Shawn Colvin

Repasando os post de acústica deime conta que podería parecer que sufrira unha especie de misoxinia musical, as mulleres están en clarísima desvantaxe numérica respecto aos homes, terei que ir corrixindo as cuotas para buscar algo mais de paridade. Shawn Colvin é unha veterana cantante americana con voz de "country" e un xeito moi persoal de facer sonar a acústica.

domingo 30 maio 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Cui Fei

Cui Fei é unha xove artista chinesa que utiliza para as súas composicións materiais extraídos da natureza, os agrupamentos que consegue con semillas, raíces, espiñas, etc. posúen unha beleza extraordinaria.

sabado 29 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Anamorfose


Unha anamorfose consiste nunha ilusión óptica que representa correctamente unha imaxe dende determinada perspectiva mentres que se mudamos o lugar de observación aparecería deformada. Un dos mestres da falsa tridimensionalidade é Julian Beever

martes 25 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

O coxo e o tolo

Incríble relato de Jaime Bayly, estreneime con este autor con "El cojo y el loco" unha desmesurada novela que desborda sexo e violencia cunha mestría narrativa absolutamente inusual. Mira que lle tiña antipatía a Bayly, algunhas aparicións na TV predispuxéronme contra este "enfant terrible" limeño que parece mirar ao mundo dende unha atalaia intelectual inespugnable, pero hai que recoñecerlle un talento sobrenatural para a escritura, comigo xa pode contar como grupi. Un libro adictivo.

domingo 23 maio 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Haroshi

Haroshi constrúe esculturas con materiais reciclados, as pezas elaboradas a partir de táboas de skate están logradísimas.
Ver galería 

xoves 20 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Maldito Karma

David Safier convertiuse no Esopo do siglo XXI "Maldito Karma" é unha novela que inclúe unha fábula, con moralexa conservadora, dentro dunha historia hilarante que poderían asinar tanto Almodovar como Billy Wilder. Divertida, aínda que se excede coas reencarnacións de Kim Lange, unha popular presentadora de Tv que morre aplastada polo lavabo dunha estación espacial rusa.

martes 18 maio 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Lightheaded


  Excelente curta de animación de Mike Dacko

 

sabado 15 maio 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

O tempo envellece asiña

Antonio Tabucchi é un deses autores que non se desprenden do seu compromiso ideolóxico nin escribindo contos. "El tiempo envejece deprisa" son 9 relatos curtos que teñen en común a potencia da memoria no transcurrir da nosas vidas, fai uns días lía que a coherencia levaba implícita etimolóxicamente un compromiso de fidelidade coa nosa herdanza mentres que a congruencia refirese a unha integridade do noso comportamento presente, o libriño de Tabucchi é unha auténtica apoloxía da coherencia. Para ler con calma.

venres 14 maio 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Hiperrealistas

Marc SijanDuane HansonJohn De AndreaNon é que eu teña paixón polo hiperrealismo, é unha corrente artística que non me cautiva, un amigo di que son artistas pouco arriscados que se parapetan detrás da súa técnica para epatar ao persoal sin outras pretensións comunicativas, unha visión dura e discutibel que non comparto en absoluto, revisando alguns post atopei a xente como Ron Mueck, Sam Jinks ou Kris Kuksi que son exempros clarísimos dunha intencionalidade expresiva que trascende á mera técnica. Hoxe atopei a Marc Sijan, Duane Hanson e John DeAndrea. Aí quedan.       

mércores 12 maio 2010

En Arte | 1 comentario | Permalink

Chrome


Sigo resistíndome a abandonar Opera, segue cautivándome a estética do interface de usuario, as opcións de opera link e Unite, etc. Pero hoxe, onde a velocidade é a prioridade, hai que renderse a Chrome. A campaña en slow motion non ten desperdicio.    

mércores 12 maio 2010

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Alex MacLean

Alex MacLean percorreu medio mundo na súa Cessna facendo fotografías cenitais dunha beleza e espectacularidade incribles. Unha perspectiva aérea da xeometría da terra.
Páxina de visita obrigatoria.

domingo 09 maio 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Anónima


Xa teño deixado algún post relacionado co talento musical, algún patrón de adquisición de coñecemento, presublimente de etioloxía xenética, tería que explicar como esta muller, sen "formación musical", é capaz de destrozar a ortodoxia metodolóxica da guitarra cunha brillantez insultante. Fixádebos na "Gibson Les Paul".      

venres 07 maio 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

A voz

Arnaldur Idridanson é outro dos talentos literarios que engrosan as filas dos autores e autoras de novela negra nórdicos, este islandés fíxose un sitio entre a tropa sueca que últimamente parece estar a colonizar as nosas librerías. Rematei "La voz" coa sensación de necesitar 100 páxinas mais de relato, un gusto de novela que se despacha nun santiamén. Perfecta para un fin de semana.  

luns 03 maio 2010

En Literatura | 1 comentario | Permalink

Fard


Excelente curta de animación francesa de Luis Bricenco e David Alapont un guión que lembra a Matrix e que está maxistralmente desenvolvido.

venres 30 abril 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Mark Evans

Podería decirse de Mark Evans que é un ciruxán da arte, a golpe de bisturí e navalla vai esculpindo os seus cadros, diseccionando peles ata atopar a textura propicia que lle dea definición ás imaxes. A súas obras son dunhas dimensións incribles para a meticulosidade que require o se traballo. Bestial.

venres 30 abril 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Grooveshark

Estou testeando algunhas alternativas ao Spotify, por aquelo de coñecer mundo e para deixar de soportar estoicamente as desagradables cuñas publicitarias coas que nos bombardean aos pebleios da música en streaming, dudo que poida rachar coa fidelización que provocan as listas de reprodución persoalizadas porque xa teño memorizada unha discoteca básica xugosísima, pero aí queda unha proposta Grooveshark.

venres 23 abril 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Violencia de xénero


Lutte contre les violences faites aux femmes
O colectivo "Violencesfaitesauxfemmes" está a desenvolver unha campaña contra a desensibilización cidadá respecto aos malos tratos, unha habituación ao sufrimento das persoas que viven preto de nós que semella facernos complices silenciosos das agresións.

mércores 21 abril 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Tibi Tibi Neuspel

Curioso soporte o de Tibi Tibi Neuspel un escultor canadiense que utiliza tostadas para facer retratos de persoaxes que deixaron  a súa pegada na historia.

venres 16 abril 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Pixels


Repito entrada de cine, pero creo que esta curta de Patrick Jean da productora francesa One More Production merece ser divulgada, ademais da extraordinaria calidade da animación, para os que nos iniciamos nos videoxogos cos marcianitos, o comecocos ou o tetris supón unha auténtica homenaxe. Para mín dende aquela o mundo está pixelado.

sabado 10 abril 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Di me que yo

Unha historia deliciosa de amor e desamor de Mateo Gil gañadora do Goya 2010 á mellor curta de ficción. Este polifacético tipo, colaborador habitual de Amenábar, sorprende con esta pequena xoia, un ensaio sobre as relacións de parella cheo de humor e paixón. Excelente.

xoves 08 abril 2010

En Cine | 4 Comentarios | Permalink

A interpretación do asasinato

Unha suxestión para amantes da novela negra. Jed Rubenfeld estréase con "La interpretación del asesinato" no xénero policíaco utilizando o psicanálise como coartada para aderezar un relato de investigación criminal que de outro xeito pasaría absolutamente desapercibido, a novela recrea a visita de Freud e Jung aos Estados Unidos, describe a súa confrontación, deixando por certo bastante mal parado a Carl Jung, e fainos participar ficticiamente nunha investigación de asasinato. Un dos regalos de Oscar por andar envellecendo ao seu lado.

domingo 28 marzo 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Max Ginsburg

Max Ginsburg é un pintor realista neoiorquino que dende os anos 60 acadou o compromiso de vehículizar a través da súa arte a denucia social e a cotididaneidade da vida americana. Un tipo anclado nun estilo reñido coa contemporaneidade que persiste co seu caracter insurxente en reflectir os desmanes da realidade que lle tocou vivir. Encomiable.
Ver galería

xoves 25 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Ben Harper

Estaba convencido de terlle adicado unha entrada a Ben Harper, un músico que fixo duetos acústicos memorables con Jack Johnson ou Eddie Vedder (tamén pendente de post) , pero revisando as entradas do blogue non o atopei, así que aí queda con esta versión de "My father´s house" que interpretou no concerto en beneficio de Haití en decembro de 2009.

luns 22 marzo 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Alexa Meade


Alexa Meade é unha pintora de corpos e obxectos, graduada en ciencias políticas que, despois de participar na poderosísima campaña electoral de Obama, adicouse á pintura desenvolvendo unha técnica que entrecruza o espazo e o plano, "difuminando as líñas entre a arte e a vida". 
Ver galería

domingo 21 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

LJ

Alucinantes fotografías de LJ, un paseo pola xeografía dos rostros dos "Homeless".
Ver galería

sabado 20 marzo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Face test

Sodes bós/boas fisonomistas? Este test da Universidade de Cambridge permete comprobar a nosa capacidade de memoria visual para lembrar caras, descoñezo a fiabilidade do experimento, a mín, que non presumo de ter unha boa memoria de recoñecemento facial, deume unha puntuación de 94%, parece que a media está no 80% e se descendedes do 65% seguramente non coñezades nin ao voso pai.

venres 19 marzo 2010

En Test | Sen comentarios | Permalink

George Steinmetz

Xa hai uns anos rodaba pola rede esta fotografía de George Steinmetz, un grupo de camellos camiñando polo deserto de Turquía que retratou dende unha perspectiva cenital de xeito que os animais aparecen definidos polas súas propias sombras. Unha anécdota, porque o portafolio deste "freelance" que percorreu África en parapente é de visita obrigada.
   

martes 16 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Erika Iris Simmons

Erika Iris Simons é unha particular artista que traballa con medios non convencionais, fundamentalmente obxectos reciclados, que ela asocia ao contido das súas obras. Eu coñecía as imaxes con cintas de cassette coas que debuxou a Jimi Hendrix, Van Morrison, Bob Marley... pero no seu portafolio aparecen ademais mosaicos de literatura que constrúen a faciana de Shakespeare ou Oscar Wilde, collages de persoaxes con significación política....O último son teselas de pentagramas, a tinta de Beethoven.
Ver portafolio    

luns 15 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Paolo Nutini

Este escocés de 23 anos con cara de neno e unha voz prodixiosa vai dar que falar no mundiño da música, foi "telonero" de Amy Winehouse, unha experiencia pouco común á súa idade, e acaba de publicar o seu último traballo "Sunny side up", un experimento que o alonxa un pouco do son acústico de "These Streets" pero que segue a ser excepcional. Aí queda como proposta para a fin de semana.
Paolo Nutini   Myspace

sabado 13 marzo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Logorama


Incrible a curta gañadora do Oscar 2010, 4 anos de traballo para utilizar mais de 2500 logos publicitarios dun xeito absolutamente brillante. Conxuga comicidade, creatividade e acción, conseguendo imprimirlle á animación un ritmo trepidante ao mais puro estilo americano. Insuperable.

venres 12 marzo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink