Freecross


Non teño querencia aos ximnasios, todas as veces que tiven que recurrir a eles para suplir o exercicio ao aire libre supuxeron un auténtico suplicio, pero case todos os que pasamos por unha reclusión forzosa nunha desas salas de aparatos de tortura, coincidimos en que a "elíptica" é sen dúbida a raíña das máquinas de perversión deportiva. Pois aquí a temos para darlle caña á intemperie, en canto o furor encha as rúas destes trebellos e o meu sentido do ridículo quede enmascarado entre a multitude "elípticista", fixo que me apunto.
Ver  freecross
En Lugo

martes 28 setembro 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Mel Kadel

Mel Kadel, é unha ilustradora gráfica cun talento excepcional. Os debuxos en papeis reciclados, con imaxes oníricas de cores cálidas sobre fondos avellentados, resultan fermosísimos.

martes 28 setembro 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

The Unseen Sea

Relaxante curta en time lapse de Simon Christen, fotógrafo que participou na produción de films de animación tan espectaculares como "Ratatouille", "Up" ou "Toy story". A música é de Nick Cave un tipo que merece un post, será outro día.

martes 21 setembro 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Alexi Murdock

Facía tempo que non nutría o apartado de acústica do blogue e hoxe, que andiven toda a tarde remexendo na rede reconfortado polas carísimas prestacións da fibra óptica, enchufei a música e quedei embelesado con Alexi Murdock, un tipo de orixe británico que compón temas simples, sen grandes pretensións, pero cunha sinxeleza melódica que resulta casi perfecta para a lectura.

venres 17 setembro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

A estratexia da auga

Non se pode ler todo, está claro, pero cando me pasa de largo un tipo como Lorenzo Silva algo raro acontece co meu proceso de seleción bibliográfica. "La estrategia del agua" é a última entrega da serie "picoleta" da parella Vila e Chamorro, un par de axentes da benemérita especializados na resolución de casos de homicidio. Un auténtico descubrimento literario que me reconcilia coa Garda Civil, ese corpo surrealista que tiña asentado nunha parcela da miña memoria reservado ao impresentable. Aínda co medo a trabucarme por non ter lido mais que esta obra, recoñezo a Silva como un dignísimo sucesor de Montalbán e Mendoza.
Absolutamente maxistral.

xoves 16 setembro 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

One thousand and one dreams

"Mil e un sonos" é o resultado da fusión da pintura con henna da marroquí Yasmina Alaoui e a fotografía do chileno Marcos Guerra. A obra está Inspirada nos contos das mil e unha noites e no realismo máxico sudamericano.
Ver galería

domingo 12 setembro 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Escadas

Bestial spot da asociación alemana BFF contra a violencia doméstica, todos/as os/as que participaron na elaboracion do vídeoclip fixerono de xeito desinteresado e a música foi composta especialmente para a filmación. "Miles de mulleres caen a diario polas escadas"

venres 10 setembro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Rapsodia Gourmet

Carezo desa visión cenital dos xogadores de xadrez que son capaces de analizar a realidade dende a perspectiva dos deuses, por iso cando atopo xente que posúe ese don xenial da análise misturado cunha meticulosidade descriptiva desproporcionada, sinto unha envexa triste, a de quen pasa pola vida a velas vir, sen pena nin gloria, alleo, por exemplo, á sutil delicadeza da arte culinaria. Muriel Barbery escribiu "Rapsodia Gourmet" aos 31 anos, esta muller, que amosa unha madurez sorprendentemente prematura, cociñou un novela baseada na procura do sabor perdido, unha sensación, seguramente primixenia, que levamos instalada na nosa memoria enmascarada por unha base de datos gastronómicos que a fan tremendamente escurridiza como para poder tomar conciencia do seu poder. Eu lembro un gusto embelesador para acomparme na morte, pero non teño pensado morrer.

martes 07 setembro 2010

En Literatura | 1 comentario | Permalink

CCEnhancer

Son usuario dende hai anos do CCleaner, un software gratuito para manter aseado o ordenata que non ten competencia, seguramente por esta razón algúns decidiron unirse ao carro de Piriform e deseñar ferramentas que complementen a súa excelencia, é o caso de CCEnhancer unha aplicación que engade automáticamente características adicionais ao CCleaner para facelo aínda mais completo.
Descargar

martes 31 agosto 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Words

WORDS from Everynone
Nova curta de Will Hoffman para Everynone na liña de 16:Moments. Perde algo de encanto respecto á primeira, que a mín parecume fantástica, pero son 3 minutos de secuencias vitais brillantes. 

xoves 26 agosto 2010

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

O mariñeiro John Nicol

Algunhas mañáns do verán comparto tertulia de tabernarios no "Treboada", unha tasquiña de porte mariñeiro chea de adminículos vencellados ao mar e rexentada por un cascarrabias socialista que navegou medio mundo como telegrafista de mercantes, agora goberna na barra do seu recuncho exercendo a súa particular ditadura do proletariado, é el o que elixe á clientela coa chulería de quen non valora tanto os cartos como unha boa conversa,  asi que pouco a pouco funme convertindo nun dos privilexiados que pode mollar o gaznate e desfrutar da dialéctica duns persoaxes que parecen extraídos da "Taberna do cervo branco". Hai uns días tocounos literatura mariñeira e o inefable Carlos empecinouse na recomendación de "Vida y aventuras do mariñeiro John Nicol", un libriño infumable que rescata o caderno de bitácora da vida dun indixente escocés que se pasou boa parte da súa existencia embarcado polo mundo adiante nuns tempos épicos onde a supervivencia era o obxectivo fundamental do home.
Insisto na precariedade do texto, que algúns incautos tertulianos fumos dixerindo mais por devoción ao seu mentor que polo interese literario, asi que aí queda a testemuña da súa lectura. Mañá voltarei á cervexa misturada con historias do mar e música cubana, unha aleación máxica que me ten absolutamente cautivado.

martes 24 agosto 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Birdman


Un músico reivindicándose como "artista da rúa", o ritmillo é talento innato. E outro.

venres 20 agosto 2010

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Howtopedia

Howtopedia é unha interesante páxina de intelixencia colectiva para aproximar a tecnoloxía á xente. Perfecta.

xoves 19 agosto 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

O afinador de pianos

Opera prima de Daniel Mason, licenciado en bioloxía e menciña que debutou como escritor aos 25 anos con "El afinador de pianos", unha obra insospeitadamente adulta na que relata, con un ritmo narrativo orientalizado, unha viaxe pola Birmania de finais do seculo XIX. Da delicadeza da súa escritura infirese que este home formará parte da excelencia literaria dos autores contemporáneos, pero para o meu gusto faltalle moito rodaxe. Coa lectura lembrei "Seda", unha delicatessen de Alessandro Baricco na que resolve coa cuarta parte de páxinas unha historia de amor e paixón desbordante de sensualidade, e tamén "Apocalypse Now", a persoaxe de Carroll semelloume unha réplica do Coronel Kurtz.
Este libriño hai que collelo con calma e retozar con algún dos seus capitulos, a idea é realizar unha especie de viaxe a Itaca onde o que importa é o camiño e non a chegada. Recomendable.
El clave bien temperado Fuga nº4 de Bach.

xoves 19 agosto 2010

En Literatura | 3 Comentarios | Permalink

Terry Rodgers

 Terry Rodgers é un artista que se move nunha temática erotico/fashion utilizando técnicas aerográficas sobre lenzos que sobrepasan o dous metros e medio de altura, os traballos resultan espectaculares, e a páxina merece unha visita para alucinar coa súa polifacética creatividade. Unha cousa, na obra que deixo atopei un fallo, cal?

xoves 12 agosto 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Siddih Yadav

Simpática campaña da deseñadora india Siddih Yadav para a promoción dun fármaco contra a aerofaxia. "Os seus gases non entreteñen a ninguén".
Ver galería

mércores 11 agosto 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Tres maneiras de volcar un barco

Hai que reoñecerlle a Chris Steward unha vida axitada, é desas persoas que pasan polo mundo de xeito exaserado, foi dende "bataca" dos "Génesis" a aventureiro convulso, o que lle permitiu ilustrar as súas anécdotas vitais en relatos curtos que foron colleitando éxitos editoriais, para min incompresibles. Neste libriño relata unha pequena odisea mariñeira, envidiable para os que gustamos do mar, pero con moi pouca gracia, e aínda menor soltura literaria. O que conta é pouco crible, e adolece da emoción que se lle presume a unha odisea de "lobo de mar", algo que pretende enmascarar con un gracexo anglosajón que non remata de calar no meu humor. Quen navega o lerá con escepticismo, e quen non o verá como un mini cursiño de introdución á vela moi pouco atractivo. Seguramente lle sería mais rendable terlle contado a historia a algúén que soubera escrbila. Lectura prescindible.

sabado 07 agosto 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Dime quen son

As vacacións son propicias para atacar tochos que sobrepasan as mil páxinas, a mín gústanme os libros longos, aínda que deixan unha sensación de formigueo nos dedos de tanto termar deles, un xeito como outro calquera de exercitar a musculatura. "Dime quien soy" pesa, sobretodo nas primeiras páxinas que parecen de novela moxigata e carentes de atractivo, pero a medida que te introduces na historia engancha coa mesma potencia que esas telenovelas de tramas interminables, o libro ten algo de cinematográfico, un repaso á memoria histórica dende os preámbulos da guera civil española ata a caída do muro de Berlín desenvolvidos a través da vida dunha muller que se move entre o costumbrismo da época e a intrépida vida dunha "007". Julia Navarro escribe cunha simplicidade que raia o pueril a cambio de facilitar a lectura, unha virtude que se agradece con metraxes de este calibre.
Postos a comparar eu quédome con "El corazón helado" de Almudena Grandes pero non deixo de recoñecerlle o atractivo a esta bestial historia. Recomendable.  

xoves 05 agosto 2010

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

J´ai pas le temps

Novo traballo de Carlos Lascano, neste caso para a promoción do tema "J´ai pas le temps" de Gabi, un músico francés que para o meu gusto non está á altura do videoclip. Lascano, como sempre, maxistral.
Ver making of  

mércores 04 agosto 2010

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

M de maldade

Primeira novela que lle leo a Sue Grafton, unha escritora americana que está a construír un abecedario do crime cunha persoaxe ao mais puro estilo Philip Marlowe, a detective privada Kinsey Millhone, unha muller que resolve os casos eludindo a intrepidez, rodeada de problemas persoais e furgando nas súas emocións ata darlle incluso mais protagonismo que á trama policíaca.  En "M de maldad" excédese nas descripcións, algo que eu levo fatal, terei que probar outras letras.

martes 03 agosto 2010

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

Conchita

Ten o seu aquel utilizar "Conchita" como nome artístico, para os profanos dos 40 principais sona mais a tonadillera de aldea ou a cupletista que a unha artista próxima ao "indi", onte volvendo dos viños recuncamos nun concerto na praia co escepticismo dos ilustrados na música, cousas que produce o alcohol, e alucinamos coa potencia do seu directo, unha voz aflautada que puxeron de moda Nena Daconte ou Bebe Pafuera e que resulta farto empalagosa como para soportar duas horas de espectáculo, pero aí estivemos, cautivados pola súa presencia no escenario e unha interpretación dunha calidade musical que desafortunadamente resulta cada vez mais inusual. Un pedazo de banda e unha artista escepcional que nos alegrou a noite. Unha sorpresa.

luns 02 agosto 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Marc Cohn

Teño abandoado o blogue, cousas do verán que modifica os meus patróns de ocio, de calquera xeito aquí sigo enzoufado na música e na literatura para ir levando o dolce fare niente. Estes días recuperei a Marc Cohn, un ilustre músico de folk rock americano que versionou o "Wild word" de Cat Stevens nunha interpretación absolutamente memorable. Bo verán.

domingo 25 xullo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ricardo Galvao

Xa teño deixado algún posT relacionado coa caricatura, teño debilidade por esa forma de arte, responde a unha cualidade innata para percibir e transformar a realidade que só posúen uns poucos elexidos, é o caso de Ricardo Galvao que se tomou a molestia de debuxar aos protagonistas do mundial. Algúns xogadores están logradísimos. Sinxelamente xenial.

xoves 15 xullo 2010

En Arte | 4 Comentarios | Permalink

Sandrine Estrade

Sandrine Estrade unha francesa que fai montaxes fotográficos simpáticos e creativos partindo da simplicidade do cotián.
Galería 1
Galería 2

mércores 07 xullo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Compagnie Marie Chouinard


Excepcional coreografía de danza contemporánea da compañía Maria Chouinard, un espectáculo reivindicando a beleza da discapacidade fermosísimo. 

martes 06 xullo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Macro Kingdom

Clemento é o pseudónimo do xove austríaco Clemens Wirth un estudante de arte multimedia que utiliza a cámara para achegarnos a unha realidade amplificada inusualmente próxima. A curta ten unha calidade insospeitada.

luns 05 xullo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Paul Lung

Paul Lung é un artista chinés que utiliza o lápis como se fora unha cámara fotográfica. Alucinante.
Ver galería

domingo 04 xullo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Preguntas fermosas

Curta de David Viau baseada nos poemas de amor de Pablo Neruda e  Carl Sandbur. Preciosa.

venres 02 xullo 2010

En Cine | 1 comentario | Permalink

Gareth Pearson

Uhha perla acústica para melómanos recalcitrantes. O fenómeno é Gareth Pearson  versionando cun estilo "lap taping" o tema de Michael Jackson "Thriller", absolutamente maxistral. Chapeau.

venres 25 xuño 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Chairless

Tiven un profesor que decía que calquera movemento contracultural irremediablemente remataba sendo absorvido pola cultura, non quero decir que os indios ayoreos do Paraguay sexan contraculturais, pero o proceso de absorción producese dun xeito semellantemente meracantilista, nin polo forro poderían pensar nesta tribu que estaban á vangarda do deseño ergonómico dende moito antes de que fora inventado, agora unha cinta deseñada polo arquitecto Alejandro Aravena inspirada na banda de asento dos ayoreos é comercializada pola empresa "vitra" como a derradeira innovación para o coidado das nosas espaldas, un cinto que venden como rosquillas por chamarlle chairless, eso sí, unha parte dos ingresos orientase á axuda para a fundación das comunidades indíxenas do Paraguay, non se pode ser mais listo.

martes 22 xuño 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink