Face test

Sodes bós/boas fisonomistas? Este test da Universidade de Cambridge permete comprobar a nosa capacidade de memoria visual para lembrar caras, descoñezo a fiabilidade do experimento, a mín, que non presumo de ter unha boa memoria de recoñecemento facial, deume unha puntuación de 94%, parece que a media está no 80% e se descendedes do 65% seguramente non coñezades nin ao voso pai.

venres 19 marzo 2010

En Test | Sen comentarios | Permalink

Sosias

A posibilidade de contar con un ou mais sosias dispersos polo mundo e algo inquedante e ao mesmo tempo produce certo morbo, ata intelectuais como Saramago "El hombre duplicado" ou Pennac "El dictador y la hamaca" dedicaron un esforzo literario á figura dos "clons". A páxina de Coca Cola Zero permete facer unha busca dos nosos dobres. Sen narcisismo, eu non atopei a naide coma min.  

venres 04 decembro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

Pegada ecolóxica

Cuestionario de Educalia para facer o cálculo da nosa pegada ecolóxica. O obxectivo e concienciar sobre os límites dos recursos naturais e promover a sostenibilidade.
Reducir, reutilizar e reciclar.
Aforrar no consumo
Xenerar o menor número posible de residuos
Outra páxina para facer o cáculo "footprint"

martes 24 febreiro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

21 diferenzas


En Inglaterra están a desenvolver unha campaña de sensibilización respecto aos problemas de atención ao volante xa que motivan un importante número de acccidentes mortais de ciclistas. Na páxina "do the test" recóllense vídeos que poñen a proba a nosa capacidade atencional. As bicicletas son equiparables a estímulos secundarios nas vías urbanas, unha deficiencia no procesamento da información que pode resultar mortal.
Ollade o vídeo e descubride as 21 diferenzas. 

mércores 07 xaneiro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

Forzas armadas

 Test online das forzas armadas suecas para valorar a capacidade intelectual dos aspirantes a oficiais do exército. Está en inglés pero entendese bastante ben. É necesario ter conectados os altavoces para escoitar as instrucións que están gravadas con son binaural producindo unha sensación de espazo tridimensional que lle da maior realismo á proba. Gustaríame ver os resultados dos nosos "mandos". 

luns 29 decembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Mecanografía

Pouc@s escribides tan mal coma min, poño as mans sobre o teclado, os dediños na fila do medio, e fago unha serie de movementos aleatorios, inexplicables para calquera erudito da mecanografía. Desta anarquía, que non ten absolutamente nada de adaptativa, e despois dun tempo antieconómico para calquera que teña cousas que facer, xurde o texto.
Para quen queira facer unha proba de velocidade e ademais comparar as diferenzas en función do idioma deixo este TEST

mércores 26 novembro 2008

En Test | 3 Comentarios | Permalink

Test Color IQ

Todos percibimos as cores de xeito diferente, o sistema Munsell de ordenación da cor é un método aceptado mundialmente para a súa especificación exacta. Nesta páxina ofrecen a posibilidade de realizar un test que permete coñecer a nosa capacidade de discriminación cromática. Hai que arrastrar as cores en cada fila para arranxalos segundo a orde de matiz. O baremo fai unha valoración atendendo as variables zona xeográfica, sexo e idade. A miña puntuación: 29

luns 10 novembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test de audición

Test para facer audiometrías on line. Unha ferramenta de uso sinxelo que permite realizar unha proba de audición tanto aos adultos como aos nenos e ás nenas coa finalidade de detectar posibles hipoacusias, problema que, en moitos casos, está asociado a trastronos na adquisición da linguaxe.
A proba é gratuíta, unicamente teremos que darnos de alta cunha dirección de correo onde nos enviarán unha contrasinal para o aceso. Son necesarios cascos pechados e facer uns pequenos axustes de son no ordenador. Ver instrucións
Test

martes 28 outubro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test de percepción numérica

Os bosquimanos contan un, dous, tres e "moitos". No seu modelo social sobran as representacións numéricas que superan o "tres", seguramente todas estas argalladas matemáticas da suma e a resta xorden da necesidade de facer unha distribución mais equitativa nas sociedades onde "quen parte e reparte sempre leva a mellor parte". Este Test utilízase para medir a capacidade de "percepción da cantidade" baseándose nun modelo instintivo para o procesamento da información visual que parece que compartimos con outras especies. Podería definirse como un "sentido numérico" sorprendentemente eficaz, xa que procesa a información en milisegundos e proporciona unha fiabilidade na resposta incrible, algo así ocorre coa percepción das persoas ou co sentido do perigo, unha análise da información que depende do noso cerebro reptiliano (sistema límbico) que quedou sublimada polos procesos de orde superior, sen dúbida culturalmente moito mais adaptativos, pero infinitamente mais lentos.
Probade a facelo, a media dun adulto é do 75% de acertos, recoméndase facer o test unhas 25 veces para acadar un nivel óptimo de significatividade.
Artigo NYT

xoves 18 setembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Re: Incógnita

Para todos os que vos tomastes a molestia de facer o cuestionario "Incógnita", sei que moitos non poidestes colgar as respostas na sección de comentarios polos habituais erros "R", deixo a resposta que envía o autor.  [ Máis ]

domingo 11 maio 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Incógnita

Edad:....   Sexo:..... Cultura de origen:..........

Complete las frases. Intente escribir lo primero que se le ocurra: 


Trátase de un cuestionario que me envía unha amiga pedíndome que lle dea a maior difusión posible, non teño nin a mais remota idea do que pretende medir, invítovos a que o completedes e o deixedes nos comentarios, unha condición, non vale mirar as respostas ata que teñades escrita a vosa. En canto coñeza os criterios de avaliación publicareinos no blog.

mércores 09 abril 2008

En Test | 2 Comentarios | Permalink

Tempo de reacción

¿Espabilado/a ou dormido/a?
Unha páxina nos permete medir o noso tempo de reacción dende a percepción de un estimulo visual (crono) ata a emisión de unha resposta motora (click no rato). Segundo os autores é un bo medidor da fatiga. As medias das puntuacións por debaixo de 220 ms. son indicadores de un bo estado de alerta, as que sobrepasan os 330 ms. farían aconsellable un reposo neuronal.
Test

xoves 06 marzo 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test Grafoloxía

Páxina que ofrece un estudo grafolóxico gratuíto, descoñezo a fiabilidade do diagnóstico, no meu caso produciume unha sobredose de narcisismo que o fixo pouco crible ata para min, contrastando coa percepción que os meus achegados teñen da miña arrebatadora personalidade, non parece que me acompañen tódalas virtudes que se desprenden da proba, ou será que escribo ben. Probádea

martes 04 marzo 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test de Ishihara

Existen multitude de discromatopsias, mais coñecidas como Daltonismo, e un método moi sinxelo de coñecer si unha persoa o sufre, o Test de Ishihara.
Se algún de vós presenta dificultade ou imposibilidade para percibir correctamente as cores sabede que a vosa agudeza visual pode ser superior á da media dos mortais.

Na imaxe aparecerá o nº 5 ou o nº 2 (este último só o poderán ler os que teñen cegueira para o vermello e o verde)  

mércores 09 xaneiro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test IQ

Test de intelixencia IQ. (picade na imaxe se tedes 40 minutos libres)
A  capacidade intelectual mais poderosa da actualidade é a do Inxeñeiro Coreano Kim Ung-yong con un IQ: 210.
O actor James Wood posúe un IQ de 180 moi superior ós 160 de Stephen Hawking que á vez está moi próximo á intelixencia de Sharon Stone con un IQ de 156.
Mais datos en One Mans Blog.

sabado 08 decembro 2007

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test de agudeza visual

Mide a túa agudeza visual. Trátase de indicar o número de puntos que aparecen na pantalla. Eu non fun capaz de pasar de 7.

martes 06 novembro 2007

En Test | 1 comentario | Permalink

Lendas urbans

Na entrada "Dominancia Lateral" deixavabos un enlace para facer un test de hemisferios,  trátase de saber en que dirección xira a bailarina, pois ben, atopei unha información en Medtempus onde se nos explica que non ten ningún rigor científico e que non se trata mais que de unha excelente ilusión óptica. Lástima.

domingo 04 novembro 2007

En Test | Sen comentarios | Permalink

Dominancia lateral

¿Que lado do "coco" usas?
O Hemisferio esquerdo, no caso que visualices o xiro da bailarina no sentido contrario ás agullas do reloxo, indica que eres unha persoa orientada cara a lóxica e a linguaxe e tes boa aptitude nas áreas de matemáticas...
O Hemisferio dereito, no caso de que percibas que a muller xira no sentido das agullas do reloxo, indicaría que eres unha persoa imaxinativa e creativa, e tes boa actitude cara a filosofía e mesmo a relixión...


Eu son zurdo (predomina o hemisferio dereito)

luns 22 outubro 2007

En Test | Sen comentarios | Permalink

Test de intelixencia


[ Máis ]

sabado 20 outubro 2007

En Test | Sen comentarios | Permalink