Don´t worry


O pasado ano deixaba o inigualabel "Stand by me" do proxecto "Playing For Change" para festexar o Nadal e mais o Aninovo, resulta moito mais complicado do que parece atopar un tema que reflicta os sentimentos e afectos que vos desexo a tod@s @s que pasades polo blog. Ocurra o que ocurra no 2010 "Don´t worry" sede felices.  

martes 29 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Mmmm

Atopei esta suxestiva serie de fotografías de beizos ilustrados na páxina de Muka!!, a súa autora, Marta Mesa, creou unha poesía visual que dice así: "O meu mundo vira ao redor dos teus beizos, xa non durmo sen eles non me arroupan, tampouco subo ás alturas, nin descendo polo tobogán da túa sorpresa. Bícame coa túa boca de sirena, para que poida seguir sendo a túa presa".
Unha mestura de sensualidade e "naif" chulísima. 

luns 28 decembro 2009

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Lurie awards

Na edición de 2009 dos premios "Ranan Lurie" , aos carteis que mellor reflicten o espíritu e os principios da ONU, resultou gañador o traballo de Robert Ariail, imaxe que posteo aproveitando para lembrar que mañá hai concentración extraordinaria da masa crítica de Lugo as 20,15 diante do concello, pero eu sigo sentindo debilidade pola obra de Agim Sulaj, o seu poster é maxistral.

   

domingo 27 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Alma

Opera prima de Rodrigo Blaas, un granadino que se atopa na élite do cine de animación, na actualidade traballa para Pixar onde colaborou en películas como "Up", "Buscando a Nemo", "Os Increíbles", "Wall-e"...
"Alma" é unha curta que vai acumulando premios en cada un dos festivais onde se presenta, o autor decidiu promocionala na rede permitindo a súa visualización completa ata o remate das festas do Nadal. Un bo regalo.

Ver en HD

sabado 26 decembro 2009

En Cine | 1 comentario | Permalink

O circo da bolboreta


Curta de Eduardo Verástegui gañadora do concurso "The Door post" no 2009. Un tipo que, aínda que non me produce ningunha simpatía persoal, non fixo un mal traballo.
2ª parte

mércores 23 decembro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

A muller xusta

Levo remexendo neste libriño dende hai case un mes, é unha desas obras que agochan detrás de cada parágrafo unha morea de información que che obriga a ir dixerindoa pouquiño a pouco. Escrito cunha simplicidade insultante, sen alardes narrativos e cun vocabulario asequible, vai construíndo a través da percepeción de cada un dos tres persoaxes protagonistas unha historia de amor e paixon que se aproxima mais ao ensaio que á novela. Hai autores que chegas a odiar por irrebatibles, xente que desgrana cada un dos seus argumentos coa precisión dun ciruxán sen deixar espazo para a crítica, tipos demoledores co pensamento que che fan sentir como un imbécil porque xamais chegarás a sentir como eles sinten.
Sándor Márai quitouse a vida en 1989, é posible que de tanto furgar nos sentimentos atopara a insoportable levedade do ser.
Autor de lectura obrigada.

luns 21 decembro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Boo Ritson

Boo Ritson é unha artista británica que realiza estas curiosas "performances" que pretenden recompoñer a realidade a través da pintura, escolle como lienzos a persoas e obxectos para imprimirlles a particular textura da arte e despois fotografialos. Singular.

domingo 20 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Malditos bastardos

Malditos bastardos é outra maxistral película de Quentin Tarantino, feita coa sobredose de violencia á que nos ten afeitos e ese punto acrata na elección da banda sonora que crea sorpresivas disonancias entre as imaxes e as melodías. Un divertidísimo cómic sobre un ecléctico grupo de resistencia na Francia ocupada polos Nazis. Moi recomendable.

sabado 19 decembro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

The nada

Hai uns días descubrín a Kevin Johansen, escoiteille unha cumbia desas que son capaces de incitar ao baile ata aos mais estáticos, un tipo de curioso mestizaxe nado en Alaska e criado en Arxentina e que desenvolve unha música de ritmos latinos, cumbias, milongas, son cubano, con un toque de distinción canalla que a mín me fascinou.  "The Nada" e simultanemente o nome do seu grupo e o título do primeiro CD da banda, excelente traballo que xa deixei incluído no listado mestizo do Spotify. Un toque rumbero para espabilar o frío da fin de semana. 

venres 18 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VIII


As imaxes non son mais que falacias perceptivas que posúen un significado estético, aínda que nos empeñemos en convertilas en verdades incuestionables, pero o movimento combinado co contexto produce distorsións perceptivas igualmente engañosas ergo a realidade non existe.

xoves 17 decembro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Shadow Art

Non sei quen foi o precursor en construir arte coas sombras, seguramente algún platónico.
 
Kumi Yamashita

Larry Kagan 

Tim Noble e Sue Webster

mércores 16 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Kindle


Vaime costar traballo mudar o formato "libro", de feito estou convencido de que non será posible substituir o papel pola virtualidade electrónica para recoller as palabras, Saramago dí algo parecido a que a escritura posue unha intemporalidade que fará dos libros obxectos eternos, son invulnerables á manipulación, e a sensualidade da súa textura é irrpetibel,  pero as novas tecnoloxías abren vías insospeitadas para o acceso á cultura. Un exemplo: Kindle Amazon

luns 14 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Dereitos Humanos

A Declaración Dos Dereitos Humanos 
Para ser “Distribuido, exposto, lído e comentado nas escolas e noutros centros de ensino"

domingo 13 decembro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

John Frusciante

Proposta acústica para a fin de semana: John Frusciante un guitarrista americano que pertence á mítica banda dos Red Hot Chili Pippers, un tipo que cando se desmarca en solitario fai cousas tan interesantes como esta.


John Frusciante - The Past Recedes
por redhotfan

venres 11 decembro 2009

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Google Image Swirl

Esta nova aplicación do xigante Google para a busca de imaxes na web aporta como novidade a organización esquemática en grupos dos distintos resultados, a clasificación faina dacordo ás semellanzas atopadas entre as características das imaxes: cores, contraste, forma, distribución dos elementos na imaxen... Lembra á estructura de mapas cognitivos que emprega  Musicovery,  para facer taxonomías musicais. A ordenación non é perfecta pero aparecen resultados moi interesantes.
A propósito de Google, non vos perdades este espectacular videoclip promocional do Chrome.

xoves 10 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Comer


Hai unhas semanas cheogume un email que informaba dos segredos dos códigos que veñen impresos nos ovos, observando a primeira cifra podemos coñecer as características das explotacións de procedencia, algo que eu descoñecía, pero esta cegueira non é inocua, primeiro pola dramática situación na que son criados os animais e segundo polas merdas "químicas" coas que son cebados que repercuten directamente na nosa alimentación. Hoxe atopei este vídeo de Kris Hofman para a German Animal Rights Organisation no que nos vai contando de un xeito moi creativo as consecuencias da producción intensiva na industria alimentaria. 

mércores 09 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Manifesto: post obrigado.

 Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…[ Máis ]

martes 08 decembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Fingerman

 
Elegante e controvertida campaña da "LCC" para a prevención do cancro de mama.
"As túas máns poden facer cousas maravillosas...a detección temperá do cancro de mama non é unha delas. Fai unha mamografía anual".

luns 07 decembro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Tony Haven

Tony Haven é un xove guitarrista nado en Inglaterra especializado na técnica de  Lap tapping. Non é Erik Mongrain pero ten o talento dos escollidos.
 

domingo 06 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Wallpapers +

Xa teño dedicado un post aos "wallpapers" de responsabilidade social, unha suxestión para renovar os fondos de escritorio lembrando as datas significativas do calendario de compromisos sociais. Hoxe deixovos estes dous enlaces de National Geographic para os/as que queirades introducir un toque bucólico nas vosas máquinas.
wallpapers 1
wallpapers 2

sabado 05 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Sosias

A posibilidade de contar con un ou mais sosias dispersos polo mundo e algo inquedante e ao mesmo tempo produce certo morbo, ata intelectuais como Saramago "El hombre duplicado" ou Pennac "El dictador y la hamaca" dedicaron un esforzo literario á figura dos "clons". A páxina de Coca Cola Zero permete facer unha busca dos nosos dobres. Sen narcisismo, eu non atopei a naide coma min.  

venres 04 decembro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

Kendall Buster


Macroestructuras de papel do escultor Kendall Buster. Fascinantes.  

xoves 03 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Plane stupid


Dura campaña de "Plane stupid" para sensibilizarnos respecto ao impacto medioambiental que producen os voos curtos. Utilizan osos polares pola significación que posúen como vítimas dos efectos do cambio climático para simbolizar os 400 Kg (peso dun macho adulto) de media de emisión de gases contaminantes emitidos en cada un dos voos.

mércores 02 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Fuck you SIDA

1 de decembro día mundial da loita contra a SIDA.
En España cada día 8 persoas son infectadas. O 40% delas descubre a enfermidade moi tarde.
 

martes 01 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

James Kuhn


James Kuhn é un inusual artista americano que converte a súa faciana nunha caricatura animada cunha técnica de maquillaxe tremendamente inxeniosa. 

martes 01 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Going West


Brillantísima promoción do libro "Going West" de Maurice Gee. Un booktrailer de "origami" que resume o poder da lectura. Hai uns anos escoiteille contar a Kiko Cadaval que os libros semellaban ser os cadaleitos das palabras, onde permanecen mortas ata que alguén lles proporciona vida a través da maxia da lectura.

luns 30 novembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Mario Basanov

I'll be gone from KORB
Non son moi adicto á música de laboratorio, con algunhas excepcións como Moby que me parece brillante, pero atopei esta marabilla de Mario Basanov, un xove músico de estudio lituano que leva camiño de converterse nun crack. 

Algúns días as cousas parecen correlacionar de xeito espontáneo como si existira un fío invisible que as fose trenzando.

venres 27 novembro 2009

En Música | 1 comentario | Permalink

Fring

Fring é unha aplicación gratuita para telefonía que ofrece a posibilidade de comunicarnos como si dispuxeramos do Skype no noso móvil, de feito tamén é compatible coa rede Skype, os requerimentos son, dispor dun aparato que funcione co sistema opertativo Symbian e que teña wifi, os modelos compatibles co vídeo actualmente son os Nokia táctiles (como o X6, N97 Mini, N97, 5800), N95, N95 8GB e N92. Si sodes propietarios dalgún destes terminais só tedes que instalar a aplicación, identificarvos, e millas. Videochamadas, chat, voz... todo gratis.
Descargar aplicación

xoves 26 novembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Bicycle Trip

A bicycle trip é a curta de graduación de lorenzo veracini, un artista da animación ao que se lle intúe a xenialidade. "Basilea, 19 de abril de 1943. O Dr. Albert Hofmann, químico, regresa a casa na bicicleta despois dun día de traballo no laboratorio. Episodio que pasou á lenda, asociado co descubrimento dos efectos da LSD na psique humana. A curta conta a historia de ista famosa viaxe ". Excelente.
O xoves masacrítica en Lugo: 20:15 diante do concello.

mércores 25 novembro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Sam Jinks

Sam Jinks é outro escultor hiperrealista australiano, as súas obras non posúen as extraordinarias dimensións das esculturas de Ron Mueck, pero os seus traballos, simbolizando decrepitude e morte producen un desacougo semellante. O proceso de construcción comeza esculpindo arcilla sobre unha armadura  metálica e despois moldease e fundese en silicona, finalmente engade a cór e os detalles. Tremendo.

martes 24 novembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink