A interpretación do asasinato

Unha suxestión para amantes da novela negra. Jed Rubenfeld estréase con "La interpretación del asesinato" no xénero policíaco utilizando o psicanálise como coartada para aderezar un relato de investigación criminal que de outro xeito pasaría absolutamente desapercibido, a novela recrea a visita de Freud e Jung aos Estados Unidos, describe a súa confrontación, deixando por certo bastante mal parado a Carl Jung, e fainos participar ficticiamente nunha investigación de asasinato. Un dos regalos de Oscar por andar envellecendo ao seu lado.

domingo 28 marzo 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Max Ginsburg

Max Ginsburg é un pintor realista neoiorquino que dende os anos 60 acadou o compromiso de vehículizar a través da súa arte a denucia social e a cotididaneidade da vida americana. Un tipo anclado nun estilo reñido coa contemporaneidade que persiste co seu caracter insurxente en reflectir os desmanes da realidade que lle tocou vivir. Encomiable.
Ver galería

xoves 25 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Ben Harper

Estaba convencido de terlle adicado unha entrada a Ben Harper, un músico que fixo duetos acústicos memorables con Jack Johnson ou Eddie Vedder (tamén pendente de post) , pero revisando as entradas do blogue non o atopei, así que aí queda con esta versión de "My father´s house" que interpretou no concerto en beneficio de Haití en decembro de 2009.

luns 22 marzo 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Alexa Meade


Alexa Meade é unha pintora de corpos e obxectos, graduada en ciencias políticas que, despois de participar na poderosísima campaña electoral de Obama, adicouse á pintura desenvolvendo unha técnica que entrecruza o espazo e o plano, "difuminando as líñas entre a arte e a vida". 
Ver galería

domingo 21 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

LJ

Alucinantes fotografías de LJ, un paseo pola xeografía dos rostros dos "Homeless".
Ver galería

sabado 20 marzo 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Face test

Sodes bós/boas fisonomistas? Este test da Universidade de Cambridge permete comprobar a nosa capacidade de memoria visual para lembrar caras, descoñezo a fiabilidade do experimento, a mín, que non presumo de ter unha boa memoria de recoñecemento facial, deume unha puntuación de 94%, parece que a media está no 80% e se descendedes do 65% seguramente non coñezades nin ao voso pai.

venres 19 marzo 2010

En Test | Sen comentarios | Permalink

George Steinmetz

Xa hai uns anos rodaba pola rede esta fotografía de George Steinmetz, un grupo de camellos camiñando polo deserto de Turquía que retratou dende unha perspectiva cenital de xeito que os animais aparecen definidos polas súas propias sombras. Unha anécdota, porque o portafolio deste "freelance" que percorreu África en parapente é de visita obrigada.
   

martes 16 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Erika Iris Simmons

Erika Iris Simons é unha particular artista que traballa con medios non convencionais, fundamentalmente obxectos reciclados, que ela asocia ao contido das súas obras. Eu coñecía as imaxes con cintas de cassette coas que debuxou a Jimi Hendrix, Van Morrison, Bob Marley... pero no seu portafolio aparecen ademais mosaicos de literatura que constrúen a faciana de Shakespeare ou Oscar Wilde, collages de persoaxes con significación política....O último son teselas de pentagramas, a tinta de Beethoven.
Ver portafolio    

luns 15 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Paolo Nutini

Este escocés de 23 anos con cara de neno e unha voz prodixiosa vai dar que falar no mundiño da música, foi "telonero" de Amy Winehouse, unha experiencia pouco común á súa idade, e acaba de publicar o seu último traballo "Sunny side up", un experimento que o alonxa un pouco do son acústico de "These Streets" pero que segue a ser excepcional. Aí queda como proposta para a fin de semana.
Paolo Nutini   Myspace

sabado 13 marzo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Logorama


Incrible a curta gañadora do Oscar 2010, 4 anos de traballo para utilizar mais de 2500 logos publicitarios dun xeito absolutamente brillante. Conxuga comicidade, creatividade e acción, conseguendo imprimirlle á animación un ritmo trepidante ao mais puro estilo americano. Insuperable.

venres 12 marzo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Books

Ando metido nun proxecto para a mellora da biblioteca do centro onde traballo, parece que a primeira fase consiste en facer unha criba dos libros considerados cadáveres para facerlles sitio ás novas adquisicións, un proceso "inquisitorial"  tristísimo que imos ter que resolver da mellor maneira posible, ocórrensenos varias alternativas antes da opción do reciclado ou da mais sinistra solución de aplicarlles 451º Fahrenheit, como non existe o cemiterio dos libros esquecidos que inventou Zafón, as opcións que estamos barallando pasan por contribuír ao proxecto "Ágora" de Cumulum, facer unha "performance" no pobo ao estilo de "Luzinterruptus", un mural literario, ou convertelos en esculturas como as de Paul Octavius. Agradécense ideas para restaurar a dignidade dos condenados a morrer.

xoves 11 marzo 2010

En Educación | 4 Comentarios | Permalink

Nuit Blanche


Na fin de semana vin "Closer", unha película que tiña aparcada ata atopar o momento propicio para encaixar o que eu presumía sería unha noveliña rosa, pero non, resultou ser un fantástico guión dramático que produce un desacougo inimaxinable a pesares da nefasta interpretación de Jude Law. Hoxe atopei esta outra curta "Nuit Blanche" de Arev Manoukian, unha obra mestra que redunda sobre o impacto coa razón que se produce cando as respotas químicas toman o mando dos nosos comportamentos afectivos. Sensacional. 

luns 08 marzo 2010

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Haiti


Excepcional vídeo reportaxe de Khalid Mohtaseb sobre o devastador terremoto que asolou Haiti. Unha perspectiva periodística da tristura e a desolación do pobo haitiano belísima. Ver tamén Egypt / Lebanon

domingo 07 marzo 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

A illa baixo o mar

A última novela de Isabel Allende deixoume un sabor agridoce, como se fose unha marea que te vai enchendo e baleirando de sensacións, por momentos a narración resulta cativadora, consegue atraparte coa potencia que desprenden as grandes obras, pera subitamente perde esa contundencia para sumirse nunha mediocridade narrativa absolutamente desapaixonada, non conseguir manter o ton atencional que requiren os relatos desenvolvidos entre intricados labirintos de sagas familiares é decepcionante. Non coñecía a historia dos Haitianos nin a diáspora a Nova Orleans, pero a descrición resulta moi familiar para os que nos chupamos a vida de Kunta Kinte en "Raíces". En definitiva, Allende non aporta nada novo. Regular.  

domingo 07 marzo 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Copier-cloner


Excelente curta de Louis Rigaud caricaturizando os problemas asociados á combinación de industria agroalimentaria e a biotecnoloxía.

venres 05 marzo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

OK Go


A vida evoluciona cara ao caos.

xoves 04 marzo 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Cheetos


Eclectic Asilum Art
 é unha páxina que recolle acións artísticas sorprendentes, como este retrato do popular cómico norteamericano Conan O´Brien feito con "Cheetos". Sen palabras.

mércores 03 marzo 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Eu, tamén

Na fin de semana vín "Yo, también", unha película maquillada polo excelente traballo de Lola Dueñas que consigue facer esquecer o aspecto que ten de documental sobre a sexualidade de persoas aqueixadas pola Síndrome de Down. Como proposta de cine social non está mal, resulta moito mais divertida que "León e Olvido", recolle unha problemática que leva moitos anos sendo motivo de controversia entre familiares e expertos, homes e mulleres condenados á eterna puerilidade no seu trato, incluídas as relacións sexuais, nunha situación de protecionismo moralista que ningunea o seu desenvolvemento afectivo. Todo un drama.
Esquecín mencionar a BSO, responsabilidade de Guille Milkyway,  para o meu gusto formidable. 

martes 02 marzo 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Rise above plastics


Vídeo da "Surfrider Foundation" que orientaron a súa última campaña "Rise above plastics" á denuncia da produción incontrolada de plásticos e á sensibilización respecto ó dano irreparable que esto lle fai ao planeta.  

luns 01 marzo 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Descarga Directa

Hai tempo que prescindín das redes p2p: emule, ares, azureus, etc. Para baixar cousas fagoo a través de descargas directas dende páxinas que ofrecen servicio de hosting de arquivos, como Megaupload ou Rapidshare, utilizando como xestor o "JDownloader", un xeito de gañar fiabilidade e non atoparte con arquivos sorpresa, ou viriasis pola cara, ademais de poder optar si eres moi sibarita a velocidades de descarga supersónicas mercando unha conta premium. Hoxe en "El Geek" atopei "Music and Files" unha páxina para facer búsquedas directas nestes servidores que engado inmediatamente aos meus bookmarks de descarga.

domingo 28 febreiro 2010

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Sketchers

Urban Sketchers é unha páxina que recolle os bocetos daqueles que posúen o don de expresarse coa imaxe, persoas que recollen nunha lámina momentos da realidade que transita polas súas vidas. Eu deixei de debuxar hai anos, unha mágoa que levo conmigo e que ás veces se traduce en envexa malsana.

domingo 28 febreiro 2010

En Arte | 3 Comentarios | Permalink

The Beautiful Girls

The Beautiful Girls é outra sorprendente banda australiana liderada por Matt McHugh, a súa música está influenciada por ritmos do mais variado rock, reggae, pop, folk... Eu rescato este pedazo de tema acústico "Let´s Take The Long Way Home" para acompañar á "tormenta perfecta" da fin de semana.

sabado 27 febreiro 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Daniel Mar

Daniel Mar é un fotógrafo e ilustrador gráfico francés que lle prestou atención á arte do origami. Os seus traballos de disección de papel son incribles.
Ver galería 

xoves 25 febreiro 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Andric

Excepcionais os portafolios de Andric, unha empresa de deseño gráfico que fai montaxes fotográficos que desbordan creatividade.  

mércores 24 febreiro 2010

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Asia


a journey through asia
from ivan vania on Vimeo.
Onte nunha tertulia un compañeiro mantiña que as imaxes son interpretadas como texto, unha argumentación moi particular vindo dun artista, non está claro cal é a linguaxe que utiliza o cerebro para decodificar e interpretar a información, pero do que estou seguro é da existencia dun componente emocional que o impregna todo como se fose música. Por exemplo, non é doado rexistrar unha viaxe coa axuda dun vídeo, sempre quedan rastros de sensacións que resultan imposibles de reproducir nin de borrar da nosa memoria, podemos buscar palabras fermosas pero ningunha poderá expresar a potencia da nosa experiencia. Aínda así, hoxe atopei esta curta que se aproxima moito á beleza.

luns 22 febreiro 2010

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Literatura vs tráfico

O colectivo de artistas "Luzinterruptus" desprazouse a  New York para realizar esta performance titulada "Literatura vs tráfico". No seu blogue ofrecennos este pequeno adianto do tapizado con libros e luces da rúa Water baixo a ponte de Brooklyn. Espectaculares, como sempre. 

sabado 20 febreiro 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Zeteticismo


Non coñecía eu o "zeteticismo", un palabro que se refire á aproximación crítica, non dogmática, pero con mente aberta e curiosa, sobre diversos fenómenos, teorías e hipóteses non ortodoxas dentro da ciencia. Hai uns días recibín un correo dun amigo comentándome que Rosa, a súa dona, sorprendeuse ao atoparse na rede nun vídeo que lle fixeron nunhas xornadas naturistas no que, na súa particular loita contra o pensamento único, falaba sobre a vacina do virus do papiloma humano. Remexendo no blogue atopei este fragmento dunha entrevista a Luc Montagnier no que mantén que o VIH podería ser eliminado do organismo polo propio sitema inmunolóxico, unha idea que eu xa tiña escoitado hai mais de 15 anos a outros membros da comunidade científica pero que permaneceu "inexplicablemente" silenciada, a orientación das investigacións cara ao desenvolvemento de anti-retrovirais son só unha das vías para combatir a SIDA, seguramente a mais rendable en termos económicos para as multinacionais de farmacia, pero non a única. Un pouco de zeteticismo non nos viría nada mal. 

venres 19 febreiro 2010

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Matt Nathanson

Matt Nathanson é outro dos músicos americanos que merecen un recunchiño na base musical de acústica, un tipo simpático que comezou a ser recoñecido polo tema "Come On Get Higher" pero que aporta algunhas outras cancións que merecen moito a pena. Temas simples interpretados coa súa particular voz rasgada. Aí queda.
Myspace

xoves 18 febreiro 2010

En Música | 1 comentario | Permalink

Tres vidas de santos

Últimamente teño pouco apetito literario, tenme ocurrido mais veces e non sabería decir cal é a causa, eu o atribúo a algún libro atravesado ou a presbicia característica da proximidade aos dez lustros, nestes casos espero con paciencia a chegada dalgún redentor que volva a comprometerme coa lectura, e aí está Don Eduardo con "Tres vidas de santos", 3 relatos curtos que non engarzarían nun mesmo volumen nin por arte de maxia, agás por esa definición da santidade que Mendoza inventa no prólogo atribuíndo a cada un dos protagonistas unha mestura de xenialidade e tolemia, propia dos que transitan polas zonas mais oscuras do espíritu. Eu quédome con "el malentendido", unha historia de humor carcelario onde aparecen reflexións sobre a literatura tan brillantes como esta: "Forma y nada más...las leyes sencillas pero insoslayables que hacen que un escrito signifique algo más que manchas sobre un papel: la estructura del relato, el tamaño del párrafo, la longitud de la frase, la música interna de las palabras cuando se combinan entre sí, y el ritmo del conjunto. La estrategia con que se disponen todos los elementos". Mira ti onde vai estar a orixe da miña anorexia literaria, na forma.   

mércores 17 febreiro 2010

En Literatura | 1 comentario | Permalink

A dama e a morte

Entre as fantásticas películas gañadoras dos Goya 2010 atopase esta curta de Javier Recio Gracia, que tamén será candidata ao Oscar na categoría de mellor curta de animación, trátase dunha reflexión en tono de humor sobre o dereito a unha morte digna, tema duro e preocupante para os que vemos achegarse a nosa decadencia para ser vítimas dun sistema sanitario orientado a perpetuar a nosa decrepitude, eu sempre tiven a sospeita de que as multinacionais farmaceuticas manexan os fíos da nosa saúde e da nosa enfermidade.
The Lady And The Reaper 

martes 16 febreiro 2010

En Cine | Sen comentarios | Permalink