Marc Cohn

Teño abandoado o blogue, cousas do verán que modifica os meus patróns de ocio, de calquera xeito aquí sigo enzoufado na música e na literatura para ir levando o dolce fare niente. Estes días recuperei a Marc Cohn, un ilustre músico de folk rock americano que versionou o "Wild word" de Cat Stevens nunha interpretación absolutamente memorable. Bo verán.

domingo 25 xullo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ricardo Galvao

Xa teño deixado algún posT relacionado coa caricatura, teño debilidade por esa forma de arte, responde a unha cualidade innata para percibir e transformar a realidade que só posúen uns poucos elexidos, é o caso de Ricardo Galvao que se tomou a molestia de debuxar aos protagonistas do mundial. Algúns xogadores están logradísimos. Sinxelamente xenial.

xoves 15 xullo 2010

En Arte | 4 Comentarios | Permalink

Sandrine Estrade

Sandrine Estrade unha francesa que fai montaxes fotográficos simpáticos e creativos partindo da simplicidade do cotián.
Galería 1
Galería 2

mércores 07 xullo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Compagnie Marie Chouinard


Excepcional coreografía de danza contemporánea da compañía Maria Chouinard, un espectáculo reivindicando a beleza da discapacidade fermosísimo. 

martes 06 xullo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Macro Kingdom

Clemento é o pseudónimo do xove austríaco Clemens Wirth un estudante de arte multimedia que utiliza a cámara para achegarnos a unha realidade amplificada inusualmente próxima. A curta ten unha calidade insospeitada.

luns 05 xullo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Paul Lung

Paul Lung é un artista chinés que utiliza o lápis como se fora unha cámara fotográfica. Alucinante.
Ver galería

domingo 04 xullo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Preguntas fermosas

Curta de David Viau baseada nos poemas de amor de Pablo Neruda e  Carl Sandbur. Preciosa.

venres 02 xullo 2010

En Cine | 1 comentario | Permalink

Gareth Pearson

Uhha perla acústica para melómanos recalcitrantes. O fenómeno é Gareth Pearson  versionando cun estilo "lap taping" o tema de Michael Jackson "Thriller", absolutamente maxistral. Chapeau.

venres 25 xuño 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Chairless

Tiven un profesor que decía que calquera movemento contracultural irremediablemente remataba sendo absorvido pola cultura, non quero decir que os indios ayoreos do Paraguay sexan contraculturais, pero o proceso de absorción producese dun xeito semellantemente meracantilista, nin polo forro poderían pensar nesta tribu que estaban á vangarda do deseño ergonómico dende moito antes de que fora inventado, agora unha cinta deseñada polo arquitecto Alejandro Aravena inspirada na banda de asento dos ayoreos é comercializada pola empresa "vitra" como a derradeira innovación para o coidado das nosas espaldas, un cinto que venden como rosquillas por chamarlle chairless, eso sí, unha parte dos ingresos orientase á axuda para a fundación das comunidades indíxenas do Paraguay, non se pode ser mais listo.

martes 22 xuño 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Liu Bolin

Tiña en asuntos pendentes dende hai tempo a Liu Bolin, un camaleónico artista chino empecinado coa invisibilidade que fai performances incribles adaptando o seu corpo ao entorno cunha meticulosidade que parecece de photoshop.
Mais obras en artnet

martes 22 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Wildwater

Extraordinaria filmación sobre piragüismo de augas bravas extremo en North Fork. Merece a pena votarlle unha ollada aos outros trailers en Forge Motion Pictures / Trailer 1 / Trailer 2

domingo 20 xuño 2010

En Cine | 1 comentario | Permalink

Alex Queral

Alex Queral utiliza guías telefónicas para esculpir rostros, unha particular fórmula da arte do reciclaxe que lembra as autopsias de libros de Brian Brettmer.
Ver galería 

sabado 19 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Get out

Curta de animación da "ESMA" (école supérieur des métiers artistiques) de Montpellier e "Le studio des aviateurs". "Get out" foi premiada dende o seu estreno nunha chea de festivais de cine. Algúns nenos viven nunha realidade máxica que se resisten a abandoar e que confronta coas demandas sociais, o film, ademais de ser belísismo, constitúe unha metáfora perfecta da resistencia ao cambio.
Outras curtas da ESMA

venres 18 xuño 2010

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Phlegm

Phlegm significa flema, un dos catro humores corporais recoñecidos pola antigua menciña e que era considerado responsable do temperamento e as emocións, este é o pseudónimo utilizado por este artista gráfico orientado ao comic e ao street art. Surrealismo na rúa.
Blog

xoves 17 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Selinha


Vídeo da Fundación Topsy para a axuda ás/aos enfermas/os da SIDA. A secuencia reflicte o deterioro de Selinha, unha muller coa síndrome de inmunodeficiencia que se prestou para ser filmada durante 90 días e observar os demoledores efectos da enfermidade. Unha chamada de atención respecto a necesidade de dispor de tratamentos antiretrovirais nos países subdesenvolvidos, lembrar que, por exemplo, Magic Johnson é portador da VIH dende o ano 1991. 

martes 15 xuño 2010

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

Educación Siberiana

Nikolai Lilin é un "urca", unha estirpe siberiana que converteu o crime nun xeito de vida, un particular modo de enfrontar a ditadura stalinista e adaptarse ao medio, enraizando os seus valores na antítese do que consideramos politicamente correcto para loitar pola súa liberdade e sobrevivir nun medio hostil conxurándose a un código de conduta transgresor que está por riba do ben e do mal. "Educación siberiana" é un libro de antropoloxía que podería asinar Margaret Mead, supón un exercicio de relativismo cultural pechado nunha aventura vital do propio autor na que vai desgranando personaxe a personaxe a idiosincrasia dunha sociedade insólitamente contemporánea, tanto que asusta. Trátase dun relato trepidante dunha dureza inusual que engancha dende a primeira páxina. Moi recomendable.

luns 14 xuño 2010

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

Mark Hammermeister

Mark Hammermeister , ilustrador e caricaturista americano, teño debilidade por estes artistas que son capaces de distorsionar a realidade cara ao sentido do humor. 

domingo 13 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

David Mach

David Mach aproveita mateirais insospeitados para dar forma ás súas esculturas, perchas, pezas do scrable... calquera cousa lle serve para facer arte.
Ver galería 

sabado 12 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Fairground attraction

Non sabía que título poñerlle ao post, en realidade a entrada é sobre Eddi Reader a vocalista dos míticos "Fairground Attraction" un grupo que levo no coche dende os anos 90 e que sigo escoitando coa sensación de ter mercado os seus discos onte. A cousa é que, escoitando por enésima vez "Ay fond Kiss" e "The firs of a million kisses", pensei en que sería da vida desa muller, pois por aí segue "on the road" facendo cousas moi semellantes ás que facía e cautivando con esa melosidade tan "perfect". Queda como lembranza acústica para unha fin de semana invernal.

venres 11 xuño 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

58


58 son os países que fallan para abolir a pena de morte

xoves 10 xuño 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Babies


Atopei este trailer da última película de Thomas Balmes "Babies" e non puiden resistir a tentación de compartilo, trátase dun documental sobre o primeiro ano de vida de catro pequenos nados en Namibia, Xapón, Mongolia e USA. As imaxes son dunha calidade fantástica e dunha tenrura contaxiosa.

martes 08 xuño 2010

En Cine | 1 comentario | Permalink

A rosa e a princesa

"A rosa e a princesa" é unha curta de Juan Pablo Rainieri homenaxe a "O principiño", un traballo de composición cinematográfica dunha calidade extraordinaria e unha banda sonora de Jimena Domínguez que podería ser asinada por Yann Tiersen. Unha pequena xoia.

La Rosa y la Princesa de Juan Rainieri

luns 07 xuño 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Sleevefaced

Sleevefaced é unha nova moda "friki", trátase de facer unha composición fotográfica  utilizando as carátulas dos vellos LPs e colgala na rede, a páxina merece unha visita, hai composicións do mais ocurrente. Lembro un post do 2007 na mesma liña.

domingo 06 xuño 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Let´s Colour


Let´s colour é un proxecto internacional para mudar o gris das nosas vidas substituíndoo por cores. Unha metáfora de cambio na que participan activamente os habitantes de cada unha das cidades que son remozadas. O vídeo é excepcional, como unha inxección de optimismo.

sabado 05 xuño 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Land Art

Richard Shilling, escultor vencellado ao movemento "Land Art", consistente na utilización de elementos da paisaxe e materiais naturais para a creación de esculturas. Nas obras de Shilling destacan as composicións cromáticas con obxectos cotiáns como follas ou froitos dos que consegue efectos espectaculares.
Ver galería 

venres 04 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Pencil vs camera

Ben Heine é un debuxante Belga que adoita incluír un punto de insurxencia nos seus traballos, na serie Pencil vs camera xoga coa composición de debuxos para completar fotografías dun xeito simpático e creativo.

mércores 02 xuño 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Le cirque invisible


"Le cirque invisible" é un proxecto de Jean Baptiste Thierrée e Victoria Chaplin, unha parella de actores inusuais que consiguen conxugar maxia e teatro nun espectáculo visual absolutamente fantástico.

martes 01 xuño 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Shawn Colvin

Repasando os post de acústica deime conta que podería parecer que sufrira unha especie de misoxinia musical, as mulleres están en clarísima desvantaxe numérica respecto aos homes, terei que ir corrixindo as cuotas para buscar algo mais de paridade. Shawn Colvin é unha veterana cantante americana con voz de "country" e un xeito moi persoal de facer sonar a acústica.

domingo 30 maio 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Cui Fei

Cui Fei é unha xove artista chinesa que utiliza para as súas composicións materiais extraídos da natureza, os agrupamentos que consegue con semillas, raíces, espiñas, etc. posúen unha beleza extraordinaria.

sabado 29 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Anamorfose


Unha anamorfose consiste nunha ilusión óptica que representa correctamente unha imaxe dende determinada perspectiva mentres que se mudamos o lugar de observación aparecería deformada. Un dos mestres da falsa tridimensionalidade é Julian Beever

martes 25 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink