Aurora Boreal
Sobredose de novela negra sueca, despois da triloxía de Millennium quedoume unha tendenza escandinava, semellante a unha síndrome de abstinencia policíaca, que me fixo sucumbir como un imbécil fronte a carátula de este libriño: "Aurora boreal mantivo desperto toda a noite ao escritor Stieg Larsson. Non podía deixar de ler". Mentira. Primeiro, este libro dura menos dunha noite, e segundo, o suspense é absolutamente tolerable, de feito, o final do libro está moi mal resolto, precipitando a historia sen atender a unha homoxeneidade narrativa, a parsimonia dos primeiros capítulos, un pouco coñazo, contrasta coa premura na resolución da trama. Non se pode falar de fraude, pero a reedición hispana dun libro escrito no 2002, coa expectativa de publicación de outras dúas obras en breve, sona a estratexia de marqueting editorial.
Entretida pero prescindible.
domingo 30 agosto 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Vida de cáns
"O problema non é que os animais vivan como a xente. Mais ben é que a xente viva como os animais".
AI
sabado 29 agosto 2009
Unha lectora nada común
Un conto sistémico, do polifacético Alan Bennett, que supón unha exaltación da lectura plantexada cunha intelixencia e un sentido do humor exquisitos. A "opsímata" raíña de Inglaterra iniciase na literatura con un pinche de cociña como amanuense, as modificacións que provoca na súa vida implican a todos os sectores, dando lugar a transformacións insospeitadas. Algunhas das anotacións da raíña son memorables: "Aínda que non sempre entendo a Shakespeare, o "non podo elevar o meu corazón ata os meus beizos" de Cornelia é un sentimento que estou disposta a subscribir, seu problema é o meu".
Eu tamén o subscribo.
venres 28 agosto 2009
En Literatura | 1 comentario | Permalink
Newton Faulkner
Newton Faulkner é un xove guitarrista británico especializado na acústica, posúe un particular estilo, semellante ao lap tapping, que lle da unha especial singularidade as súas composicións. Non atopei vídeos para postear que fagan xustiza á calidade deste músico, pero é unha desas promesas que hai que ter moi en conta, queda na base de datos.
xoves 27 agosto 2009
En Música | 3 Comentarios | Permalink
Darwin
mércores 26 agosto 2009
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Antivirus on line
Housecall é unha aplicación gratuita para chequear en rede os virus do noso ordenata, agora que parece poñerse de moda o software on line, non está mal dispor dun doutor permanentemente actualizado, este programilla scanea o sistema na procura de "bichiños" e eliminaos cunha rapidez excepcional, só está disponible en "english" pero é dunha simplicidade inusual.
Start House Call
luns 24 agosto 2009
En Informática | Sen comentarios | Permalink
A raiña no pazo das correntes de aire
Esta terceira e derradeira entrega da triloxía de Millennium volve á excelencia da primeira parte, un texto que semella un guión cinematográfico cunha chea de personaxes, cada un deles mais interesante, definidos a través de microbiografías que conseguen conferirlles unha poderosísima personalidade. A historia ten momentos trepidantes nos que se producen aceleracións inconscientes da lectura como consecuencia da intriga que suscita e outros nos que ralentiza a narración recreándose en cuestións superficiais ou descripcións localistas que seguramente provoquen complicidade nos lectores coñecedores dos lugares nos que se desenvolve a trama, pero que para min resultan innecesarios, de calquera xeito son perdonables, porque o que prima na obra é a súa extraordinaria capacidade de divertimento, facendo algo semellante a unha crónica onde mistura a novela negra e o cómic cunha linguaxe simple, sen florituras, deses que molesta tanto aos seus detractores por consideralo "baixa literatura", pero que resulta endemoñadamente entretido. Votarei de menos a Lisbeth Salander.
domingo 23 agosto 2009
En Literatura | 2 Comentarios | Permalink
Lembras?
Excelente campaña de AFAL baseada na producción de empatía coa pretensión de transmtir á xente unha parte das sensacións que acontecen no cerebro dos enfermos de A. En maio posteaba dúas curtas nesa líña.
venres 21 agosto 2009
Fitoterapia
Novo disco de Fito & Fitipaldis "Antes de que cuente diez" un tipo que consegue unhas letras sinxelamente maxistrais con melodías que resultan un pouco reiterativas pero que levan impreso o seu particular "ritmillo", un aperitivo para soportar a espera ata o 15 de setembro.
xoves 20 agosto 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
A orella de Murdock
"La oreja de Murdock" é unha novela curta de Castle Freeman Jr. ao mais puro estilo dos Coen ("Las puertas del edén") a historia desenvolvese na comarca de Vermont, que parece estar anclada no tempo, con persoaxes esperpénticos que posúen unha particular forma de entender a vida, os protagonistas son quixotes do século XXI, un vello, un "cachas" descerebrado e unha muller nova que deciden ir na procura do villano da zona para represarialo. Divertida, de esas que se len dunha ou duas tacadas, novela de váter.
luns 17 agosto 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Ciberbullying
Campaña da comisión europea para a sensibilización respecto da "ciberintimidación". Promocionando a web thinkuknown adicada á información e á denuncia de contidos da rede onde se están a vulnerar os dereitos dos/as mais novos/as. Unha nova forma de agresión á que non resulta doado dar unha resposta efectiva, calquera información persoal pode ser copiada e deformada producindo un grave impacto psicolóxico na vítima.
domingo 16 agosto 2009
A praia dos afogados
A "praia dos afogados" é a segunda novela de Domingo Villar co "patrullero das ondas" Leo Caldas como protagonista, quen non teña lido "Ollos de auga" que comece por ela. En Galicia non hai moita tradición de novela policíaca, aínda que Suso de Toro ou Aníbal C. Malvar xa deixaran perlas como "Calzados Lola" e "A man dereita" duas novelas do xénero negro xeniais. Domingo Villar recolle o testigo para comezar con esta saga que esperemos teña continuidade, as historias posúen todos os ingredientes para favorecer a intriga ata a derradeira páxina, xogando coa especial idiosincrasia dos galegos que soemos epatar ao persoal pola dúbida metódica con que afrontamos as cousas, pero xa se sabe que non hai nada que teña un só significado.
Recomendable.
sabado 15 agosto 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Ivan Rosenberg
Ivan Rosenberg é un músico especializado no "dobro", unha guitarra con resonador que poupularizou Mark Knopfler e que sona parecido a un "banjo", pero con moitas mais posibilidades interpretativas. No vídeo márcase un bluegrass nunha posición que lembra ao lap tapping de Erik Mongrain.
venres 14 agosto 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Alaska
Nun veran hai sete anos trouxéronnos a casa unha boliña branca pequena con ollos de auga, unha gata preciosa que indultaron por eses falsos azares que provoca a fermosura, viviu con nós con esa particular forma de entender o cariño que posúen os gatos, sen compromisos, cunha independencia arrogante que ás veces resultaba indignante polo xeito co que controlaba os afectos, ata que chegou a facernos dependentes dos seus caprichos. Durmía na cama do meu fillo Alejandro, o lugar que elexiu para vir morrer, posiblemente buscando o acougo que lle proporcionaban os seus brazos, un xesto bellísimo o buscar arroupamento xunto ao seu compañeiro no derradeiro fío de vida. Dende onte a nosa casa encheuse de tristura, unha fondísima dor que nos mantén en silencio, un exercicio durísimo para os meus fillos que tiveron onte o seu primeiro contacto coa morte, unha última emoción poderosa, como todas aquelas coas que nos obsequiou Alaska.
martes 11 agosto 2009
En Xeral | 2 Comentarios | Permalink
Leszek Sokol
Leszek Sokol é un artista polaco que rescatou o manierismo para o arte contemporáneo, as suas creacións semellan ilustracións de contos infantis, onde a realidade é representada dun xeito onírico e inxenuo con perspectivas extremas dos personaxes.Fantástico.
Ver galería 1 galería 2
luns 10 agosto 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Os pilares da terra
Rematei este pedazo de tocho que causou furor entre os deboradores de best-sellers, teño que recoñecerlle a súa capacidade de adicción, outro "culebrón" como "Un mundo sen fin", que lera con anterioridade e que ao meu xuízo está moitísimo mais elaborado que o seu predecesor, aviso aos que teñen pensado recuncar coa segunda parte que resultará reiteraivo no seu argumento e que as mil e pico páxinas aportarán mais do mesmo con melloras na contextualización e cunha substancial avance na narración. Os Pilares da Terra está cheo de intrigas, amores e vicisitudes varias que no último tercio do libro chegan a perder o ritmo narrativo apelmazándose na resolución dos acontecementos cunha premura que debeu facerlle pensar ao autor, ou á editorial, que estaba pasándose tres pobos no metraxe e decidiron abreviar a historia sen importarlles a perda de homoxeneidade da obra. En definitiva, un libriño propicio para esta invernaxe estival mais propia de pantuflas, sofá e café que de praia. Un bo antídoto si tas aburrido/a.
sabado 08 agosto 2009
En Literatura | 3 Comentarios | Permalink
Fachadas
Envíame Antonio esta nova de arquitectura, unha proxección en 3D sobre unha fachada dun edificio de Hamburgo, xa tiña eu pensado que as persianas eran obxectos que afortunadamente permanecían inéditos para os publicistas, pero parece que estes espazos vanlles quedar pequenos, se esta idea non queda nunha veleidade artística puntual e lles da por bombardearnos pola rúa con imaxes de Cocacola, Tampax ou Feijoo... que nos collan confesados.
mércores 05 agosto 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Ji Lee
Hai tempo deixaba un post sobre a poesía visual de Joan Brossa, experto en traducir calquera cousa en imaxes. Ji Lee é un artista de orixe coreano, na nómina de google, que realizou "Word as image" un xogo de mistura entre a palabra e o significado gráfico increíbleMENTE inxenioso, un mais entre os multiples proxectos que xurden da portentosa creatividade de este home, tamén autor de "The bubble project".
domingo 02 agosto 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
A ladrona de libros
Hai temas na novela tan reiterativos que resultan pouco atractivos para iniciar unha lectura, entre eles o nazismo, que comeza a resultar espeso pola promiscuidade literaria que xenera, pero hai que recoñecer o virtuosismo de algúns autores que teñen o valor de buscar a sua musa entre as intrincadas historias do holocausto. Markus Zusak é un deses escritores que son capaces de sorprender e emocionar cunha historia desenvolvida na alemania nazi relatada dende a perspectiva da morte. Un libro precioso que resulta por momentos conmovedor e que supón unha homenaxe á literatura e ao poder da palabra para facernos soñar, seducirnos e reconfortarnos ata nas situacións emocionalmente mais demoledoras. "La ladrona de libros" fai chorar e rir, convertíndose nun bo exemplo desa literatura que moviliza os sentimentos cando xa tas farto de tanto "arschloch" neste mundo de "saumenschs" e "saukerls". Moi recomendable.
sabado 01 agosto 2009
En Literatura | 2 Comentarios | Permalink
3D Draw
O deseñador multimedia James Paterson facendo unha demostración de debuxo en 3D utilizando o programa "Rhonda" creado por Amit Pitaru. Outra forma de facer arte.
sabado 25 xullo 2009
En Arte | 1 comentario | Permalink
Dante Bucci
Dante Bucci é un singular percusionista que fai unha música entre o Indie e a New Age utilizando o "Hang", un instrumento orixinal de Suiza relativamente recente, xa que foi inventado aproximadamente no ano 2000, e que ofrece unha amplísima gama de matices armónicos. Trátase de un bidón que posúe unha escala completa ao seu redor que o converte nunha auténtica xoia instrumental.
venres 24 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Alarm
Excelente curta de animación de Jang Moo-hyun. Na casa, especialmente durante o verán, funcionamos cunha anarquía nos horarios que resulta contaxiosa, de feito en setembro mantemos reminiscencias estivais, que derivan nun componente agresivo ao despertar, e que nos identifican moitísimo coa curta, ata o protagonista ten certo parecido co meu fillo Nacho.
mércores 22 xullo 2009
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
Kuroshio Sea
A primeira vez que vin o vídeo pensei que se trataba dunha animación, pero non, é unha pequena curta de Jon Rawlinson no aquarium de Okinawa, un dos mais grandes do mundo. O tema da banda sonora "Please don´t go" é do grupo americano Barcelona. Relaxante.
martes 21 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Joshua James
Joshua James é outro músico para a colección de acústica, un trotamundos americano que non colleu a guitarra ata os 20 anos, unha demora que non correlaciona co éxito acadado 4 anos despois, con dous albumes que parecen asentados nunha carreira ancestral. Sorpresas que dan algunhas vidas.
venres 17 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Trafficking
"Goodnight, Travel well" é un vídeo clip da asociación EXIT (End Explotation And Trafficking) correspondente a unha campaña de denuncia e sensibilización respecto ao comercio de seres humanos. En Europa trafícase anualmente cunhas 200.000 persoas, a maioría mulleres, e no mundo a ONU sitúa a cifra entre os 2 e os 4 millóns de vítimas, converténdose nunha das actividades criminais mais rendables despois das drogas e as armas. O lema: "Algunhas cousas costan mais do que imaxinas".
O traballo foi realizado pola compañía australiana Colman Rasic Carrasco e a banda sonora, para o meu gusto excepcional, é de The Killers
mércores 15 xullo 2009
Pobre de min!!
O San Fermín terá os seus detractores, eu non estiven nin teño ningún interese en acudir, tampouco son taurino, pero hai que recoñecerlle a estas festas un poder de convocatoria inigualábel. A revista dixital "The big Picture" adícalle unha reportaxe gráfica excepcional.
Ver imaxes
martes 14 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Visionaire
Visionaire é unha publicación multiformato americana adicada á arte que naceu coa pretensión de ofrecer propostas dunha potencia creativa inusual, para elo mistura a solidez dos traballos de artistas consagrados coa frescura dos que comezan a emerxer. A publicación restrinxe a súa edición a tres tiradas ao ano cun número limitado de exemplares, o que a convirte nunha auténtica delicatessen. Van na 56, o vídeo correspode á 55 "Surpriese", unha colección de libros móviles alucinante.
martes 14 xullo 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
O desafío
Creo que non teño deixado no blog ningunha reseña sobre libros de temática náutica, cousa extraña, porque quitando a novela negra, non hai literarura que mais me apaixone (e xa postos recoméndovos "El converso" de J.M. Fajardo), o caso é que esta afición compartida, ás veces produce desastres inevitables, as librerías teñen esa capacidade de encantamento que fai sucumbir sin remisión aos que andan á procura dunha dose de literatura afín aos seus gustos, unha carátula propicia sumada a un título insinuante, resultan definitivos para mercar calquera bazofia infumable coa ilusión dun pequeno con zapatos novos, pasoulle a Paloma con "El desafío" un relato de Manuel Maristany que non hai por onde collelo, un deses libriños editados por recomendación e que acabas lendo por empecinamento. Quedades avisad@s.
luns 13 xullo 2009
En Literatura | 1 comentario | Permalink
Banca
Spot publicitario da MJZ para Barclays, baseado no "Show de Truman", no que xogan cunha mensaxe paradóxica, a construción dunha realidade escenografiada, na que nos atopamos atrapados, fronte á "autenticidade" que ofrece unha empresa de banca. Brillante.
luns 13 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Negro vuelo de cuervo
Nunha desas tertulias de viño e rosas cos/coas amig@s andivemos repasando libros perdidos, ese cemiterio do que falaba Ruíz Zafón e do que cada un de nós conserva algún cadáver, eu son moi prosaico no que se refire á memoria literaria, meus vellos ancestros son clásicos, Asimov, Lovecraft, Clarke e sobretodo Poe, pero Antonio gardaba unha xoia na memoria e andivo á súa procura ata conseguila, "Negro vuelo de cuervo" un libro de Mariano J. Vázquez Alonso que obtivo o premio de novela cidade de Marbella aló polo ano 1977, que xa choveu. Hoxe remateino cunha dobre satisfación primeiro pola súa extraordinaria calidade, unha historia ben escrita con personaxes construídos de un xeito atractivo e cunha técnica literaria absolutamente de "best seller", e segundo polo punto de complicidade que se consegue coa lectura, unha irmandade definitiva grabada a sangue e lume que nos aproxima neuronalmente. Admítense suxestións para a resurección da literatura fenecida.
sabado 11 xullo 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS