Economaxia

Un aperitivo para "Lugo máxico 2010"

venres 29 outubro 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Freecross


Non teño querencia aos ximnasios, todas as veces que tiven que recurrir a eles para suplir o exercicio ao aire libre supuxeron un auténtico suplicio, pero case todos os que pasamos por unha reclusión forzosa nunha desas salas de aparatos de tortura, coincidimos en que a "elíptica" é sen dúbida a raíña das máquinas de perversión deportiva. Pois aquí a temos para darlle caña á intemperie, en canto o furor encha as rúas destes trebellos e o meu sentido do ridículo quede enmascarado entre a multitude "elípticista", fixo que me apunto.
Ver  freecross
En Lugo

martes 28 setembro 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Siddih Yadav

Simpática campaña da deseñadora india Siddih Yadav para a promoción dun fármaco contra a aerofaxia. "Os seus gases non entreteñen a ninguén".
Ver galería

mércores 11 agosto 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Chairless

Tiven un profesor que decía que calquera movemento contracultural irremediablemente remataba sendo absorvido pola cultura, non quero decir que os indios ayoreos do Paraguay sexan contraculturais, pero o proceso de absorción producese dun xeito semellantemente meracantilista, nin polo forro poderían pensar nesta tribu que estaban á vangarda do deseño ergonómico dende moito antes de que fora inventado, agora unha cinta deseñada polo arquitecto Alejandro Aravena inspirada na banda de asento dos ayoreos é comercializada pola empresa "vitra" como a derradeira innovación para o coidado das nosas espaldas, un cinto que venden como rosquillas por chamarlle chairless, eso sí, unha parte dos ingresos orientase á axuda para a fundación das comunidades indíxenas do Paraguay, non se pode ser mais listo.

martes 22 xuño 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Sleevefaced

Sleevefaced é unha nova moda "friki", trátase de facer unha composición fotográfica  utilizando as carátulas dos vellos LPs e colgala na rede, a páxina merece unha visita, hai composicións do mais ocurrente. Lembro un post do 2007 na mesma liña.

domingo 06 xuño 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Scoville

Existe unha escala para medir o picante, trátase dun método subxectivo, porque está baseado na percepción de xuíces que discriminan o picor de distintas substancias ao ser enmascaradas nunha solución azucarada, teño un amigo que come wasabi a cucharadas, non está na lista porque non contén capsaicina, pero gustaríame velo saboreando o Naga Jolokia, o umbral do comestible.
Escala de Scoville

   
Unidades ScovilleTipo de chile
15.000.000–16.000.000Capsaicina pura
8.600.000-9.100.000Varios capsaicinoides, como homocapsaicina, homodihydrocapsaicina e nordihydrocapsaicina.
2.000.000–5.300.000Nivel estándar do aerosol de pimenta en EE.UU., munición irritante
855.000–1.041.427Naga Jolokia
350.000–580.000Habanero Savinas Roja
100.000–350.000Chile Habanero, Scotch Bonnet
100.000–350.000Chile dátil, Capsicum chinense
100.000–200.000Rocoto, chile Xamaicano picante, piri piri
50.000–100.000Chile thai, Chile malagueta, chile chiltepín, chile piquín
30.000–50.000Pimienta roja o de cayena,Chile picante peruano, chile tabasco, algúns chiles chipotle
10.000–23.000Chile Serrano, algúns chiles chipotle
4.500–5.000Variedade de Novo México do chile anaheim, chile húngaro de cera
2.500–8.000Chile jalapeño
1.500–2.500Chile rocotillo
1.000–1.500Chile poblano
500–2.500Chile anaheim
100–500Pimento, pepperoncini
0Non picante, Pimento verde

venres 12 febreiro 2010

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Pareidolia

Algúns obxectos posúen unha morfoloxía case humana, en "wokomon" utilizaron como reto este peculiar fenómeno psicolóxico para que os "especialistas" nesta percepción pareidólica se lucisen aportando as imaxes de edificios que lles miran, caixas que lles sorrín...
Hainas simpáticas:  1 / 2      

venres 01 xaneiro 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VIII


As imaxes non son mais que falacias perceptivas que posúen un significado estético, aínda que nos empeñemos en convertilas en verdades incuestionables, pero o movimento combinado co contexto produce distorsións perceptivas igualmente engañosas ergo a realidade non existe.

xoves 17 decembro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Fly banner

Algúns creativos son xeniais, por exemplo os da axencia alemana Jung von Matt ,que na feira do libro de Frankfurt utilizaron moscas para promocionar o stand de Eichborn. Hai que velo.

xoves 29 outubro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Publi +


Campaña da axencia alemana Kempertrautmann para unha canle erótica de TV con control de acceso infantil. Baseándose no test de Roscharch xoga coa percepción condicionada dos adultos. O lema "You´ll see it, your Kids won´t". Brillante.  

domingo 25 outubro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Seguros


Spot publicitario dunha axencia aseguradora rusa, non se pode ser mais gráfico respecto da actitude das compañías cando das parte dun siniestro. Punto de humor e ironía dos creativos con poucos recursos e moito enxeño. 

martes 01 setembro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Darwin

mércores 26 agosto 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Drums

Link: Drums!


Sen palabras

domingo 24 maio 2009

En Curiosidades | 4 Comentarios | Permalink

Stride


Os publicistas arxentinos están noutro nivel. Ou non? 

domingo 10 maio 2009

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Hey Jude


A masa ten vida propia, algúns publicistas comezan a utilizar a potencia dos grupos humanos para vender os seus productos, crean manifestacións aparentemente expontáneas que resultan catárticas e que posúen unha forza inconmensurable, con un mínimo de organización e unha pequena dose de creatividade, a asociación da imaxe de marca a estes happenings multitudinarios consegue un impacto alucinante. No vídeo T-Mobile puxo a cantar "Hey Jude" a mais de 13.000 persoas reunidas o pasado 30 de abril en Trafalagar Square. Vótase de menos un subtitulado tipo Karaoke para unirse virtualmente á festa.

domingo 03 maio 2009

En Curiosidades | 3 Comentarios | Permalink

Infinite Photograph


Vídeo de National Geographic no que se mostra unha composición realizada con mais de 300.000 fotogramas. Cada unha das imaxes está formada por un pixelado de outras, de xeito que facendo zoom sobre cada unha delas despregase un mosaico infinito. Click.

sabado 18 abril 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Na corda frouxa


Dean Potter cruzando "a pelo" o Lost Arrow a 2112 metros de altitude. Un xeito de camiñar sobre a corda frouxa.

xoves 02 abril 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Ilusión óptica


Fixándo a vista no punto verde desaparecen os amarelos. Unha ilusión óptica que lamentablemente non é extrapolable a calquera outra situación da nosa vida.

venres 27 marzo 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Carapuchiña vermella


Unha versión do popular conto de "Carapuchiña vermella" convertido nunha presentación en flash. Brillante.

martes 24 marzo 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

apnea

Para os amantes das inmersións en Lunocet ofrecen este revoluciocionario invento que, con un pouco de práctica, permete conseguer velocidades de ata 16 nós (30 Km/h) nadando. Alucinante.

mércores 11 marzo 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Nanoreisen

Nanoreisen "aventuras a través dos decimais" é unha interesante web que nos descubre o mundo dende unha perspectiva nanométrica. As presentacións en flash propoñen unha viaxe fascinante a través de distintos elementos que forman parte da nosa cotidianeidade como a nosa pel, unha computadora, etc.   

luns 09 marzo 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Loewe


Unha curiosa e simpática campaña de Loewe que utiliza a Canción dos escravos, da ópera Nabuco de Verdi, para exemplificar o realismo que conseguen manipulando os controis dos seus aparatos de imaxe e son. Os creativos son Scholz & Friends.

martes 24 febreiro 2009

En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

650 millóns de anos


Simulación que mostra en pouco mais de un minuto a evolución do planeta terra dende hai 400 millóns de anos, coa formación do Pangea na era Paleozoica, ata unha hipotética refundición continental que tería lugar dentro de 250 millóns de anos.  

luns 16 febreiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

The times, they are changing?


"Refresh Everything" unha campaña de Pepsi na que a banda sonora "Forever young" de Bob Dylan é adoptada por will i am (o artífice do Yes we can), para facer un repaso das cousas que permanecen inamovibles na súa esencia pese as diferentes perspectivas xeneracionais, o vídeo vai recreando os contrastes culturais do que segue a ser mais do mesmo. A historia ten o puñetero vicio de repetirse. 

xoves 05 febreiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Fama


Campaña de T-Mobile na estación de Liverpool en Londres. Un happening que fai sorrir.
"A vida é para compartila" 

martes 20 xaneiro 2009

En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

Wingsuit


Xa hai algún tempo enviaronme un enlace a un vídeo semellante no que un home sobrevoaba unha estación de esquí  con esta especie de disfraz de anduriña, pensei que aquelo era unha montaxe pero parece que non, voar está de moda. Wingsuit.

luns 12 xaneiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VII

Seguramente non é tan impactante como Mr Angry and Mrs Calm, pero está na mesma líña. É necesario tomar unha distancia da pantalla de aproximadamente 5 metros e Einstein transmuta a Marilyn. O que son as cousas da percepción.

venres 02 xaneiro 2009

En Curiosidades | 3 Comentarios | Permalink

Bo Nadal



 

martes 23 decembro 2008

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Non o tiro

 "No lo tiro" é unha páxina na que podedes deixar e recoller esas cousas que van gañando e perdendo interese ao longo da vida. A idea é non tirar aquelo que pode ser de utilidade para outros, unha alternativa altruista ao rocho ou ao basureiro. Os anuncios son do mais ecléctico podense atopar dende uns zapatos de flamenco a unha cadeliña. Unha boa idea. 

luns 22 decembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Adrenalina

venres 12 decembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink