R / Jazz

Múdome a Jazztel, un incordio necesario fronte á política comercial de "R", estou pagando 77 euros ao mes polo "combo 3", no que teño contratados os hipotéticos 30 Mb de baixada, sen opción a chamadas gratis a móviles, nin router wifi, nin Ip fixa... En fin, un pastón atendendo ás actuais ofertas no mercado da telefonía. A tendencia é abaratar costes na captura de clientes, amarralos cunha permanencia de 18 meses e comezar a sangralos ao pasar o ano, a fidelización mantense poñendo trabas para a portabilidade ou chantaxeando coas contas ou os espazos web, como este, no que si te vas non é posible facer nin tan siquera un backup da túa información, asi que, sen cuestionar a calidade da conexión, da que non teño outras referencias para facer comparacións porque levo 7 ou 8 anos con esta empresa, eu marcho para Jazztel, 40 euros/mes sen compromiso de permanencia e a posibilidade de retornar a este lupanar, como bó fillo pródigo, se as cousas non rulan. Eso si, pagando a metade.
Seguirei recollendo os pecios das miñas apneas aquí. 

mércores 10 novembro 2010

En Xeral | 24 Comentarios | Permalink