3D Draw
O deseñador multimedia James Paterson facendo unha demostración de debuxo en 3D utilizando o programa "Rhonda" creado por Amit Pitaru. Outra forma de facer arte.
sabado 25 xullo 2009
En Arte | 1 comentario | Permalink
Dante Bucci
Dante Bucci é un singular percusionista que fai unha música entre o Indie e a New Age utilizando o "Hang", un instrumento orixinal de Suiza relativamente recente, xa que foi inventado aproximadamente no ano 2000, e que ofrece unha amplísima gama de matices armónicos. Trátase de un bidón que posúe unha escala completa ao seu redor que o converte nunha auténtica xoia instrumental.
venres 24 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Alarm
Excelente curta de animación de Jang Moo-hyun. Na casa, especialmente durante o verán, funcionamos cunha anarquía nos horarios que resulta contaxiosa, de feito en setembro mantemos reminiscencias estivais, que derivan nun componente agresivo ao despertar, e que nos identifican moitísimo coa curta, ata o protagonista ten certo parecido co meu fillo Nacho.
mércores 22 xullo 2009
En Cine | 2 Comentarios | Permalink
Kuroshio Sea
A primeira vez que vin o vídeo pensei que se trataba dunha animación, pero non, é unha pequena curta de Jon Rawlinson no aquarium de Okinawa, un dos mais grandes do mundo. O tema da banda sonora "Please don´t go" é do grupo americano Barcelona. Relaxante.
martes 21 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Joshua James
Joshua James é outro músico para a colección de acústica, un trotamundos americano que non colleu a guitarra ata os 20 anos, unha demora que non correlaciona co éxito acadado 4 anos despois, con dous albumes que parecen asentados nunha carreira ancestral. Sorpresas que dan algunhas vidas.
venres 17 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Trafficking
"Goodnight, Travel well" é un vídeo clip da asociación EXIT (End Explotation And Trafficking) correspondente a unha campaña de denuncia e sensibilización respecto ao comercio de seres humanos. En Europa trafícase anualmente cunhas 200.000 persoas, a maioría mulleres, e no mundo a ONU sitúa a cifra entre os 2 e os 4 millóns de vítimas, converténdose nunha das actividades criminais mais rendables despois das drogas e as armas. O lema: "Algunhas cousas costan mais do que imaxinas".
O traballo foi realizado pola compañía australiana Colman Rasic Carrasco e a banda sonora, para o meu gusto excepcional, é de The Killers
mércores 15 xullo 2009
Pobre de min!!
O San Fermín terá os seus detractores, eu non estiven nin teño ningún interese en acudir, tampouco son taurino, pero hai que recoñecerlle a estas festas un poder de convocatoria inigualábel. A revista dixital "The big Picture" adícalle unha reportaxe gráfica excepcional.
Ver imaxes
martes 14 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Visionaire
Visionaire é unha publicación multiformato americana adicada á arte que naceu coa pretensión de ofrecer propostas dunha potencia creativa inusual, para elo mistura a solidez dos traballos de artistas consagrados coa frescura dos que comezan a emerxer. A publicación restrinxe a súa edición a tres tiradas ao ano cun número limitado de exemplares, o que a convirte nunha auténtica delicatessen. Van na 56, o vídeo correspode á 55 "Surpriese", unha colección de libros móviles alucinante.
martes 14 xullo 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
O desafío
Creo que non teño deixado no blog ningunha reseña sobre libros de temática náutica, cousa extraña, porque quitando a novela negra, non hai literarura que mais me apaixone (e xa postos recoméndovos "El converso" de J.M. Fajardo), o caso é que esta afición compartida, ás veces produce desastres inevitables, as librerías teñen esa capacidade de encantamento que fai sucumbir sin remisión aos que andan á procura dunha dose de literatura afín aos seus gustos, unha carátula propicia sumada a un título insinuante, resultan definitivos para mercar calquera bazofia infumable coa ilusión dun pequeno con zapatos novos, pasoulle a Paloma con "El desafío" un relato de Manuel Maristany que non hai por onde collelo, un deses libriños editados por recomendación e que acabas lendo por empecinamento. Quedades avisad@s.
luns 13 xullo 2009
En Literatura | 1 comentario | Permalink
Banca
Spot publicitario da MJZ para Barclays, baseado no "Show de Truman", no que xogan cunha mensaxe paradóxica, a construción dunha realidade escenografiada, na que nos atopamos atrapados, fronte á "autenticidade" que ofrece unha empresa de banca. Brillante.
luns 13 xullo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Negro vuelo de cuervo
Nunha desas tertulias de viño e rosas cos/coas amig@s andivemos repasando libros perdidos, ese cemiterio do que falaba Ruíz Zafón e do que cada un de nós conserva algún cadáver, eu son moi prosaico no que se refire á memoria literaria, meus vellos ancestros son clásicos, Asimov, Lovecraft, Clarke e sobretodo Poe, pero Antonio gardaba unha xoia na memoria e andivo á súa procura ata conseguila, "Negro vuelo de cuervo" un libro de Mariano J. Vázquez Alonso que obtivo o premio de novela cidade de Marbella aló polo ano 1977, que xa choveu. Hoxe remateino cunha dobre satisfación primeiro pola súa extraordinaria calidade, unha historia ben escrita con personaxes construídos de un xeito atractivo e cunha técnica literaria absolutamente de "best seller", e segundo polo punto de complicidade que se consegue coa lectura, unha irmandade definitiva grabada a sangue e lume que nos aproxima neuronalmente. Admítense suxestións para a resurección da literatura fenecida.
sabado 11 xullo 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Rabuñar a superficie
O artista portugués Alexandre Farto desenvolveu o proxecto "Scratching the Surface" unha innovadora iniciativa da arte urbán co que pretende reconverter as ruinas arquitectónicas en macroesculturas. Espectacular.
venres 10 xullo 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Eole
A escola francesa de cine de animación Supinfocom está chea de talento, en febreiro deixaba "over time", unha homenaxe a Jim Henson extraordinaria, hoxe queda "Eole" outra curta que merece moito a pena.
xoves 09 xullo 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Roberto Ferri
Remexendo atopei un mestre do clasicismo con 31 anos, Roberto Ferri, que reinventou a pintura renacentista cunha dose de realismo máxico, algo siniestro, pero maxistral.
Ver Galería
mércores 08 xullo 2009
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Octavio Campo
Octavio Campo é un artista mexicano que xoga coas ilusións ópticas, creando unha "falacia perceptiva" para construír formas inverosímiles sumando imaxes eclécticas para despois desmenuzalas como un puzzle onírico que se aporxima moito á maxia. Psicodélico.
Ver galería
domingo 05 xullo 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Sakamura, Corrales y los muertos rientes
Terceira novela de Pablo Tusset, na que volve á hilaridade de "Lo mejor que le puede pasar a un cruasán", unha primeira obra que me fixo rir ata que vin a "desadaptación" cinematográfica de Paco Mir con Pablo Carbonell como protagonista. A segunda "En el nombre del cerdo" supuxo un cambio radical de xénero introducíndose nun thriller de novela negra, con trasfondo psicolóxico, que quedou francamente mal resolta. Agora recupera o humor surrealista catalán, no que se intúe será unha saga tipo "Torrente", con "Sakamura e Corrales" como mestres de cerimonias. Teño que recoñecer que o libro fai gracia, sobretodo por ese punto de caricatura co que manexa o "status quo" da política española, pero sóbranlle páxinas para poder devoralo nunha tarde, que sería o propio.
sabado 04 xullo 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
42
Unha curiosa iniciativa da marca de Vodka 42 Below: 42 directores + 42 soños + 42 segundos = 42 curtametraxes. A páxina oficial 42x42.
venres 03 xullo 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Plain White
Plain White T´s é unha de esas bandas de pop/rock yankee que pasarían desapercibidas de non ser pola pegada que conseguen en un par de temas, eu quedeime con eles escoitando "Hey There Delilah" do album All What We Needed, un umplugged de voz, acústica e cello, que sonou mil veces ao longo de estes meses no meu recuncho de traballo, ten un punto melancólico que fai olvidar que tas de vacacións.
xoves 02 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Animals awake
Durísima campaña holandesa para sensibilizarnos respecto ao sufrimento dos peixes, aos que de xeito habitual sonlles extraídas as visceras mentres permanecen vivos, parece que existen investigacións que demostran que poden sentir a dór e mesmo angustia mentras non morren. Descoñezo a fiabilidade de esta información pero visitando a páxina remóvenseche as tripas.
martes 30 xuño 2009
Unite Opera
Quen siga o blog saberá que son "Operadicto", de cantos navegadores teño testeado ningún se asemella nin de lonxe ao Opera, recoñezo que me costou deixar Firefox, débollo ao meu colega Antonio, fidelizado dende hai anos, que xa está no tramo de ser rabudo esixíndolle maiores prestacións fundamentalmente relacionadas coa xestión do correo, aí si que eu sigo pillado ao thunderbird. Pero ao que ía, a última sorpresa é Unite Opera unha suite que permite converter o noso ordenador nun servidor coa potencia que nos brinde o noso proveedor de internet, con un sinxelo procedemento e a golpe de click poderemos compartir documentos, música, fotos, chat... cos/coas amigos/as, ou acceder remotamente ao ordenador do traballo sen saír do navegador. Un paso mais para facer desaparecer a diferenza entre cliente e servidor que seguramente comportará un exhaustivo traballo dos programadores para insistir na mellora da privacidade e seguridade que leva implícito o compartir en rede, pero para min é mais que suficiente esta versión beta, estou absolutamente alucinado.
Descargar Unite Opera
luns 29 xuño 2009
En Informática | Sen comentarios | Permalink
Kyle Bean
Kyle Bean é un crack como creativo, visitando o seu portafolio atopánse auténticas sorpresas do que pode dar de si a imaxinación dun artista. Visita obrigada.
Ver portafolio
luns 29 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Post-it love
domingo 28 xuño 2009
En Arte | 1 comentario | Permalink
COK
Monsieur CoK é unha curta fantástica que fai unha sátira sobre a economía capitalista, caricaturizando o incremeto irracional e a progresiva automatización da producción, aplaudida polos poderes fácticos pese a supor unha perda de postos de traballo e unha incuestionable degradación do ser humano. Non adianto o final.
sabado 27 xuño 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
APOI
Este ano participamos nunha interesante iniciativa para rastrear o patrimonio inmaterial de Galiza, o obxectivo era sensibilizar aos mais novos respecto da nosa riqueza antropolóxica, unha experiencia moi gratificante para o recoñecemento e a valoración da nosa cultura, que quedou reflectida en "nosos", un documento visual algo pobre pola precariedade dos medios cos que contamos e pola nosa inexperiencia. Nun proxecto mais ambicioso, o Museo do Pobo Galego comezou coa creación dun "arquivo do patrimonio oral da identidade", unha base de datos sonora que recolle os acontecementos mais significativos da nosa historia de xeito que podamos conservar aspectos do imaxinario colectivo e os valores do noso entorno. Os seus creadores invitan a facer as aportacións que consideremos relevantes para enriquecer este particular museo. Entre as que xa existen atopei a de Florencio, o cego da Fontaneira, un músico autodidacta que hai anos improvisaba concertos na casa do meu sogro na Fonsagrada. Lembranzas.
venres 26 xuño 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
José González
José González é un músico sueco de pais arxentinos que ten un estilo semellante a algúns dos guitarristas de acústica que fun posteando, Iron and Wine, Jack Johnson, Brett Dennen... Este ano levo escoitado reiteradamente un par de temas de él , e aínda non lle fixera sitio no blog, aí queda.
xoves 25 xuño 2009
En Música | 1 comentario | Permalink
Spotify
Dende a desaparición de Pandora andamos tod@s tol@s na procura de substituta, pasei por last fm, musicovery, e últimamente conecto con Rockola fm, na que estou a "educar" un par de emisoras. Hoxe atopei Spotify unha alternativa que parece interesante pese a requerir unha mini instalación e invitación previa para a versión libre. A ver.
Descargar
martes 23 xuño 2009
En Música | 1 comentario | Permalink
Kotik
Yoav Kotik é un artista nado en Jerusalen adicado ao deseño de "xoias" con materiais reciclados, a colección de bisutería con chapas é alucinante. Pertence ao colectivo Zikgroup, outra páxina de visita recomendada.
Ver galería
martes 23 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Little Wheel

Play This Game
Hai tempo que non posteo xogos, aí queda "Little Wheel", que me chamou a atención pola calidade do seu deseño, ata a música resulta excelente. Non é difícil chegar ao final.
domingo 21 xuño 2009
En Xogos | Sen comentarios | Permalink
La carretera
Non tiña lido nada de Cormac Mccarthy, sabía que era unha das deidades da literatura contemporánea e que foi o autor de "No es país para viejos", que levaron ao cine os irmáns Coen (dos que me declaro "grupi"), pois ben, a semana pasada pasáronme a súa última obra "La carretera" , un Pulitzer mistura entre a novela e o ensaio, que dous días despois de tela rematado aínda me ten sobrecollido. Unha viaxe a través da desolación e cara a ningunha parte, onde a supervivencia aparece como unha pulsión innata que nos fai permanecer absurdamente vivos. Un relato que por momentos resulta raiante, e gris, como a cinza que o recubre. Decididamente necesito unha lectura que me reconforte porque esta deixoume baldado.
domingo 21 xuño 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Liberkey
Unha alternativa aos macro programas que ocupan un espazo brutal nos discos duros, ademais da cantidade de merda coa que contaminan o sistema operativo, está no software portable, programas executables que non precisan de instalación, e que podes transportar nun pendrive para facelos rular en calquera máquina. LiberKey é uha recopilación gratuita de software portable que ocupa 200Mb e que inclúe unha morea de aplicacións informáticas do mais variado, optimizadores, navegador firefox, reproductores de música, ferramentas de seguridade... Se non sabíais que facer con esa vella memoria USB de 512 Mb que gardais no caixon dos obxectos esquecidos aí tedes unha boa proposta.
Descargar LiberKey
sabado 20 xuño 2009
En Informática | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS