Ozzy Osbourne


Unha homenaxe do mítico vocalista de Black Sabbath, Ozzy Osbourne, que  deicidiu lembrar a John Lennon no seu cumpreanos cunha emocionante peregrinación a Strawberry Fields facendo un cover de "How" memorable. A pesares dos seus 62 anos e o considerable deterioro físico segue a ter unha forza brutal.

martes 02 novembro 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Mulleres de auga

Unha fermosura de disco este último traballo de Javier Limón en colaboración con cantantes como Concha Buika, La Shica ou Estrella Morente. "Mulleres de auga" xurde co obxectivo de reivindicar o dereito das mulleres iraníes a cantar. Moi recomendable.

luns 11 outubro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Gorillaz

Gorillaz 'On Melancholy Hill' from Passion Pictures
Novo video clip da banda virtual "Gorillaz", un experimento sorprendente que dende o ano 1998 apostou pola maxia do multimedia para producir música. Os artífices do proxecto son o músico Damon Albarn de Blur e o debuxante de comics Jamie Hewlett. Brillantes.

sabado 09 outubro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Alexi Murdock

Facía tempo que non nutría o apartado de acústica do blogue e hoxe, que andiven toda a tarde remexendo na rede reconfortado polas carísimas prestacións da fibra óptica, enchufei a música e quedei embelesado con Alexi Murdock, un tipo de orixe británico que compón temas simples, sen grandes pretensións, pero cunha sinxeleza melódica que resulta casi perfecta para a lectura.

venres 17 setembro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Birdman


Un músico reivindicándose como "artista da rúa", o ritmillo é talento innato. E outro.

venres 20 agosto 2010

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Conchita

Ten o seu aquel utilizar "Conchita" como nome artístico, para os profanos dos 40 principais sona mais a tonadillera de aldea ou a cupletista que a unha artista próxima ao "indi", onte volvendo dos viños recuncamos nun concerto na praia co escepticismo dos ilustrados na música, cousas que produce o alcohol, e alucinamos coa potencia do seu directo, unha voz aflautada que puxeron de moda Nena Daconte ou Bebe Pafuera e que resulta farto empalagosa como para soportar duas horas de espectáculo, pero aí estivemos, cautivados pola súa presencia no escenario e unha interpretación dunha calidade musical que desafortunadamente resulta cada vez mais inusual. Un pedazo de banda e unha artista escepcional que nos alegrou a noite. Unha sorpresa.

luns 02 agosto 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Marc Cohn

Teño abandoado o blogue, cousas do verán que modifica os meus patróns de ocio, de calquera xeito aquí sigo enzoufado na música e na literatura para ir levando o dolce fare niente. Estes días recuperei a Marc Cohn, un ilustre músico de folk rock americano que versionou o "Wild word" de Cat Stevens nunha interpretación absolutamente memorable. Bo verán.

domingo 25 xullo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Gareth Pearson

Uhha perla acústica para melómanos recalcitrantes. O fenómeno é Gareth Pearson  versionando cun estilo "lap taping" o tema de Michael Jackson "Thriller", absolutamente maxistral. Chapeau.

venres 25 xuño 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Fairground attraction

Non sabía que título poñerlle ao post, en realidade a entrada é sobre Eddi Reader a vocalista dos míticos "Fairground Attraction" un grupo que levo no coche dende os anos 90 e que sigo escoitando coa sensación de ter mercado os seus discos onte. A cousa é que, escoitando por enésima vez "Ay fond Kiss" e "The firs of a million kisses", pensei en que sería da vida desa muller, pois por aí segue "on the road" facendo cousas moi semellantes ás que facía e cautivando con esa melosidade tan "perfect". Queda como lembranza acústica para unha fin de semana invernal.

venres 11 xuño 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Shawn Colvin

Repasando os post de acústica deime conta que podería parecer que sufrira unha especie de misoxinia musical, as mulleres están en clarísima desvantaxe numérica respecto aos homes, terei que ir corrixindo as cuotas para buscar algo mais de paridade. Shawn Colvin é unha veterana cantante americana con voz de "country" e un xeito moi persoal de facer sonar a acústica.

domingo 30 maio 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Anónima


Xa teño deixado algún post relacionado co talento musical, algún patrón de adquisición de coñecemento, presublimente de etioloxía xenética, tería que explicar como esta muller, sen "formación musical", é capaz de destrozar a ortodoxia metodolóxica da guitarra cunha brillantez insultante. Fixádebos na "Gibson Les Paul".      

venres 07 maio 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Ben Harper

Estaba convencido de terlle adicado unha entrada a Ben Harper, un músico que fixo duetos acústicos memorables con Jack Johnson ou Eddie Vedder (tamén pendente de post) , pero revisando as entradas do blogue non o atopei, así que aí queda con esta versión de "My father´s house" que interpretou no concerto en beneficio de Haití en decembro de 2009.

luns 22 marzo 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Paolo Nutini

Este escocés de 23 anos con cara de neno e unha voz prodixiosa vai dar que falar no mundiño da música, foi "telonero" de Amy Winehouse, unha experiencia pouco común á súa idade, e acaba de publicar o seu último traballo "Sunny side up", un experimento que o alonxa un pouco do son acústico de "These Streets" pero que segue a ser excepcional. Aí queda como proposta para a fin de semana.
Paolo Nutini   Myspace

sabado 13 marzo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

OK Go


A vida evoluciona cara ao caos.

xoves 04 marzo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

The Beautiful Girls

The Beautiful Girls é outra sorprendente banda australiana liderada por Matt McHugh, a súa música está influenciada por ritmos do mais variado rock, reggae, pop, folk... Eu rescato este pedazo de tema acústico "Let´s Take The Long Way Home" para acompañar á "tormenta perfecta" da fin de semana.

sabado 27 febreiro 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Matt Nathanson

Matt Nathanson é outro dos músicos americanos que merecen un recunchiño na base musical de acústica, un tipo simpático que comezou a ser recoñecido polo tema "Come On Get Higher" pero que aporta algunhas outras cancións que merecen moito a pena. Temas simples interpretados coa súa particular voz rasgada. Aí queda.
Myspace

xoves 18 febreiro 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Blitzen Trapper

A dose de acústica para a fin de semana "Blitzen Trapper", unha banda de Oregón que levaba 7 anos practicamente inédita ata que no 2008 publicou "Furr", un album que non pasou desapercibido para a revista Rolling Stone na que foi considerado dos mellores desa añada. Aí quedan.

sabado 06 febreiro 2010

En Música | 2 Comentarios | Permalink

Jakob Dylan

Jakob Dylan é o fillo mais novo de Bob Dylan, ademais de formar parte da banda "The Wallflowers", fai algunhas cousas por libre moi interesantes. Seguro que haberá algún xen responsable de manter o talento. Proposta acústica para a fin de semana.

sabado 30 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Vic Chesnutt


Ás veces o azar confabulase para provocar reflexións sobre certas cousas. Hoxe recibín dúas mensaxes case simultáneas, a primeira é unha suxestión musical, o 25 de decembro do 2009  o músico Vic Chesnutt inxeriu unha dose letal de miorrelaxantes, dende os 18 anos e como consecuencia dun accidente de tráfico padecía unha parálise parcial que lle impedía a mobilidade das extremidades inferiores. A segunda promocionaba o blogue de Aquilino González (Quili) Vocal de Barreiras Arquitectónicas da asociación AUXILIA-LUGO, que creou un espazo para facer un repaso moi persoal de Lugo visto sobre rodas. Aí quedan.   

mércores 20 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Elliott Murphy

Creo que foi o xoves pasado cando me quedei a escoitar a Elliot Murphy nos Concertos de Radio 3, unha lenda de 60 anos herdeiro do estilo "Velvet Underground" que segue a dar guerra polos escenarios, busquei na mediateca de TVE para postear "Green River" e "Sonny", dous temas en directo memorables para os devotos da acústica, pero aparecen misturados con Pablo Dacal, Emma The Great e Alado Sincera, media hora excesivamente ecléctica, deixovos o enlace coa recomendación de saltar ao minuto 9.20 e desfrutar como ananos ata o 23.00, alucinante.

Para quen non teña paciencia queda este aperitivo "You never know what you're in for".

sabado 16 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ernest Ranglin


Unha pequena delicatessen musical para comezar o ano Ernest Ranglin, guitarrista xamaicano de 77 anos considerado o precursor do "Ska", un músico que se move entre o Jazz e o Reggae e que fai cousas tan brillantes como este "Surfin". Unha suxestión do meu amigo Xavier Rancaño que me regalou "Ernest Ranglin Quintet - Live in Paris 2002" unha xoia de obrigada inclusión na discoteca básica de calquera melómano.

domingo 03 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Don´t worry


O pasado ano deixaba o inigualabel "Stand by me" do proxecto "Playing For Change" para festexar o Nadal e mais o Aninovo, resulta moito mais complicado do que parece atopar un tema que reflicta os sentimentos e afectos que vos desexo a tod@s @s que pasades polo blog. Ocurra o que ocurra no 2010 "Don´t worry" sede felices.  

martes 29 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

The nada

Hai uns días descubrín a Kevin Johansen, escoiteille unha cumbia desas que son capaces de incitar ao baile ata aos mais estáticos, un tipo de curioso mestizaxe nado en Alaska e criado en Arxentina e que desenvolve unha música de ritmos latinos, cumbias, milongas, son cubano, con un toque de distinción canalla que a mín me fascinou.  "The Nada" e simultanemente o nome do seu grupo e o título do primeiro CD da banda, excelente traballo que xa deixei incluído no listado mestizo do Spotify. Un toque rumbero para espabilar o frío da fin de semana. 

venres 18 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

John Frusciante

Proposta acústica para a fin de semana: John Frusciante un guitarrista americano que pertence á mítica banda dos Red Hot Chili Pippers, un tipo que cando se desmarca en solitario fai cousas tan interesantes como esta.


John Frusciante - The Past Recedes
por redhotfan

venres 11 decembro 2009

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Tony Haven

Tony Haven é un xove guitarrista nado en Inglaterra especializado na técnica de  Lap tapping. Non é Erik Mongrain pero ten o talento dos escollidos.
 

domingo 06 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Mario Basanov

I'll be gone from KORB
Non son moi adicto á música de laboratorio, con algunhas excepcións como Moby que me parece brillante, pero atopei esta marabilla de Mario Basanov, un xove músico de estudio lituano que leva camiño de converterse nun crack. 

Algúns días as cousas parecen correlacionar de xeito espontáneo como si existira un fío invisible que as fose trenzando.

venres 27 novembro 2009

En Música | 1 comentario | Permalink

Bon Iver

Bon Iver é o nome do grupo de Justin Vernon, outro dos músicos Indie que merecen un espazo na discoteca básica de acústica. Este tipo, que imposta a voz ao cantar como se sofrira, exiliouse a unha cabana de Winsconsin, despois de abandoar noiva e banda, e aproveitando as musas que visitan aos eremitas, compuxo "For Emma, Forever ago". Un disco excelente.

martes 17 novembro 2009

En Música | 1 comentario | Permalink

XIX Jazz

Comezou o XIX Festival de Jazz de Lugo, 19 anos de luxo asiático na nosa cidade, onte recuncou no Círculo Roy Hargrove, un trompetista de 40 anos que parece estar vivindo a séptima reencarnación pola súa virtuosidade interpretativa. Un chulo que pasea polo escenario coa arrogancia do que se recoñece a sí mesmo como un deus menor e que se fai acompañar por 4 músicos excepcionais, eu alucinei con Justin Robinson, un saxofonista impecable que estou seguro de que se colará no olimpo dos Jazzman. Os concertos de Jazz posúen unha maxia inexplicable, o clima que se respira produce unha especie de catarse colectiva, unha sensación de complicidade co grupo que te fai sentir ben, moi ben. Quedannos 2 xoias Kurt Elling e Kenny Barron, só con pensalo sorrío.

mércores 11 novembro 2009

En Música | 2 Comentarios | Permalink

Anni b sweet

Onte, inesperadamente, rematei a noite no concerto de Anni B Sweet, unha malagueña que se colou pola porta grande no Indie  e que eu xa tiña no xoieiro de Spotify, pero que me volveu a sorprender pola calidade e a potencia do seu directo, cunha banda excepcional, regalounos unha gozada de miniconcerto ás 40 persoas que "abarrotabamos" o local, unha preciosa sorpresa esta paradiña técnica en Lugo de camiño á Coruña onde ten previsto actuar esta noite. Dentro duns anos estou seguro de que lembraremos con incredulidade a visita dunha estrela.

sabado 31 outubro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Dionne Bromfield

Esta mañá vin na prensa unha foto de Amy Winehouse acompañando a unha rapaciña de 13 anos que parece que está sendo tutelada musicalmente pola diva, trátase de Dionne Bromfield, outra portentosa voz que dará moitísimo que falar. Talento en estado puro. Aínda que a foto produce un pouco de congoxa, non?

mércores 28 outubro 2009

En Música | 2 Comentarios | Permalink