R / Jazz

Múdome a Jazztel, un incordio necesario fronte á política comercial de "R", estou pagando 77 euros ao mes polo "combo 3", no que teño contratados os hipotéticos 30 Mb de baixada, sen opción a chamadas gratis a móviles, nin router wifi, nin Ip fixa... En fin, un pastón atendendo ás actuais ofertas no mercado da telefonía. A tendencia é abaratar costes na captura de clientes, amarralos cunha permanencia de 18 meses e comezar a sangralos ao pasar o ano, a fidelización mantense poñendo trabas para a portabilidade ou chantaxeando coas contas ou os espazos web, como este, no que si te vas non é posible facer nin tan siquera un backup da túa información, asi que, sen cuestionar a calidade da conexión, da que non teño outras referencias para facer comparacións porque levo 7 ou 8 anos con esta empresa, eu marcho para Jazztel, 40 euros/mes sen compromiso de permanencia e a posibilidade de retornar a este lupanar, como bó fillo pródigo, se as cousas non rulan. Eso si, pagando a metade.
Seguirei recollendo os pecios das miñas apneas aquí. 

mércores 10 novembro 2010

En Xeral | 6 Comentarios | Permalink

Asia


a journey through asia
from ivan vania on Vimeo.
Onte nunha tertulia un compañeiro mantiña que as imaxes son interpretadas como texto, unha argumentación moi particular vindo dun artista, non está claro cal é a linguaxe que utiliza o cerebro para decodificar e interpretar a información, pero do que estou seguro é da existencia dun componente emocional que o impregna todo como se fose música. Por exemplo, non é doado rexistrar unha viaxe coa axuda dun vídeo, sempre quedan rastros de sensacións que resultan imposibles de reproducir nin de borrar da nosa memoria, podemos buscar palabras fermosas pero ningunha poderá expresar a potencia da nosa experiencia. Aínda así, hoxe atopei esta curta que se aproxima moito á beleza.

luns 22 febreiro 2010

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Zeteticismo


Non coñecía eu o "zeteticismo", un palabro que se refire á aproximación crítica, non dogmática, pero con mente aberta e curiosa, sobre diversos fenómenos, teorías e hipóteses non ortodoxas dentro da ciencia. Hai uns días recibín un correo dun amigo comentándome que Rosa, a súa dona, sorprendeuse ao atoparse na rede nun vídeo que lle fixeron nunhas xornadas naturistas no que, na súa particular loita contra o pensamento único, falaba sobre a vacina do virus do papiloma humano. Remexendo no blogue atopei este fragmento dunha entrevista a Luc Montagnier no que mantén que o VIH podería ser eliminado do organismo polo propio sitema inmunolóxico, unha idea que eu xa tiña escoitado hai mais de 15 anos a outros membros da comunidade científica pero que permaneceu "inexplicablemente" silenciada, a orientación das investigacións cara ao desenvolvemento de anti-retrovirais son só unha das vías para combatir a SIDA, seguramente a mais rendable en termos económicos para as multinacionais de farmacia, pero non a única. Un pouco de zeteticismo non nos viría nada mal. 

venres 19 febreiro 2010

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Partners in crime


Os de Nike 6.0 organizan unha xira con 10 Bikers por cidades europeas onde farán mini clips cos trucos mais espectaculares. Proxecto Partnes in Crime .

luns 15 febreiro 2010

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Manifesto: post obrigado.

 Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…[ Máis ]

martes 08 decembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Fingerman

 
Elegante e controvertida campaña da "LCC" para a prevención do cancro de mama.
"As túas máns poden facer cousas maravillosas...a detección temperá do cancro de mama non é unha delas. Fai unha mamografía anual".

luns 07 decembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Quedas


Unha montaxe de parkour que lle roubo ao meu fillo Nacho.

xoves 12 novembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Re-acciona


Re- acciona é unha impecable campaña publicitaria da compañia Acciona, unha empresa dedicada  á xestión de estructuras, servicios e enerxías renovables, a idea é crear unha correspondencia entre a actitude social para o desenvolvemento sostible e as actividades que desenvolve esta empresa. Tanto a web como o vídeo promocional en youtube están logradísimos.
Vídeo
Web 

martes 10 novembro 2009

En Xeral | 2 Comentarios | Permalink

Piratas


Documental que mostra o efecto mariposa da piratería somalí, uha perspectiva á que non estamos afeitos. 

sabado 07 novembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Bring it to life


Cada corto publicitario de "Guinness" supón un acontecemento creativo que poucas empresas conseguen, ten a pegada das campañas da Coca Cola, de Audi, ou das esperadísimas macroproduccións dos cavas cataláns no Nadal, pero para o meu gusto a xenialidade dos seus spots é insuperable, hoxe estrenan unha nova campaña co lema "Bring it to life" despois de 10 brillantes anos de "Good Things Come To Those Who Wait". Saúde. 

mércores 04 novembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Oliver Sacks


Hai anos estiven moi interesado na psiconeuroloxía daquela lin algúns libros de divulgación científica que, ademais de esclarecedores, resultaban tremendamente divertidos, lembro especialmente "Fantasmas en el cerebro" de Ramachandran e "El hombre que confundía a su mujer con un sombrero" de Oliver Sacks, unha eminencia da neuroloxía que ademais  posúe unha aptitude como comunicador envexable. Estes días, nos que alguns pantasmas están a rondar polo cerebro da miña nai, andiven revolvendo na procura de información sobre as alucinancións e atopei esta miniconferencia maxistral de Sacks, un antropólogo da neurociencia que reúne nas historias clínicas dos seus pacientes microrrelatos cargados de sentido do humor e intelixencia, aí queda.   

luns 19 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

apnea


 Algunhas visitas ao blog son das vítimas provocadas polo enganoso do seu título, quen anda na procura de información sobre a práctica deste deporte e se atopa con este batiburrillo cultural ten que xurar en arameo, sinto moitísimo ter utilizado "apnea" como metáfora dos meus mergullos na rede, para resarcir á xente perdida deixo este vídeo de William Trubridge batindo o record do mundo na modalidade de peso constante sen aletas, baixou a unha profundidade de 88 metros en tres minutos e medio. Unha filmación extraordinaria, son 3 minutos de asfixia compartida.   

domingo 18 outubro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Gripe A


Hai cerca de 20 anos asistín a unha conferencia sobre a VIH impartida por un dos membros do equipo de Luc Montaigner, quedeime absolutamente abraiado coa capacidade didáctica do seu discurso, hai que ter en conta que estas leccións maxistrais teñen a dificultade engadida de vir impregnadas de tecnicismos propios da divulgación científica, o que fai mais meritoria se cabe a súa presentación. Uns anos despois, formando parte dun tribunal de oposicións, unha das opositoras despertoume do letargo que producían as letanías infumables dos seus compañeiros e cunha clarividencia envexable desmenuzou o seu tema cunha destreza de ciruxana incuestionable, hoxe envíanme este vídeo da Doutora en Saúde Pública Teresa Forcades outro exempro de crarividencia extrema á que hai que renderse sen remisión, coa igrexa topamos.

xoves 08 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Ave Cesar

En Lugo temos cultura etílica, dende moi novos aprendimos a compartir a dialéctica co "viño", unha forma de deixarse levar polas emocións sen presa, o procedemento é doado, consiste en misturar razoamentos, viño e tapas (elemento absolutamente indispensabel),  para irnos achegando a unha realidade nova, construida dende outra perspectiva, unha maneira particular de coñecemento absolutamente placenteiro. Estes días algúnhas tascas da zona vella andan a cultivar este hedonismo introducindo modificacións gastronómicas de "nouvelle cuisine" que son auténticas delicatessen, hoxe fixemos unha parada técnica no "Ave César"  para catar a "Dolce Vita" : Tempura de folla de parra rechea de corzo e cogumelos sobre biscoito de castañas e chocolate salteado con froitas do bosque e pétalos de chocolate, acompañado con cóctel de viño branco da Ribeira Sacra. Pura gula.

sabado 26 setembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Parkour +


Out of time é un excepcional vídeo de Parkour do letón Oleg Vorslav.
Outros post relacionados: Yamakasi / Parkour

mércores 23 setembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Publi


Teño entre os meus bookmarks algunhas empresas de publicidade que fan cousas fascinantes, entre elas está BBH un emporio de creatividade que merece unha visita. Os 40 segundos do spot publicitario son máxicos. 

domingo 13 setembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

10 drogas


Campaña alemana contra o consumo de substancias psicotrópicas ao volante.Sen perder o sentido do humor.

domingo 06 setembro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Alaska

Nun veran hai sete anos trouxéronnos a casa unha boliña branca pequena con ollos de auga, unha gata preciosa que indultaron por eses falsos azares que provoca a fermosura,  viviu con nós con esa particular forma de entender o cariño que posúen os gatos, sen compromisos, cunha independencia arrogante que ás veces resultaba indignante polo xeito co que controlaba os afectos, ata que chegou a facernos dependentes dos seus caprichos. Durmía na cama do meu fillo Alejandro, o lugar que elexiu para vir morrer, posiblemente buscando o acougo que lle proporcionaban os seus brazos, un xesto bellísimo o buscar arroupamento xunto ao seu compañeiro no derradeiro fío de vida. Dende onte a nosa casa encheuse de tristura, unha fondísima dor que nos mantén en silencio, un exercicio durísimo para os meus fillos que tiveron onte o seu primeiro contacto coa morte, unha última emoción poderosa, como todas aquelas coas que nos obsequiou Alaska.  

martes 11 agosto 2009

En Xeral | 2 Comentarios | Permalink

Kuroshio Sea


A primeira vez que vin o vídeo pensei que se trataba dunha animación, pero non, é unha pequena curta de Jon Rawlinson no aquarium de Okinawa, un dos mais grandes do mundo. O tema da banda sonora "Please don´t go" é do grupo americano Barcelona. Relaxante.

martes 21 xullo 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Pobre de min!!

O San Fermín terá os seus detractores, eu non estiven nin teño ningún interese en acudir, tampouco son taurino, pero hai que recoñecerlle a estas festas un poder de convocatoria inigualábel. A revista dixital "The big Picture" adícalle unha reportaxe gráfica excepcional.
Ver imaxes
 

martes 14 xullo 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Banca


Spot publicitario da MJZ para Barclays, baseado no "Show de Truman", no que xogan cunha mensaxe paradóxica, a construción dunha realidade escenografiada, na que nos atopamos atrapados, fronte á "autenticidade" que ofrece unha empresa de banca. Brillante. 

luns 13 xullo 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

APOI

Este ano participamos nunha interesante iniciativa para rastrear o patrimonio inmaterial de Galiza, o obxectivo era sensibilizar aos mais novos respecto da nosa riqueza antropolóxica, unha experiencia moi gratificante para o recoñecemento e a valoración da  nosa cultura, que quedou reflectida en "nosos", un documento visual algo pobre pola precariedade dos medios cos que contamos e pola nosa inexperiencia. Nun proxecto mais ambicioso, o Museo do Pobo Galego comezou coa creación dun "arquivo do patrimonio oral da identidade", unha base de datos sonora que recolle os acontecementos mais significativos da nosa historia  de xeito que podamos conservar aspectos do imaxinario colectivo e os valores do noso entorno. Os seus creadores invitan a facer as aportacións que consideremos relevantes para enriquecer este particular museo. Entre as que xa existen atopei a de Florencio, o cego da Fontaneira, un músico autodidacta que hai anos improvisaba concertos na casa do meu sogro na Fonsagrada. Lembranzas.

venres 26 xuño 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

SGAE


O nacemento da Sociedade Xeral de Autores.

domingo 31 maio 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Yamakasi


Hai uns meses adicáballe un post ao parkour, sigo convencido de que estamos a desenvolver destrezas de aprendizaxe que xeneran unha primacía do intelecto respecto ao desenvolvemento físico, cando debería ser xustamente ao revés, seguro que os nosos pensamentos fluirían doutro xeito. Mens sana in corpore sano.

mércores 27 maio 2009

En Xeral | 5 Comentarios | Permalink

Approbo

Envíame un amigo este enlace que aínda non teño testeado, pero si é certa a información que aparece na páxina permetenos contrastar a orixinalidade dos contidos daqueles documentos de texto que estiveran publicados na rede, un problema para os/as plaxiadores/as profesionais, como o alumnado e o profesorado, ou "intertextualizadores/as" pseudoprofesionais como Ana Rosa Quintana. Internet é o demo.

martes 26 maio 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Interacción

Multitouch Barcelona unha maneira creativa de ver a comunicación que se establece entre a xente e as tecnoloxías dende o arcaicismo do noso pensamento. Miña avóa daría unha explicación moi semellante á do vídeo, e seguramente ningún de nós podería ampliar esta información. Somos simples consumidores. Fantástico.    

xoves 21 maio 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Masa crític@s


Mañá non poderei estar na concentración da masa crítica de Lugo. Deixo unha pequena homenaxe para quen teña dúbidas de que a bici forma parte da codificación xenética dos humáns.
Tódolos últimos xoves do mes ás 20.15 diante do concello.  

mércores 29 abril 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Leme os beizos

Atopei algúns dos traballos do concurso de vídeo "leeme los labios" organizado por LEA e o Ministerio de Cultura para o fomento da lectura. A simplicidade dos vídeos de Pablo Olmos, aínda que é un pouco siniestra, resulta atractiva.

   

mércores 28 xaneiro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Mascotas


Nas datas de Nadal é moi frecuente regalar mascotas, cans, gatos...seres vivos que precisan de coidado, atención e dunha importante implicación de quen decide acollelos nas súas casas, a falla de responsabilidade cos animais é unha neglixencia moi grave que moita xente é incapaz de anticipar. Dende mediados de xaneiro é frecuente atopalos abandonados na rúa nun estado de deterioro irreversible. a Fundación Altarriba desenvolve unha campaña de sensibilización co lema: "Cada ano son abandonados centos de cans porque os seus donos cansáronse de xogar con eles.Un can non é un xoguete"
 

xoves 22 xaneiro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Israel


                       Boicot aos productos de Israel.

mércores 07 xaneiro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink