Last minutes with Oden
Non sei si é porque teño can pero esta curta gañadora dos Vimeo 2010 resultoume conmovedora.
The Unseen Sea
Relaxante curta en time lapse de Simon Christen, fotógrafo que participou na produción de films de animación tan espectaculares como "Ratatouille", "Up" ou "Toy story". A música é de Nick Cave un tipo que merece un post, será outro día.
Words
WORDS from Everynone
Nova curta de Will Hoffman para Everynone na liña de 16:Moments. Perde algo de encanto respecto á primeira, que a mín parecume fantástica, pero son 3 minutos de secuencias vitais brillantes.
xoves 26 agosto 2010
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
J´ai pas le temps
Novo traballo de Carlos Lascano, neste caso para a promoción do tema "J´ai pas le temps" de Gabi, un músico francés que para o meu gusto non está á altura do videoclip. Lascano, como sempre, maxistral.
Ver making of
mércores 04 agosto 2010
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
Macro Kingdom
Clemento é o pseudónimo do xove austríaco Clemens Wirth un estudante de arte multimedia que utiliza a cámara para achegarnos a unha realidade amplificada inusualmente próxima. A curta ten unha calidade insospeitada.
Preguntas fermosas
Curta de David Viau baseada nos poemas de amor de Pablo Neruda e Carl Sandbur. Preciosa.
venres 02 xullo 2010
En Cine | 1 comentario | Permalink
Wildwater
Extraordinaria filmación sobre piragüismo de augas bravas extremo en North Fork. Merece a pena votarlle unha ollada aos outros trailers en Forge Motion Pictures / Trailer 1 / Trailer 2
domingo 20 xuño 2010
En Cine | 1 comentario | Permalink
Get out
Curta de animación da "ESMA" (école supérieur des métiers artistiques) de Montpellier e "Le studio des aviateurs". "Get out" foi premiada dende o seu estreno nunha chea de festivais de cine. Algúns nenos viven nunha realidade máxica que se resisten a abandoar e que confronta coas demandas sociais, o film, ademais de ser belísismo, constitúe unha metáfora perfecta da resistencia ao cambio.
Outras curtas da ESMA
venres 18 xuño 2010
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
Babies
Atopei este trailer da última película de Thomas Balmes "Babies" e non puiden resistir a tentación de compartilo, trátase dun documental sobre o primeiro ano de vida de catro pequenos nados en Namibia, Xapón, Mongolia e USA. As imaxes son dunha calidade fantástica e dunha tenrura contaxiosa.
martes 08 xuño 2010
En Cine | 1 comentario | Permalink
A rosa e a princesa
"A rosa e a princesa" é unha curta de Juan Pablo Rainieri homenaxe a "O principiño", un traballo de composición cinematográfica dunha calidade extraordinaria e unha banda sonora de Jimena Domínguez que podería ser asinada por Yann Tiersen. Unha pequena xoia.
La Rosa y la Princesa de Juan Rainieri
Lightheaded
Excelente curta de animación de Mike Dacko
Fard
Excelente curta de animación francesa de Luis Bricenco e David Alapont un guión que lembra a Matrix e que está maxistralmente desenvolvido.
Pixels
Repito entrada de cine, pero creo que esta curta de Patrick Jean da productora francesa One More Production merece ser divulgada, ademais da extraordinaria calidade da animación, para os que nos iniciamos nos videoxogos cos marcianitos, o comecocos ou o tetris supón unha auténtica homenaxe. Para mín dende aquela o mundo está pixelado.
Di me que yo
Unha historia deliciosa de amor e desamor de Mateo Gil gañadora do Goya 2010 á mellor curta de ficción. Este polifacético tipo, colaborador habitual de Amenábar, sorprende con esta pequena xoia, un ensaio sobre as relacións de parella cheo de humor e paixón. Excelente.
xoves 08 abril 2010
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
Logorama
Incrible a curta gañadora do Oscar 2010, 4 anos de traballo para utilizar mais de 2500 logos publicitarios dun xeito absolutamente brillante. Conxuga comicidade, creatividade e acción, conseguendo imprimirlle á animación un ritmo trepidante ao mais puro estilo americano. Insuperable.
Nuit Blanche
Na fin de semana vin "Closer", unha película que tiña aparcada ata atopar o momento propicio para encaixar o que eu presumía sería unha noveliña rosa, pero non, resultou ser un fantástico guión dramático que produce un desacougo inimaxinable a pesares da nefasta interpretación de Jude Law. Hoxe atopei esta outra curta "Nuit Blanche" de Arev Manoukian, unha obra mestra que redunda sobre o impacto coa razón que se produce cando as respotas químicas toman o mando dos nosos comportamentos afectivos. Sensacional.
luns 08 marzo 2010
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
Copier-cloner
Eu, tamén
Na fin de semana vín "Yo, también", unha película maquillada polo excelente traballo de Lola Dueñas que consigue facer esquecer o aspecto que ten de documental sobre a sexualidade de persoas aqueixadas pola Síndrome de Down. Como proposta de cine social non está mal, resulta moito mais divertida que "León e Olvido", recolle unha problemática que leva moitos anos sendo motivo de controversia entre familiares e expertos, homes e mulleres condenados á eterna puerilidade no seu trato, incluídas as relacións sexuais, nunha situación de protecionismo moralista que ningunea o seu desenvolvemento afectivo. Todo un drama.
Esquecín mencionar a BSO, responsabilidade de Guille Milkyway, para o meu gusto formidable.
A dama e a morte
Entre as fantásticas películas gañadoras dos Goya 2010 atopase esta curta de Javier Recio Gracia, que tamén será candidata ao Oscar na categoría de mellor curta de animación, trátase dunha reflexión en tono de humor sobre o dereito a unha morte digna, tema duro e preocupante para os que vemos achegarse a nosa decadencia para ser vítimas dun sistema sanitario orientado a perpetuar a nosa decrepitude, eu sempre tiven a sospeita de que as multinacionais farmaceuticas manexan os fíos da nosa saúde e da nosa enfermidade.
The Lady And The Reaper
Avatar
Non puiden quedarme sen ir ver "Avatar", unha película que rompeu todas as espectativas de taquilla superando o millón de espectadores nos primeiros 3 días de proxección en cada un dos países nos que foi estreada, seguro que nin o mesmo Cameron, que levaba traballando nela preto de 15 anos, creeu na rotundidade do seu éxito. Unha historia belicista con mensaxe ecolóxica, mistura do "Señor dos aneis", "Matrix" e "Allien" incrementadas nunha dimensión que resulta sorprendentemente divertida a pesares das 2,5 horas de metraxe. Non creo que chegue a constituir un hito do cine, agás pola potencia do 3D, pero hai que ir vela.
xoves 04 febreiro 2010
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
Alma
Opera prima de Rodrigo Blaas, un granadino que se atopa na élite do cine de animación, na actualidade traballa para Pixar onde colaborou en películas como "Up", "Buscando a Nemo", "Os Increíbles", "Wall-e"...
"Alma" é unha curta que vai acumulando premios en cada un dos festivais onde se presenta, o autor decidiu promocionala na rede permitindo a súa visualización completa ata o remate das festas do Nadal. Un bo regalo.
Ver en HD
sabado 26 decembro 2009
En Cine | 1 comentario | Permalink
O circo da bolboreta
Curta de Eduardo Verástegui gañadora do concurso "The Door post" no 2009. Un tipo que, aínda que non me produce ningunha simpatía persoal, non fixo un mal traballo.
2ª parte
Malditos bastardos
Malditos bastardos é outra maxistral película de Quentin Tarantino, feita coa sobredose de violencia á que nos ten afeitos e ese punto acrata na elección da banda sonora que crea sorpresivas disonancias entre as imaxes e as melodías. Un divertidísimo cómic sobre un ecléctico grupo de resistencia na Francia ocupada polos Nazis. Moi recomendable.
Bicycle Trip
A bicycle trip é a curta de graduación de lorenzo veracini, un artista da animación ao que se lle intúe a xenialidade. "Basilea, 19 de abril de 1943. O Dr. Albert Hofmann, químico, regresa a casa na bicicleta despois dun día de traballo no laboratorio. Episodio que pasou á lenda, asociado co descubrimento dos efectos da LSD na psique humana. A curta conta a historia de ista famosa viaxe ". Excelente.
O xoves masacrítica en Lugo: 20:15 diante do concello.
Pigeon: Impossible
Pigeon: Impossible é a primeira curta do escritor e director Lucas Martell, un traballo no que invertiu 5 anos e que comezou como unha escusa para aprender cine de animación en 3D. O resultado está logrado.
Malamadre
Onte fun ver "Celda 211" unha historia trepidante que destapa algúns dos entresixos do noso sistema penitenciario, unha dirección e un guión fantásticos para uns actores de luxo, non imaxino a outro tipo que non sexa Luis Tosar no papel de "Kie", ou ao "colgao" de Luis Zahera, que mistura dramatismo e humor nunha mesma persoaxe. Non se trata dun "Brubaker" hispano, "Celda 211" é un pedazo de película que debuxa a realidade das cadeas sen caer no sensacionalismo do cine americano, un traballo perfectamente documentado que non se escapa nin un ápice da crudeza coa que se vive nalgúns centros penitenciarios. Non coñezo as prisións de "FIES" (Ficheiro de internos de especial seguimento), deseñadas para tipos duros, deses que che fan unha grabata raxándoche a gorxa e sacándoche a lingua por fora, pero existir existen. Un pelicuión.
O segredo dos seus ollos
Hai uns días recomendáronme esquecerme da "Ágora" de Amenábar para ir a ver "El secreto de sus ojos", a última obra de Juan José Campanella, un director que xa me conmovera con "El hijo de la novia" e que se supera neste magnífico peliculón que constitúe todo un deleite para os sentidos. Unha obra mestra que intriga, emociona e sobretodo "apaixona". Cine en estado puro.
Absolutamente imprescindible.
sabado 07 novembro 2009
En Cine | 1 comentario | Permalink
Ágora
Veño de ver "ágora", o último experimento de Amenábar, un neno prodixio do cine español ao que se lle perdoa todo, aínda que algunha das súas películas sexan susceptibles da crítica mais demoledora, nesta ocasión rescata da memoria unha historia extraordinaria que mantén a súa vixencia reivindicativa dende unha perspectiva feminista, a figura de Hipatia consegue darlle consistencia a un guión escasísimo, e gracias ao arroupamento interpretativo de Rachel Weisz que está que se sae. Polo demais o dispendio orzamentario non se corresponde cos resultados, non me extrañaría que lle volveran a mercar os dereitos para facer un remake "hollywoodense" como lle pasara con "abre los ojos". Os primeiros 30 minutos chegan a ser zafios, as batallitas son pouco creíbles e cargantes, e os "magníficos" decorados parecen mercados nos chinos. Quédome coa simboloxía do cine intimista, algúns fragmentos son tremendamente emotivos, pero misturados coa pretenciosa macroproducción quedan absolutamente difuminados, penso que esta bella historia podería ternola narrada dun xeito moito mais brillante.
luns 02 novembro 2009
En Cine | 1 comentario | Permalink
Centésimas de segundo
"One hundredth of a second" é unha curta de Susan Jacobson e Alex Boden que me fixo lembrar "El pintor de batallas" do inefable Arturo Pérez Reverte. Unha reflexión sobre a doble moralidade coa que conviven os reporteiros de guerra, inmersos nunha realidade esquizofrénica onde o éxito e o fracaso son a cara e a cruz dunha mesma moeda.
Moon
Esta fin de semana, a suxestión de Aurora, vin Moon, ópera prima de Duncan Jones (fillo de David Bowie),que debuta cunha pequena xoia do cine de ficción premiada no festival de Sitges e que, pese á escasez orzamentaria, posúe unha extraordinaria potencia narrativa fundamentada na interpretación maxistral do actor Sam Rockwell e nun guión sinxelo pero impactante. A pesares de que non é o meu xénero favorito gustoume.
domingo 25 outubro 2009
En Cine | 1 comentario | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS