Miguel Anxo Prado

Descubrín a Miguel Anxo Prado pola súa colaboración no "Proxecto Terra", unha ambiciosa proposta didáctica que desenvolve o COAG para as etapas de primaria e secundaria, facendo unha análise do territorio e mais do seu desenvolvemento histórico, infraestructuras, arquitectura... Un enfoque interdisciplinar dende unha perspectiva pedagóxica baseada na construcción dun proxecto e na adecuación do mesmo ao contexto do alumnado, que supón unha fórmula alonxadísima da realidade das nosas aulas onde persiste a escravitude aos libros de texto, xa que resultan ser os mais sumisos ás dictaduras curriculares. Hai mais alternativas, como "Climántica", outra iniciativa para a educación no desenvolvemento sostible que revoluciona os modelos de ensino das tradicionais materias de ciencias. En fin, comecei con churras e xa estou con merinas, quería dicir que Miguel Anxo Prado é un deses xenios do comic que nacen con talento e rematan ofrecendollo aos demais, contoume un compañeiro que lle debemos a súa vocación a un profesor de arquitectura xa falecido que lle fixo ver a potencia da súa arte, pois grazas.
Web de Miguel Anxo

mércores 18 novembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink