Aurora Boreal

Sobredose de novela negra sueca, despois da triloxía de Millennium quedoume unha tendenza escandinava, semellante a unha síndrome de abstinencia policíaca, que me fixo sucumbir como un imbécil fronte a carátula de este libriño: "Aurora boreal mantivo desperto toda a noite ao escritor Stieg Larsson. Non podía deixar de ler". Mentira. Primeiro, este libro dura menos dunha noite, e segundo, o suspense é absolutamente tolerable, de feito, o final do libro está moi mal resolto, precipitando a historia sen atender a unha homoxeneidade narrativa, a parsimonia dos primeiros capítulos, un pouco coñazo, contrasta coa premura na resolución da trama. Non se pode falar de fraude, pero a reedición hispana dun libro escrito no 2002, coa expectativa de publicación de outras dúas obras en breve, sona a estratexia de marqueting editorial.
Entretida pero prescindible.

domingo 30 agosto 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink