SGAE


O nacemento da Sociedade Xeral de Autores.

domingo 31 maio 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

O que perdimos

Hai libros raros, esos que deixan un rastro na memoria que che impide falar mal deles, porque seguen contigo sen ter unha explicación contundente respecto á súa calidade literaria ou á potencia da historia que desenvolven, é o caso de "Lo que perdimos" de Catherine O´Flynn,  outra opera prima que tardei en ler polo raiante que resulta por momentos e pola mistura de estilos narrativos cos que sazona o relato. Diría que é un texto que non merece a pena, como fixeron cada unha das editoriais polas que pasou antes da súa publicación, pero tal vez teñan razón aqueles que apostaron por el convertindoo nun dos best-sellers mais aclamados dos últimos tempos. Eu non o recomendo, salvo que non teñades nada mellor que ler.

domingo 31 maio 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Justin Nozuka

Justin Nozuka é un músico metade americano metade xaponés que posue unha historia vital un tanto axetreada, fillo de nai solteira, ocupa o sexto lugar de sete irmáns, comezou a tocar a guitarra nun internado con un grupo de amigos mexicanos. Traballou con músicos como Xavier Rudd ou Ziggy Marley antes de decidirse por comezar a súa carreira en solitario. Proposta acústica para a fin de semana. 

sabado 30 maio 2009

En Música | 2 Comentarios | Permalink

Alzheimer

É difícil pensar nas emocións como algo racional, pero cando se perde a cordura parece como si estiveran texidas a unha lóxica de conducta que lles da soporte, ou tal vez sexa ao revés. Esta temporada estou sentindo moi preto a dureza da enfermidade mental, deixo dúas curtas que debuxan o padecemento de ese deterioro dende a perspectiva dos que viven con ela.
"A primeira vista" obtivo o primeiro premio no festival de cine solidario de Madrid no 2007

"Chamome Lisa" foi galardonada en numerosos festivais internacionais, entre eles no de Cannes de 2008.

sabado 30 maio 2009

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Yamakasi


Hai uns meses adicáballe un post ao parkour, sigo convencido de que estamos a desenvolver destrezas de aprendizaxe que xeneran unha primacía do intelecto respecto ao desenvolvemento físico, cando debería ser xustamente ao revés, seguro que os nosos pensamentos fluirían doutro xeito. Mens sana in corpore sano.

mércores 27 maio 2009

En Xeral | 5 Comentarios | Permalink

Approbo

Envíame un amigo este enlace que aínda non teño testeado, pero si é certa a información que aparece na páxina permetenos contrastar a orixinalidade dos contidos daqueles documentos de texto que estiveran publicados na rede, un problema para os/as plaxiadores/as profesionais, como o alumnado e o profesorado, ou "intertextualizadores/as" pseudoprofesionais como Ana Rosa Quintana. Internet é o demo.

martes 26 maio 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Levi van Veluw

Levi van Veluw é un artista holandes que utiliza a súa faciana como soporte das creacións que realiza. O resultado son uns autorretratos impactantes.
Ver galería 

luns 25 maio 2009

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Drums

Link: Drums!


Sen palabras

domingo 24 maio 2009

En Curiosidades | 4 Comentarios | Permalink

Claire Diterzi

Claire Diterzi é unha atípica compositora francesa, entre os seus traballos destacan a BSO de "Requiem por Billy el niño" e a música para a obra "Iku", o seu último album "Tableau de Chasse" está inspirado en pinturas e esculturas que teñen como protagonista á muller vista dende a perspectiva do amor e da sensualidade. Posúe unha extraña beleza.

sabado 23 maio 2009

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Interacción

Multitouch Barcelona unha maneira creativa de ver a comunicación que se establece entre a xente e as tecnoloxías dende o arcaicismo do noso pensamento. Miña avóa daría unha explicación moi semellante á do vídeo, e seguramente ningún de nós podería ampliar esta información. Somos simples consumidores. Fantástico.    

xoves 21 maio 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

A soidade dos números primos

De sempre lles tiven respecto aos físicos, estou convencido de que existe unha codificación xenética responsable da arquitectura intelectual de cada un de nós, e si se pode falar da existencia de patróns cognitivos para estructurar o coñecemento, seguro que atoparíamos unha configuración particular para os teóricos da física, e tamén algúns enxeñeiros, caracterizada pola hiperracionalización e a metodoloxía positivista coa que enfocan cada un dos seus plantexamentos, algo que as veces raia coa patoloxía e que os fai pouco funcionais no manexo das emocións, pero que impresiona á xente de a pé, coma min, pola aparente inaccesibilidade intelectual  aos seus elaborados códigos de pensamento. Pois atopei unha excepción á miña hipotese de sufrimento de cegueira emocional do colectivo, seguro que haberá mais, Paolo Giordano, un Físico de 29 anos que se estrenou na narrativa con esta novela, aparentemente sinxela, na que vai facendo cortes transversais á vida dos protagonistas, trenzando os seus desordes conductuais cunha boa historia de desamor que resulta ser unha excelente metáfora da soidade dos números primos. Recomendable.     

mércores 20 maio 2009

En Literatura | 1 comentario | Permalink

Química

Excelente curta de animación de Christopher Hendryx nel ilustra con humor e de xeito moi didáctico as consecuencias das "relacións químicas" entre o oxixeno e outros elementos da táboa periódica. H2O é insuperable.

martes 19 maio 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Simon Schubert

Simon Schubert consegue darlle unha volta de tuerca mais ao arte do origami, os seus traballos sobre papel, debuxando mediante pregado perspectivas complexas en cadros de dimensións de 1x0.75, son  alucinantes.
Ver galería   

martes 19 maio 2009

En Arte | 3 Comentarios | Permalink

Chau


Te dejo con tu vida
tu trabajo
tu gente
con tus puestas de sol
y tus amaneceres.

Sembrando tu confianza
te dejo junto al mundo
derrotando imposibles
segura sin seguro.

Te dejo frente al mar
descifrándote sola
sin mi pregunta a ciegas
sin mi respuesta rota.

[ Máis ]

luns 18 maio 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Sala de espera

"Sala de espera" é a opera prima de Tikara Otomo, un médico e veciño que, aínda que non coñezo persoalmente, teño escoitado falar del como se fose un mago obrador de miragres terapéuticos que o alonxan da ortodoxia da menciña tradicional. Xa digo que non podo dar fe do punto hipocrático da súa práctica médica, pero como escritor resulta excepcional, un libro cuidadísimo xa dende a súa apariencia externa cunha estética elegante e minimalista que parece predispor a unha lectura sosegada deixándote levar polos particulares ritmos narrativos que posúen os orientais. Un libro precioso. 

xoves 14 maio 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Cómo falar?

Foise un tipo que me acompaña dende hai 30 anos, un músico que foi construíndo unha boa parte da banda sonora da miña vida. Non son nada mitómano, pero teño esa tristura que emerxe dos recordos e do respecto polo irrepetible.
 

martes 12 maio 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Stride


Os publicistas arxentinos están noutro nivel. Ou non? 

domingo 10 maio 2009

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Explotación infantil


ECPAT : Luttons contre la cyber pornographie enfantine
A organización ECPAT denuncia a responsabilidade dos últimos "consumidores" de pornografía infantil na explotación sexual dos menores con dous vídeos impactantes.

sabado 09 maio 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Yael Naim

Deixo outra recomendación acústica para a fin de semana, Yael Naim, unha cantautora nada en Paris pero que pasou a maior parte da súa xuventude en Ramat Hacharon, un pequeno barrio de Tel Aviv. Posúe unha de esas voces que cautivan pola súa dozura.

venres 08 maio 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Shinichi Maruyama

Shinichi Maruyama fotógrafo xaponés que crea composicións utilizando auga coloreada para debuxar figuras no espacio e capturalas nun fotograma, o movemento e a plasticidade que consegue nas imaxes son fascinantes.

xoves 07 maio 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Maman je táime


Xa sei que chega con un pouco de retraso pero non puiden roubarlle antes esta fabulosa curta de animación a primeros pinitos, as nais son así, profesan cos/coas fillos/fillas unha relación de amor autista que chega a resultar perversa. Fantástico. Boa resaca do día da nai.

luns 04 maio 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Hey Jude


A masa ten vida propia, algúns publicistas comezan a utilizar a potencia dos grupos humanos para vender os seus productos, crean manifestacións aparentemente expontáneas que resultan catárticas e que posúen unha forza inconmensurable, con un mínimo de organización e unha pequena dose de creatividade, a asociación da imaxe de marca a estes happenings multitudinarios consegue un impacto alucinante. No vídeo T-Mobile puxo a cantar "Hey Jude" a mais de 13.000 persoas reunidas o pasado 30 de abril en Trafalagar Square. Vótase de menos un subtitulado tipo Karaoke para unirse virtualmente á festa.

domingo 03 maio 2009

En Curiosidades | 3 Comentarios | Permalink

La lámpara de Aladino

Dende "Un viejo que leía novelas de amor" quedeime prendado de Luis Sepúlveda, un Indiana Jones da literatura que invirte cada minuto da súa vida en construir historias, os seus relatos son investigacións antropolóxicas das emocións, refirense a realidades fronteirizas coa máxia descritas dende unha perspectiva optimista da vida. Sepulveda, sen perder seu compromiso zurdo, rescata do silencio a persoaxes singulares coa maestría deses contacontos que son capaces de enfeitizar as narracións para trasladarnos lonxe, moi lonxe.
Un libro excelente para a fin de semana.

P.S. Entre a relación das obras que figuran na tapa non vexo Hot line, unha mini novela "negra" que me encantou. 

venres 01 maio 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Band of Horses

No post anterior soaba como banda sonora do vídeo de Danny MacAskill "The Funeral", tema dos Band of Horses, un grupo de Seatle que, pese a estar identificado no Indie, desenvolven unha música chea de matices que a min lembrame aos míticos Supertramp. Uns tipos que pasaron de ser teloneiros de Iron & Wine a ocupar lugares privilexiados nas listas de éxitos americanas. A voz de Ben Bridwell é extraordinaria. Boa e longa fin de semana.

xoves 30 abril 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Masa crític@s


Mañá non poderei estar na concentración da masa crítica de Lugo. Deixo unha pequena homenaxe para quen teña dúbidas de que a bici forma parte da codificación xenética dos humáns.
Tódolos últimos xoves do mes ás 20.15 diante do concello.  

mércores 29 abril 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Philippe Decouflé

A compañia de danza Philippe Decouflé desenvolve unhas coreografías excepcionais misturando sombras e vídeos con ballet contemporáneo. A formación de este bailarín, vencellada ao circo e caracterizada pola multidisciplinariedade, fai que os seus espectáculos se desmarquen dos convencionalismos da danza para ofrecer unhas producións máxicas.

martes 28 abril 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Quattrocento

"Quattrocento" é o segundo libro que lle leo a Susana Fortes, antes foi "Querido Corto Maltés", unha novela que me recomendara unha internauta moito mais nova ca mín, eso dixo porque nunca cheguei a coñecela, coa que mantiña unha relación de "chateo" cando as novas tecnoloxías puxeron de moda as conversacións virtuais. Lémbrome porque os dous libros recollen algo parecido a un complexo de Electra sen resolver, no que se recoñecía a miña interlocutora, como unha influenza vehemente que algúns homes en idade provecta exercen sobre algunhas mulleres novas. Se teño que elixir quédome con Corto Maltés, tal vez pola miña querencia ao personaxe de Hugo Pratt, ou porque resultou ser unha novela moito menos pesada que este último tocho mistura de historia e intriga ao que lle sobran un montón de páxinas e lle falta coherencia narrativa. Non se pode decir que Susana Fortes escriba mal, mais ben todo o contrario, escribe tan ben que chega a resultar empalagosa, en especial na descriptividade paixasística coa que se prodiga en Quattrocento, seguramente a conxura contra os Medicis deu uns extraordinarios relatos periodísticos, pero encher 350 páxinas con este episodio, aderezandoo cunha insulsa historia de becaria universitaria, resulta excesivo ata para unha boa escritora. Frouxo. 

luns 27 abril 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Creatividade vs escola


Charla maxistral de Sir Ker Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta para o desenvolvemento intelectual, a escola está a perpetuar patróns de aprendizaxe devastadores para a humanidade. Este gurú da comunicación aborda con sentido do humor a necesidade de reestructurar os modelos de ensinanza centrados no desenvolvemento da metade esquerda do noso cerebro. Brillante.  
Web de Gillian Lynne 
Visto en A desgana

domingo 26 abril 2009

En Educación | 1 comentario | Permalink

Kafu Banton

Vivo en el gueto é un pequeno xesto de complicidade co meu fillo maior, un enganchado ao Rap/Regae, e a outras músicas infumables que me descontextualizan sen remedio, a idade fai estragos nos meus oídos, nunca imaxinei rexeitar nada que tivera relación coa música, pero o hip hop, o reguetón, e outros "estilos" contemporáneos, me destrozan os timpanos e o cerebro, letras cunha poderosa capacidade de converterse en himnos hordálicos da mocidade pese a estaren cargadas de mensaxes violentos e sexistas, soando sobre melodías amparadas nas reminiscencias de deidades como Bob Marley, no seu loock e nese ritmillo rasta que impregna de poderío calquera bazofia. Nun intento confraternizador voume achegando a él a trompicóns, e cargo no mp3 as suxestións que me fai para ir educando o oído mentras vou correr, estou na lección 1: Little pepe, Kafu Banton...Teño que recoñecer certa melloría na carreira.

sabado 25 abril 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Joan Charmant

Nas últimas datas atopei algúns tesouros relacionados co "retoque" fotográfico (post 1 - post 2), o que ata fai pouco era considerado como un arte menor, estase a converter nunha ferramenta poderosísima do deseño gráfico e da fotografía, artistas como Joan Charmant desenvolven traballos absolutamente alucinantes. Na súa web recolle o Making of  das obras, merece a pena votarlle unha ollada. 

mércores 22 abril 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink