X Nada
X Nada é unha dura curtametraxe premiada no Festival Internacinal Curtocircuito 2009, unha película de Dani de la Torre e Toni Veiga que se está a distribuír nos centros de ensino como proposta para a reflexión sobre a orixe e as consecuencias dun modo de violencia xuvenil "gratuita".
mércores 11 novembro 2009
En Educación | Sen comentarios | Permalink
XIX Jazz
Comezou o XIX Festival de Jazz de Lugo, 19 anos de luxo asiático na nosa cidade, onte recuncou no Círculo Roy Hargrove, un trompetista de 40 anos que parece estar vivindo a séptima reencarnación pola súa virtuosidade interpretativa. Un chulo que pasea polo escenario coa arrogancia do que se recoñece a sí mesmo como un deus menor e que se fai acompañar por 4 músicos excepcionais, eu alucinei con Justin Robinson, un saxofonista impecable que estou seguro de que se colará no olimpo dos Jazzman. Os concertos de Jazz posúen unha maxia inexplicable, o clima que se respira produce unha especie de catarse colectiva, unha sensación de complicidade co grupo que te fai sentir ben, moi ben. Quedannos 2 xoias Kurt Elling e Kenny Barron, só con pensalo sorrío.
mércores 11 novembro 2009
En Música | 2 Comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS