Doctorsim

Esta tempada, que esgotei a permanencia con Vodafone, estiven dándolle voltas as tarifas dos móviles, cheguei tarde a Doctorsim porque houbera aforrado unha chea de tempo na eleción de compañía. Esta páxina procesa nuns segundos a información do uso do móvil cotexandoa coas ofertas de todas as operadoras de telefonía. Quédame a satisfación de saber que non errei na decisión. 

venres 29 outubro 2010

En Informática | 1 comentario | Permalink

CCEnhancer

Son usuario dende hai anos do CCleaner, un software gratuito para manter aseado o ordenata que non ten competencia, seguramente por esta razón algúns decidiron unirse ao carro de Piriform e deseñar ferramentas que complementen a súa excelencia, é o caso de CCEnhancer unha aplicación que engade automáticamente características adicionais ao CCleaner para facelo aínda mais completo.
Descargar

martes 31 agosto 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Chrome


Sigo resistíndome a abandonar Opera, segue cautivándome a estética do interface de usuario, as opcións de opera link e Unite, etc. Pero hoxe, onde a velocidade é a prioridade, hai que renderse a Chrome. A campaña en slow motion non ten desperdicio.    

mércores 12 maio 2010

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Grooveshark

Estou testeando algunhas alternativas ao Spotify, por aquelo de coñecer mundo e para deixar de soportar estoicamente as desagradables cuñas publicitarias coas que nos bombardean aos pebleios da música en streaming, dudo que poida rachar coa fidelización que provocan as listas de reprodución persoalizadas porque xa teño memorizada unha discoteca básica xugosísima, pero aí queda unha proposta Grooveshark.

venres 23 abril 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Descarga Directa

Hai tempo que prescindín das redes p2p: emule, ares, azureus, etc. Para baixar cousas fagoo a través de descargas directas dende páxinas que ofrecen servicio de hosting de arquivos, como Megaupload ou Rapidshare, utilizando como xestor o "JDownloader", un xeito de gañar fiabilidade e non atoparte con arquivos sorpresa, ou viriasis pola cara, ademais de poder optar si eres moi sibarita a velocidades de descarga supersónicas mercando unha conta premium. Hoxe en "El Geek" atopei "Music and Files" unha páxina para facer búsquedas directas nestes servidores que engado inmediatamente aos meus bookmarks de descarga.

domingo 28 febreiro 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

060

Unha boa iniciativa a creación dun portal virtual para acceder a calquera trámite da administración a través da rede. A páxina 060.es agrupa todos os enlaces da administración pública onde se pode realizar calquera xestión telemática, unha taxonomía que ordena os enlaces por categorías dun xeito sinxelo e eficaz. Absolutamente imprescindible.

venres 05 febreiro 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Kindle


Vaime costar traballo mudar o formato "libro", de feito estou convencido de que non será posible substituir o papel pola virtualidade electrónica para recoller as palabras, Saramago dí algo parecido a que a escritura posue unha intemporalidade que fará dos libros obxectos eternos, son invulnerables á manipulación, e a sensualidade da súa textura é irrpetibel,  pero as novas tecnoloxías abren vías insospeitadas para o acceso á cultura. Un exemplo: Kindle Amazon

luns 14 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Google Image Swirl

Esta nova aplicación do xigante Google para a busca de imaxes na web aporta como novidade a organización esquemática en grupos dos distintos resultados, a clasificación faina dacordo ás semellanzas atopadas entre as características das imaxes: cores, contraste, forma, distribución dos elementos na imaxen... Lembra á estructura de mapas cognitivos que emprega  Musicovery,  para facer taxonomías musicais. A ordenación non é perfecta pero aparecen resultados moi interesantes.
A propósito de Google, non vos perdades este espectacular videoclip promocional do Chrome.

xoves 10 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Wallpapers +

Xa teño dedicado un post aos "wallpapers" de responsabilidade social, unha suxestión para renovar os fondos de escritorio lembrando as datas significativas do calendario de compromisos sociais. Hoxe deixovos estes dous enlaces de National Geographic para os/as que queirades introducir un toque bucólico nas vosas máquinas.
wallpapers 1
wallpapers 2

sabado 05 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Fring

Fring é unha aplicación gratuita para telefonía que ofrece a posibilidade de comunicarnos como si dispuxeramos do Skype no noso móvil, de feito tamén é compatible coa rede Skype, os requerimentos son, dispor dun aparato que funcione co sistema opertativo Symbian e que teña wifi, os modelos compatibles co vídeo actualmente son os Nokia táctiles (como o X6, N97 Mini, N97, 5800), N95, N95 8GB e N92. Si sodes propietarios dalgún destes terminais só tedes que instalar a aplicación, identificarvos, e millas. Videochamadas, chat, voz... todo gratis.
Descargar aplicación

xoves 26 novembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Webs

Para os/as que non están dispostos/as a instruirse na elaboración de páxinas web, atopei hoxe en ceslava.com catro alternativas para a creación sitios online en modo ultrafácil. Edicy está en cristiano. Aí quedan os enlaces:
http://get-simple.info/
http://www.webs.com/
http://sitecake.com/
http://www.edicy.com/

luns 23 novembro 2009

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Pingtest

Pingtest e Speedtest son un par de páxinas para testear a nosa conexión á rede, a primeira fai unha busca do servidor mais óptimo e unha vez detectado mide o ping ofrecendo unha estimación da calidade da nosa conexión, a segunda é unha proba de velocidade moi semellante á do velocímetro de R.

domingo 18 outubro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Moomeo

Hai millóns de usuari@s do correo web, infinidade de tip@s que derrochan creatividade en formato epistolar que se vai desvanecendo en cadeas de reenvíos ata morrer. Moomeo é unha aplicación gratuita en rede que permete converter o contido dos e-mails en contido web de xeito automático,  o procedemento é moi doado, enviando o correo que queres converter en páxina web á seguiente dirección: post@moomeo.com. Moomeo procesará a túa solicitude e en menos de 2 minutos, xa terás no teu correo o enlace da página web creada. Abracadabra.

domingo 11 outubro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Antivirus on line

Housecall é unha aplicación gratuita para chequear en rede os virus do noso ordenata, agora que parece poñerse de moda o software on line, non está mal dispor dun doutor permanentemente actualizado, este programilla scanea o sistema na procura de "bichiños" e eliminaos cunha rapidez excepcional, só está disponible en "english" pero é dunha simplicidade inusual.
Start House Call   

luns 24 agosto 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Unite Opera

Quen siga o blog saberá que son "Operadicto", de cantos navegadores teño testeado ningún se asemella nin de lonxe ao Opera, recoñezo que me costou deixar Firefox, débollo ao meu colega Antonio, fidelizado dende hai anos, que xa está no tramo de ser rabudo esixíndolle maiores prestacións fundamentalmente relacionadas coa xestión do correo, aí si que eu sigo pillado ao thunderbird. Pero ao que ía, a última sorpresa é Unite Opera unha suite que permite converter o noso ordenador nun servidor coa potencia que nos brinde o noso proveedor de internet, con un sinxelo procedemento e a golpe de  click poderemos  compartir documentos, música, fotos, chat... cos/coas amigos/as, ou acceder remotamente ao ordenador do traballo sen saír do navegador. Un paso mais para facer desaparecer a diferenza entre cliente e servidor que seguramente comportará un exhaustivo traballo dos programadores para insistir na mellora da privacidade e seguridade que leva implícito o compartir en rede, pero para min é mais que suficiente esta versión beta, estou absolutamente alucinado.
Descargar Unite Opera   

luns 29 xuño 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Liberkey

Unha alternativa aos macro programas que ocupan un espazo brutal nos discos duros, ademais da cantidade de merda coa que contaminan o sistema operativo, está no software portable, programas executables que non precisan de instalación, e que podes transportar nun pendrive para facelos rular en calquera máquina. LiberKey é uha recopilación gratuita de software portable que ocupa 200Mb e que inclúe unha morea de aplicacións informáticas do mais variado, optimizadores, navegador firefox, reproductores de música, ferramentas de seguridade... Se non sabíais que facer con esa vella memoria USB de 512 Mb que gardais no caixon dos obxectos esquecidos aí tedes unha boa proposta.
Descargar LiberKey

sabado 20 xuño 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Buscas

Teño escoitado mil veces que Google utiliza uns motores de búsqueda dunha potencia inimaxinable, os algoritmos para o cálculo do Page Rank convertirono no "buscador" mais utilizado do mundo deixando obsoletos aos Yahoo, Altavista, etc., que xunto ao underground "Astalavista", foron protagonistas dos meus inicios como internauta. A estas alturas a sensación de supremacía googeliana é tan abasalladora que comeza a resultarme ata antipático, queixome, por exemplo, da escasa especificidade nas buscas e da ausencia de fiabilidade respecto dos resultados propostos, estas cousas que parecen pasar desapercibidas para o xigante, tivéronas en conta os deseñadores de Wolfram Alfa, unha base de datos do coñecemento que, aínda que non se pode entender como un "buscador" no sentido estricto, parece unha boa alternativa ao monopolio Google. Wolfram Alfa responde a calquera pregunta que lle fagas a través de contidos enciclopédicos revisados por un equipo de expertos en cada materia (como unha Wikipedia fiable), polo momento está dispoñible únicamente en inglés pero ten boa pinta. Outra opción esta no Bing de microsoft un buscador que ten no punto de mira a Google para erixirse na súa alternativa, estes días ando manexando a versión Beta en español que parece non ter nada que ver coas funcionalidades das que dispoñen os usuarios de fala inglesa, asi que teremos que esperar para disfrutalo en plenitude, en fin, que a competencia é sanísima.

sabado 06 xuño 2009

En Informática | 1 comentario | Permalink

Format Factory

Format Factory é unha interesantísima aplicación para cambiar de formato practicamente calquera tipo de arquivo, vídeo, imaxe, audio ou ISO. Gratuita, en castelán, e de doado manexo, non se lle pode pedir mais.
Descargar    

martes 10 marzo 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Creative



Fabulosa presentación da suite de adobe creative. Click na imaxe.
Acceso ao portfolio para ver o que se pode facer co seu sotware

mércores 14 xaneiro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Galinux

Pois xa temos o Galinux, era hora de que a comunidade dispuxera dun sistema operativo de código aberto como alternativa ao emporio Microsoft, aínda non o teño testeado, fareino coa opción de proba e logo escollerei un dos ordenadores vellos que andan pola casa para co-instalalo, a miña experiencia anterior co Linux foi pouco gratificante, aos problemas para atopar os "drivers" de algúns dos periféricos cos que traballaba, engadíronse as dificultades para desinstalalo, rematei formateando o disco duro. En fin, todo sexa pola filosofía Linux que comparto.
Descargar 

xoves 11 decembro 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

VDownloader

VDownloader é unha ferramenta gratuita e de doado manexo para facer descargas de vídeos que se atopan na rede, é compatible con prácticamente todos os sitios web que ofrecen servicios de videoteca: Youtube,  Google Video, Metacafe, DailyMotion... admite unha chea de formatos: AVI, MPG, iPOD, PSP, 3GP, VCD, SVCD, DVD, FLV e MP3, ademais funciona como conversor de arquivos e dispón dun motor de búsqueda propio. Unha aplicación indispensable no PC.
Descargar

mércores 03 decembro 2008

En Informática | 1 comentario | Permalink

Recuva

Unha nova suxestión informática, Recuva é unha utilidade gratuíta para restaurar os arquivos que se suprimiron accidentalmente do noso ordenador. Isto inclúe os baleirados da papeleira de reciclaxe, imaxes e outros arquivos que foron eliminados por erro do usuario. Ademais permete recuperalos de outros dispositivos como cámaras dixitais, tarxetas de memoria ou reprodutores de MP3. A compañía, Piriform, ofreceme unha fiabilidade extraordinaria, son os creadores de CCleaner e Defraggler aos que xa dedicara un post.
Descargar Recuva

venres 14 novembro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Like a rolling stone

Mixwit make a mixtapeMixwit mixtapes

 Mixwit é unha páxina que permete crear "cintas" de audio personalizadas, unha volta aos 70. Like a rolling stone. 16 versións.

domingo 09 novembro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Transmute

Teño unha curiosidade innata casi felina, no ámbito da informática é puro vicio, cando actualizan un programa xa me está pedindo o corpo instalalo e remexer nel para comprobar as melloras ou os destrozos que conseguiron os "desarrolladores". Un exemplo son os navegadores, para testealos sen partir de cero hai que carretar a mochila coas cookies, as contrasinais, os favoritos, etc.
Transmute é unha aplicación informática "Freeware" que permite exportar bookmarks de un navegador a outro rápidamente e de xeito automático. É compatible cos 4 mais comúns Opera, Firefox, Chrome e Explorer. Unha boa ferramenta. Descargar

domingo 26 outubro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Chrome

Moito ruido e poucas noces. Independentemente do deseño, que garda unha evidente afinidade coa estética microsoft, este navegador non aporta ventaxas na funcionalidade respecto doutros competidores, eu xa me declarei "Operadicto", e de recoñecer a supremacía dalgún outro inclinaríame por Firefox. Respecto á rapidez de carga das páxinas, a optimización do consumo de memoria RAM, e as posibilidades de personalización non lle aprecio ningunha mellora.
A novidade técnica máis importante consiste en vincular cada pestana do navegador a un único proceso do sistema operativo. De xeito que, no caso de que unha páxina se colgue, o navegador non se pecha. 
Polo demais, Chrome é inmellorable para a promoción da amplia oferta de aplicacións Google: Picasa, Gmail, Googlemaps, Gears, etc. Tería delito que dera problemas cos da casa.
En fin, que non acaba de convencerme ata o punto de quebrantar a miña fidelidade.
Descargar Chrome Beta

mércores 10 setembro 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Dscargalo

Dscargalo é unha páxina para buscar arquivos e facer descargas directas a través dos sitios de aloxamento gratuito como RapidShare, Megaupload, Badongo, Mediafire...
Un buscador moi recomendable pola  súa simplicidade.  

martes 01 xullo 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Movemento Fon

No ano 2006 comecei a escoitar falar de esta iniciativa do gurú das telecomunicacións Martín Varsavsky, a filosofia era simple, crear unha rede global de conexións inalámbricas compartidas; una rede segura construida polos usuarios e para os usuarios. Para elo cada un ofrecería gratuitamente unha parte do seu ancho de banda para ser usado libremente por quen estivera no seu alcance, un servicio wifi con cobertura mundial. Hoxe o proxecto é unha realidade, Fon xa permete disfrutar dun acceso de calidade á rede e cunha cobertura cada vez mais ampla, os requisitos son mercar unha "fonera" ou un "pase fon".
Seguramente con un exercicio colectivo de solidariedade poderíase prescindir de esta infraestructura, eu son dos que teño "aberto" o meu router wifi, e ti? 

mércores 11 xuño 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Didáctica da RSS

Xa tiña posteado un videotitorial sobre o funcionamento dos blogs. Hoxe deixo unha lección maxistral para aqueles que teñen dubidas respecto á utilización das subscricións RSS. A sindicación é cada día mais necesaria para non ir facendo bordadas ata chegar á información que desexamos, aínda que teño que recoñecer que a min encántame perderme.

 

mércores 07 maio 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Defraggler

Defraggler trátase de un defragmentador de disco alucinante, potente, rápido e gratuito. Os autores son os de Piriform, que xa me tiñan cautivado co CCleaner. Ambos imprescindibles no meu PC.
Descargar Defraggler

luns 14 abril 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Morriña

Pandora segue votándose de menos, en outubro deixaba este post no que pedía a colaboración para atopar algún agonista musical que nos paliara o síndrome de abstinencia, "el más musical" apuntaba alternativas para ir esquecendo a nosa amada, como lastfm ou musicovery (ambas moi recomendables). Hoxe Pedro envíame esta solución:

"No me resigno a quedarme sin la compañía de mi queridísima caja de Pandora y, ya que nos privaron de aquel chollo del globalpandora.com que duró dos días, he vuelto a buscar por el google y he encontrado un sistema, que además es de lo más sencillo de aplicar. Os explico:
Se trata de instalar un programilla anonimizador (horrible palabreja) que falsea la dirección de IP con la que te ven, de manera que no puedan averiguar que te conectas desde España y bloquearte el acceso.
El programa se llama Tor nombre que, no me preguntéis por qué, a mí me suena de lo más familiar.
Una vez descargado e instalado, hay que abrir Torrc (Inicio/Todos los programas/Tor/Torrc) que es un fichero de texto que explica un montón de aspectos sobre la configuración que no hace ninguna falta leerse, y hay que pegar al final del texto lo siguiente:
StrictExitNodes 1
exitnodes desync, 0xL37N1Tor, agrippator, whistlersmother, lefkada, bettyboop, croeso, TorLuwakOrg, nixnix, inap1, redpineapple, cronic, sasquatch, slowturtle2
Ni puta idea de qué es lo que hace, pero hay que pegarlo y guardar el fichero con la modificación.
Luego hay que descargar tor.pac que es una chorradita de dos líneas de texto, y ponerla en el directorio raíz de C:
Por último, hay que configurar el explorador de internet con un URL de proxy.
Y ya está. Arrancas el Tor y a continuación el explorador, tecleas la dirección de Pandora y ante tu sorpresa verás que no solamente accedes como si nada, sino que te aparecerán automáticamente las emisoras que habías configurado antes de que te prohibiesen el acceso. Lindo, no es sierto?.
La web de la que lo saqué es http://www.zhongg.com/  y aquí encontraréis los links para las descargas y la forma de configurar el Internet Explorer y el Firefox: http://www.zhongg.com/guides/how-to-listen-to-pandora-outside-us-with-5-simple-steps/ Imagino que la configuración del proxy en vuestro Ópera no debe ser muy diferente.
Los autores de Tor dicen en su web que el anonimizado con su programa no es del todo seguro y que si quieres que tus movimientos por internet no dejen ninguna huella, deberías utilizar un sistema más potente. Pero yo confío en que los Pandoros no tengan un sistema de descifrado de anonimizadores demasiado eficaz, y el truco dure.
Yo, de momento, vuelvo a tener la mejor música acompañándome. Que ustedes disfruten."

Decir que eu aínda non a probei, pero fareino.

mércores 02 abril 2008

En Informática | 1 comentario | Permalink