe.

sabado 22 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Buscando Vodka

Pasatempos para valorar a velocidade de discriminación visual do estilo "buscando a Wally". Trátase de atopar 82 botellas de vodka na imaxe. Tamén mide paciencia. 
Picando sobre ela podedes descargala como fondo de escritorio.

luns 17 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Superman

Un xogo simpático, simple e adictivo. Trátase de intentar fotografiar a Superman ó vo. Clic na imaxe.

mércores 12 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Trivial

Entretenido Trivial online para testear os coñecementos dos mais cinéfilos. Picade na imaxe.  

domingo 09 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Sudoku 3D

Especial viciosos/as. 
Pódese baixar picando sobre a imaxe.

domingo 02 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Regatas online

Seguramente existan outros, pero a opción do Liveskipper ten o seu encanto, trátase de un simulador virtual de regatas gratuito e de uso moi sinxelo. De feito, vótase de menos un maior control sobre as variables que inflúen na navegación. Estou seguro que esta interface irá a mais, o poder adictivo está sobradamente demostrado.
    

xoves 29 novembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink