Mudando paradigmas


Xa deixara un post dunha conferencia maxistral de Ken Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta indispensabel do proceso educacional, hoxe atopei este inusual video clip no que se traduce en imaxes o seu discurso respecto das patoloxías asociadas aos actuais modelos paradigmáticos dos sistemas educativos, algunhas apreciacións son cuestionabels, pero en termos xerais tanto o contido como a forma son dunha brillantez desproporcionada.

venres 22 outubro 2010

En Educación | 2 Comentarios | Permalink

Books

Ando metido nun proxecto para a mellora da biblioteca do centro onde traballo, parece que a primeira fase consiste en facer unha criba dos libros considerados cadáveres para facerlles sitio ás novas adquisicións, un proceso "inquisitorial"  tristísimo que imos ter que resolver da mellor maneira posible, ocórrensenos varias alternativas antes da opción do reciclado ou da mais sinistra solución de aplicarlles 451º Fahrenheit, como non existe o cemiterio dos libros esquecidos que inventou Zafón, as opcións que estamos barallando pasan por contribuír ao proxecto "Ágora" de Cumulum, facer unha "performance" no pobo ao estilo de "Luzinterruptus", un mural literario, ou convertelos en esculturas como as de Paul Octavius. Agradécense ideas para restaurar a dignidade dos condenados a morrer.

xoves 11 marzo 2010

En Educación | 4 Comentarios | Permalink

Castegalenglish

xoves 07 xaneiro 2010

En Educación | 3 Comentarios | Permalink

Dereitos Humanos

A Declaración Dos Dereitos Humanos 
Para ser “Distribuido, exposto, lído e comentado nas escolas e noutros centros de ensino"

domingo 13 decembro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

X Nada


X Nada é unha dura curtametraxe premiada no Festival Internacinal Curtocircuito 2009, unha película de Dani de la Torre e Toni Veiga  que se está a distribuír nos centros de ensino como proposta para a reflexión sobre a orixe e as consecuencias dun modo de violencia xuvenil "gratuita".

mércores 11 novembro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Galitoon

Galitoon é unha empresa galega adicada á  producción de Tv,  teatro e publicidade. Descubrinos casualmente no CEIP do Cádavo facendo a representación de "Babiliglub", unha pequena obra de teatro negro que feitizou ás/aos nenas/os. A Deputación de Lugo financia integramente estas actuacións nos centros de ensino público, un luxazo.

domingo 08 novembro 2009

En Educación | 1 comentario | Permalink

Velocidade lectora

A Consellería de Educación da Xunta de Extremadura colgou esta aplicación en rede para o entrenamento da velocidade lectora, os fundamentos teóricos nos que se substenta o modelo son un pouco inxenuos, primeiro a repetición como ferramenta para a adquisición dunha vagaxe de vocabulario que permeta utilizar unha vía semántica fronte a fonolóxica, e segundo o entrenamento dos movementos oculares implicados na lectura para realizar fixacións óptimas sobre o texto. Penso que o proceso lector é moitísimo mais complexo que todo isto, xa que afecta a patróns cognitivos de orden superior que están impricados no procesamento da información e que non son tan doados de manipular mediante estas técnicas de entrenamento, como tamén poño en dúbida os modelos empregados na escola para a adquisición das destrezas lectoras. En fin, non me vou meter en camisas de once varas, aí queda o programilla para @s que queiran intentar acelerarse.     

sabado 24 outubro 2009

En Educación | 1 comentario | Permalink

TIC

Envíame un compañeiro este enlace que pode ser de interese para os profesores/as que queiran facer algo máis no eido das TIC. A presentación é cutrísima pero algúns traballos poden resultar útiles. Aí queda.

mércores 21 outubro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Creatividade vs escola


Charla maxistral de Sir Ker Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta para o desenvolvemento intelectual, a escola está a perpetuar patróns de aprendizaxe devastadores para a humanidade. Este gurú da comunicación aborda con sentido do humor a necesidade de reestructurar os modelos de ensinanza centrados no desenvolvemento da metade esquerda do noso cerebro. Brillante.  
Web de Gillian Lynne 
Visto en A desgana

domingo 26 abril 2009

En Educación | 1 comentario | Permalink

O asasinato da profesora de lingua

Tiña oído falar moi ben de este libriño, e non defrauda, unha novela xuvenil de Jordi Sierra i Fabra chea de xogos de palabras e cábalas que a fan tremendamente divertida. Calambures: "Yo lo coloco y ella lo quita" "Yo loco, loco, y ella, loquita"; Pallíndromos: "Nota épica: nací peatón"; Tautogramas, bifrontes, pangramas... Todo un catálogo de divertimentos lingüísticos para saborear os placeres da escritura e descubrir os seus segredos dentro dunha trama detectivesca que forzosamente ten que enganchar ás/aos lectoras/es mais novas/os. Recomendada a partires dos 12 anos.   

luns 26 xaneiro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Sexo

A organización belga Sensoa, expertos en saúde sexual e prevención da VIH, lanzou esta imaxinativa campaña titulada All About Sex.


En Galiza a rede Quérote desenvolve nos centros de ensino talleres de educación afectivo-sexual orientados ao alumnado, ademais proporcionan información, asesoramento e atención á mocidade en temas de anticoncepción e enfermidades de transmisión sexual (ETS), as consultas poden facerse nas súas sedes, telefónicamente ou mesmo a través da súa web. Unha iniciativa que incomprensiblemente aínda resulta iconoclasta para unha sociedade como a nosa, conservadora e de férrea moral católica, que mantén á sexualidade como un tema tabú na educación d@s adolescentes, este negativismo trae como consecuencia que persistan multitude de mitos e falsas crenzas potencialmente prexudiciais: embarazos non desexados, infecións polo VIH, ETS, non aceptación de diferentes orientacións sexuais...
Acepto que a información non é sinónimo de prevención, pero si o é de coñecemento, e este proporciona liberdade.

sabado 22 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Manifesto Pedagóxico

Subscribo cada un dos puntos de este manifesto. Non é verdade que na escola española actual predomine un modelo de ensinanza diferente ao tradicional. Asinar manifesto

[ Máis ]

xoves 13 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Mapas Flash

Roubo a marsop un post que fai referencia a unha interesante e instrutiva web "maps of war". Unha biblioteca gratuíta de presentacións en flash, nas que aparecen mapas da evolución de diferentes acontecementos que foron significativos no desenvolvemento da humanidade. Exemplo: 5000 anos de relixión en 90 segundos.

Outros recursos: Mapas Flash / Gráficos "El país"

luns 03 novembro 2008

En Educación | 2 Comentarios | Permalink

Biblioteca escolar dixital

A biblioteca escolar dixital é unha brillante idea desenvolvida polo CITA (centro internacional de tecnoloxías avanzadas), un recurso pensado para pais, nais, alumnado e docentes, que poderán ter nunha soa web información completa sobre contidos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Ademais ofrece miles de enlaces a outros sitios de interese para o ensino. Trátase dun portal para a información educativa, cuxos contidos non son estáticos senón que irán acrecentándose e mellorando co tempo e a participación dos usuarios. Unha vez rexistrados permite personalizar a nosa biblioteca, facer comentarios, etc.
Na páxina principal hai dous enlaces a outros proxectos que tamén merecen a pena visitar o PLEC (proxecto de lectura para centros escolares) e SOL (servicios de orientación de lectura).
Foto "The Book Cell Project" / Matej Krén

sabado 25 outubro 2008

En Educación | 1 comentario | Permalink

Heducación


A editorial Mondadori está a desenvolver unhas campañas, ao meu xuízo fantásticas, para a promoción da lectura. Deixo posteados os vídeos "me gusta leer" e "Heducación", un foro aberto para a reflexión sobre o modelo educativo en España, que ademais utilizan para a presentación do libro de Daniel Pennac "Mal de escuela", unha lectura que aínda teño pendente pero que se me antolla moi prometedora a xulgar por obras anteriores que lle teño lido como  "El dictador y la hamaca" ou "La pequeña vendedora de prosa". Todas "páxinas" moi recomendables.
 

mércores 22 outubro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Of All The People In All The World

"Of All The People In All The World" é un interesante proxecto de Stan´s Cafe que utiliza graos de arroz para representar estatisticamente, e dunha forma moi visual, o reparto da poboación no mundo, como o número de médicos e de soldados, xente que nace e morre cada día, as vítimas do holocausto, refuxiados, etc. Onde cada grao representa a unha persoa. En Stuttgard reproduciron a toda a poboación mundial utilizando 104 toneladas de arroz.
Na páxina Stat Centre invitan a engadir novas estadísticas para incluír no espectáculo.

venres 30 maio 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

children see, children do

Campaña da asociación australiana Childfriendly,  dedicada a previr o abuso na infancia,  na que pretende sensibilizar respecto da importancia do aprendizaxe vicario na construción de actitudes. O vídeo, emitido durante o 2006 en televisión, mostra como os nenos e as nenas mimetizan os comportamentos negativos dos adultos en situacións que parecen pasar desapercibidas no control dos procesos de aprendizaxe. Excelente.

martes 13 maio 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Deberes


Tus deberes
 é unha web que pretende achegar os solucionarios dos libros de texto da área de matemáticas  ao alumnado de 4º da ESO,  1º e 2º de BAC. Os autores prevén ir aumentando a produción para incluír os libros de 3º da ESO e engadir a materia de Física e Química. A descarga é gratuíta aínda que con un crédito de 5 problemas por día para evitar a baixada da totalidade dos contidos e ir financiado o seu traballo con accesos dende a páxina aos esponsores. Os que, coma min, consideramos un fraude o modelo de ensino que fai uso dos períodos non lectivos para acadar os contidos que impoñen as programacións didácticas, e que xeralmente son impartidos en academias privadas, aplaudimos esta iniciativa.

martes 26 febreiro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Etiopía

O CPI de Castroverde (Lugo) acolle estes días a exposición itinerante da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

sabado 23 febreiro 2008

En Educación | 3 Comentarios | Permalink

Matemáticas

Xa  fai algún tempo que teño intención de ir agregando "pecios" relacionados coa práctica educativa, de feito, estou plantexándome crear un blog ou unha web monográfica de educación, pero como sabedes isto de manter un espacio web, por cutre que sexa, ocupa un tempo considerable que hai que ir sustraendo ó que adicas a outras cousiñas, e sistemáticamente rematas sendo colonizado pola virtualidade, asi que polo momento o proxecto vai ter que esperar. Mentras irei deixando algún post como este.
A idea é aproveitar didácticamente unha ferramenta como Youtube para dispor de un profe de matemáticas na casa, consiste nunha base de datos de videotitoriais (+ 500) para resolver problemas que van dende o currículo de ESO a Bacharelato. A ocurrencia é de Juan Medina Molina profesor da Universidade Politécnica de Cartagena. www.lasmatemáticas.es

martes 18 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Xornalismo na aula

Artigo de Eva domínguez (Cuarto bit) no que fai unha reflexión sobre a necesidade de incluir novas metodoloxías nas aulas para traballar o que son consideradas as competencias básicas. 

"¿Es el proceso periodístico una buena metodología para la educación? Preguntarse los cómos y los porqués de un hecho, analizarlos, documentarse, investigar, conocer las distintas versiones y estructurar una narración sencilla, inteligible y atractiva es no sólo un buen ejercicio informativo sino también epistemológico..." (Seguir lendo)

martes 18 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

PISA II

2 cousas:

venres 07 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

PISA

Estes días a noticia de mais relevancia parece estar nos resultados do informe PISA, é curioso que todo o mundo fale das conclusións dunha avaliación que descoñecemos, eu concretamente aínda non fun capaz de atopar a proba, pero estou seguro de que alguén a viu, si é así, por favor deixade un enlace.

Ocorrenseme un montón de cuestións que poderían sesgar a presunta obxectividade dos resultados:

Reclamo un PISA para docentes, políticos, empresarios...

xoves 06 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Espido

Hai tempo lein un par de libros de Espido Freire, o primeiro foi "Melocotones Helados" polo que obtivera o Premio Planeta no 1999 (ese galardón que regalan tódolos anos a escritores/as nóveles de calidade mais que cuestionable), e o segundo foi "Diabulus in Música", que escollín polo atractivo do seu título, refírese á nota "Si" que estivo prohibida pola igrexa ó entender que se trataba da evocación musical do diaño, ningún de estes traballos me resultou o suficientemente atractivo como para recomendar a súa lectura. Pero detrás de estas obras atopábase agochada unha especie de semilla das patoloxías mentais mais diversas, depresión, esquizofrenia, trastornos obsesivos, etc. delas desprendíase que a autora debeu de telas vivido en primeira persoa, ou coa sufieciente proximidade, como para permitirlle unha descrición tan minuciosa dos sentimentos e fabulacións dos persoaxes literarios que creou en ambas novelas. Agora confirmo que os coñecementos sobre a intrincada realidade dos trastornos mentais son froito da súa experiencia persoal ó descubrir este video autobiográfico onde se manifesta ex-víctima de un trastorno alimentario, narrando, en un tono divulgativo e ó mesmo tempo rigoroso, as características de esta enfermidade.

Penso que a páxina é recomendable para traballar na aula, nela pódese atopar, ademais do video testimonial, unha serie de unidades didácticas e propostas de webquest, votádelles unha ollada.

Páxina: http://clikasalud.com/

Vídeo: Espido

luns 05 novembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

menores

O xuíz de menores de Granada, nunha intervención populista e un tanto demagóxica, reclama unha modificación das políticas de intervención cos xoves atendendo a falla de conexión institucional entre xustiza, educación e sanidade. É longo pero merece a pena escoitalo.[ Máis ]

sabado 20 outubro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink