O pantasma do subxectivo

O seminario de Lugo aleitou como unha loba a unha xeración de homes indomables, nenos rescatados das aldeas, moitos vivindo en ambientes economicamente deprimidos, que pasaron os filtros da igrexa para ser seleccionados pola súa brillantez intelectual ou por ter descuberto neles un especial talento innato. Son homes de vidas heteroxéneas que renegaron do hábito e que militan ideoloxicamente a cabalo entre o socialismo e as potentes conviccións relixiosas que foron gravadas para sempre no seus miolos a sangue e lume, unha cuadrilla de gárgolas esculpidas polo clero coa finalidade de perpetuar e dar consistencia ao seu patrimonio cultural e que unha a unha foron desertando desa perversa vontade para voar libres. Entre os seus valores destaca a amizade, un vínculo de complicidade que sobrevive ao tempo nun recuncho segredo das súas ánimas e que os irmandou para sempre. Eu vou coñecéndoos a través do meu amigo Óscar, o último foi Modesto Trigo Trigo, un autodidacta da arte que se colou no Olimpo dos deuses da pintura pola porta traseira, un desafío da súa portentosa aptitude á formación académica das facultades de belas artes que non deixa lugar á dúbida, das súas xigantescas mans de labrego xurde un talento maxistral, un pintor que rexeita o hiperrealismo como método pero que consegue nas súas obras unha falacia perceptiva na luz e nos detalles que lles fai adquirir unha precisión case fotográfica, hai que achegarse ao lenzo para apreciar a “imperfección” milimétrica dos seus trazos, sinxelamente máxico. No seu estudio, xogando a converter a pintura en palabra faloume do pantasma do subxectivo, un efecto que personaliza a percepción das obras cargándoas coas emocións de quen as observa, con evocacións do noso pasado pero tamén do noso presente porque en cada mirada se reconstrúe un cadro. Amen.

sabado 28 febreiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Rex Whistler

Debuxante inglés falecido en 1944 que destacou pola súa especial técnica como ilustrador ao conseguer figuras ambiguas que posúen distinto significado en función do lado do que se miren.
Ver galería.

xoves 26 febreiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Loewe


Unha curiosa e simpática campaña de Loewe que utiliza a Canción dos escravos, da ópera Nabuco de Verdi, para exemplificar o realismo que conseguen manipulando os controis dos seus aparatos de imaxe e son. Os creativos son Scholz & Friends.

martes 24 febreiro 2009

En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

Pegada ecolóxica

Cuestionario de Educalia para facer o cálculo da nosa pegada ecolóxica. O obxectivo e concienciar sobre os límites dos recursos naturais e promover a sostenibilidade.
Reducir, reutilizar e reciclar.
Aforrar no consumo
Xenerar o menor número posible de residuos
Outra páxina para facer o cáculo "footprint"

martes 24 febreiro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

Focking Brothers

Os fabulosos cubatas son un grupo de n=2 que fan Kutre Luxe galego con grasia salseroreivindicativa. Un espectáculo de cabaret irreverente para o século XXXI altamente recomendable.
Hoxe, día 21 ás 23.30, estarán en Lugo na sala babel.
Exemplos:
Achiliput e Que é o que pasa por Muxía

sabado 21 febreiro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ganchillo

No día dos Santos Inocentes deixaba este incrible post de Carol Hummel sobre arte urbana , aínda que o parecera, non era unha coña, hoxe atopei un punto mais de sofistificación artística no traballo de Joana Vasconcelos, unha escultora portuguesa que fai dos obxectos domésticos a materia prima da súa arte, provocando unha descontextualización do cotidiano que resulta sorpredente. A pretensión é provocar a relfexión respecto da figura femenina no mundo masculino, a perda de valores frente ao consumismo... Ver peças.

xoves 19 febreiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Phil Borges

Phil Borges, un fotógrafo centrado no retrato de diferentes etnias que vai deixando poderosas imaxes de tribus a piques de extinguirse. No ano 1998 documentou graficamente o traballo Enduring Spirit, encargado por Amnistía Internacional, no que mostra fotografias de pobos indíxenas de África, Asia, Latinoamérica e de América do Norte. No 2000 fixo "The gift" recollendo o traballo de médicos ciruxáns que operaron gratuitamente a nenos e nenas de paises subdesenvolvidos.

martes 17 febreiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

650 millóns de anos


Simulación que mostra en pouco mais de un minuto a evolución do planeta terra dende hai 400 millóns de anos, coa formación do Pangea na era Paleozoica, ata unha hipotética refundición continental que tería lugar dentro de 250 millóns de anos.  

luns 16 febreiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Anne Sophie Mutter

Anne Sophie Mutter comezou a tocar o violín cando tiña 5 anos, hoxe está considerada unha das mellores interpretes do mundo deste instrumento, aínda que a súa especialidade é a música contemporánea, estilo que a min segueseme atragantando, rescato este pequeno fragmento da Cadenza de Beethoven / 3º movemento no que fai un derroche de virtuosismo absolutamente maxistral.

domingo 15 febreiro 2009

En Música | 1 comentario | Permalink

Over time


Overtime by Supinfocom: Jim Henson Trib.

Preciosa curta realizada na escola de animación francesa Supinfocom como tributo a Jim Henson, un dos mais importantes artistas de marionetas falecido no ano 1990, Henson foi o creador dos Teleñecos, os Fraggle e das Tartarugas Ninja ademais de dirixir e producir varias películas coas súas marionetas como protagonistas. O vídeo xa ten o seu tempo pero merece a pena. 

sabado 14 febreiro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

A Cincenta que non quería comer perdices

"Érase unhas mulleres que non estaban soas e unhas perdices que voaban perdices..."
"La Cenicienta que no quería comer perdices" É un conto extraordinario encargado polo "Grupo de mulleres contra os malos tratos de Horta" as súas autoras son Myriam Cameros Sierra (Ilustradora) e Nunila López Salamero (Vive do conto). O resultado é un libriño precioso que entrará en imprenta mañá 14 de febreiro e que estará dispoñible nas librería a primeiros de marzo.

venres 13 febreiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Oren Lavie

Oren Lavie é un polifacético artista israelí, cantante, compositor, dramaturgo e director teatral. Este tipo andivo merodeando polos entornos neoyorkinos ata nutrirse da suficiente experiencia para sacar o seu primeiro album "The opposite side of the sea" , producido integramente por el mesmo, e do que destaca un videoclip promocional do tema "Her morning ellegance", que chegou a sobrepasar os dous millóns de visitas na web. A súa música resulta agradable, exenta de florituras, cunha voz que lembra a Chris Rea, sobre un fondo de guitarra ou piano e arreglos de corda, poderá gustar mais ou menos pero o vídeo é moi bo.

xoves 12 febreiro 2009

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Presto


Retomando o vello estilo dos debuxos animados da Warner, incluíndo a banda sonora, a superfactoría Pixar volve a sorprendernos con Presto. Xenial.

mércores 11 febreiro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Paul Auster

Estreneime con Paul Auster coa súa última obra "Un hombre en la oscuridad", sentía que estaba a cometer unha especie de sacrilexio ao ter obviado a un autor de culto como él, despois de lelo teño unha sensación extraña, o texto é impecable, unha colección de historias, algunha delas excepcional, ás que lles falla fío argumental, por separado podían construir un libro de relatos expléndio ao estilo de  Quim Monzó: "El porqué de las cosas" ou  "Ochenta y seis cuentos" por poñer dous exemplos. Pero esta obra carece de pegada, non chega a satisfacer as expectativas dos que están a ler a un presunto premio novel de literatura. Acepto o seu particular estilo laberíntico de historias contidas noutras historias, e disfrutei coa mistura do onírico e o real co que xoga na novela, pero coño, esto non é literatura de alta calidade nin polo forro. En fin, quedo á espera da vosa opinión e de novas suxestións para reconciliarme con este mítico autor.

mércores 11 febreiro 2009

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

Wallpapers

Fondos de pantalla para a promoción do desenvolvemento sostible de Expok. Si estades fart@s de ver a imaxe do voso escritorio aquí tedes unha alternativa. 

martes 10 febreiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Xeografía

Un xogo para poñer a proba os vosos coñecementos sobre o mapa político mundial. Eu quedeime no nivel 5.  

domingo 08 febreiro 2009

En Xogos | 1 comentario | Permalink

Angus & Julia Stone

Tapa de acústica para a fin de semana.  Angus e Julia Stone dous irmáns australianos que fan unha música sinxela na que a maior parte dos temas aséntanse na voz adolescente de Julia. O seu album "A book like this" reune pequenas xoias melódicas que resultan perfectas como banda sonora para navegar unha tarde de inverno.

sabado 07 febreiro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Chema Madoz

Chema Madoz, un fotógrafo que descube realidades ocultas nos obxectos e nas formas creando composicións suxetivas e xogando coas imaxes para crear novos significados. Fantástico.
Ver portafolio.

sabado 07 febreiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

The times, they are changing?


"Refresh Everything" unha campaña de Pepsi na que a banda sonora "Forever young" de Bob Dylan é adoptada por will i am (o artífice do Yes we can), para facer un repaso das cousas que permanecen inamovibles na súa esencia pese as diferentes perspectivas xeneracionais, o vídeo vai recreando os contrastes culturais do que segue a ser mais do mesmo. A historia ten o puñetero vicio de repetirse. 

xoves 05 febreiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

O chicharo máxico

"El guisante mágico" son un grupo catalán que fai unha música descrita como "Surf - Folk - Glam"  unha extraña combinación que a min resultoume atractiva. Aí queda o vídeo do tema Beautiful.
 

martes 03 febreiro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Sabor a Chocolate

Un libro froito desas sorpresas que che dan @s amig@s, noite de treboada, luz de velas nunha mesa do 56, cervexa, viño, tertulia e o agasallo dunha novela. Non sei moi ben canto pode influir este protocolo na adhesión á lectura pero esta obra de José Carlos Carmona deixa sabor a chocolate, unha historia real contada coa maxia que posúen os contos. Lembroume Seda.

domingo 01 febreiro 2009

En Literatura | 1 comentario | Permalink

Simulador Tren

Eurostar Driver é un simulador do tren de alta velocidade. O xogo consiste en levalo de xeito que chegue no horario previsto, con confortabilidade e sen rebasar os límites de velocidade. Primeiro hai que subir o pantógrafo, quitar os frenos e incrementar axeitadamente a aceleración.  Non é doado.

venres 30 xaneiro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

MSCL I

Esta noite a masacrítica de Lugo cumpre un ano. Como todos os últimos xoves do mes, quedamos ás 20.15 diante do concello para reivindicar á bicicleta como medio de transporte urbano, limpo e saudable fronte á masificación e contaminación orixinada polos coches na nosa cidade. 
"Usa a bici a diario e celébrao unha vez ao mes".

xoves 29 xaneiro 2009

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

Leme os beizos

Atopei algúns dos traballos do concurso de vídeo "leeme los labios" organizado por LEA e o Ministerio de Cultura para o fomento da lectura. A simplicidade dos vídeos de Pablo Olmos, aínda que é un pouco siniestra, resulta atractiva.

   

mércores 28 xaneiro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

O asasinato da profesora de lingua

Tiña oído falar moi ben de este libriño, e non defrauda, unha novela xuvenil de Jordi Sierra i Fabra chea de xogos de palabras e cábalas que a fan tremendamente divertida. Calambures: "Yo lo coloco y ella lo quita" "Yo loco, loco, y ella, loquita"; Pallíndromos: "Nota épica: nací peatón"; Tautogramas, bifrontes, pangramas... Todo un catálogo de divertimentos lingüísticos para saborear os placeres da escritura e descubrir os seus segredos dentro dunha trama detectivesca que forzosamente ten que enganchar ás/aos lectoras/es mais novas/os. Recomendada a partires dos 12 anos.   

luns 26 xaneiro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Moleskine

O Moleskine é un block de notas que algunha xente vencellada ao arte utiliza para ir recollendo porcións da realidade nunha memoria gráfica que soamente está ao alcance dos que posuen ese especial talento para o debuxo, teño un compañeiro de traballo que consegue ilustrar a súa vida neste formato, vai construíndo pequenas obras de arte que dan consistencia cronolóxica en imaxes a toda a súa existencia, un tipo singular ao que envexo profundamente.
Fabio Laschi é outro destes debuxantes de Moleskine que fai cousas como estas.

domingo 25 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Trace Bundy

Trace Bundy é un guitarrista que desenvolve un particular estilo, o fingertapping, unha técnica mais propia da eléctrica que este músico executa, coa acústica e a duas mans, dunha forma maxistral. O seu virtuosismo fixo que se lle coñecera co alcume "Acoustic Ninja", unha horterada yankee como outra calquera.

sabado 24 xaneiro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

El chino

No Nadal lin "El Chino" a última obra de Henning Mankell, unha excelente novela negra que aparquei a falla de 50 páxinas do final como fago cos libros que me molesta rematar. A escritura de Mankell é maxistral, na actualidade tal vez sexa o escritor de mais solvencia literaria neste xénero. As doses de intriga e suspense que consegue imprimir nos seus textos capturan a atención irremediablemente ata o punto de non poder deixar a lectura. Ademais lembroume a miña adolescencia "maoista", un momento da miña vida no que flirteaba coas xuventudes do PTE na Xove Garda Roxa, daquela o catecismo incondicional da miña mesilla de noite era o "Libro Roxo" de Mao, tempos nos que a revolución hormonal e política confluían en min e, de xeito xeral, na mocidade de mediados dos 70. Pero como di Ho "A verdade nunca é simple, só os occidentais creemos que o saber é algo que pode adquirirse con lixeireza e rapidez. Leva o seu tempo. A verdade non ten presa.

venres 23 xaneiro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

A historia das cousas


The story of stuff é un video didáctico sobre a sostenibilidade realizado por Annie Leonard, absolutamente imprescindible, 20 minutos que deberían de ser de obrigada visualización nas escolas.
The story of stuff

venres 23 xaneiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Mascotas


Nas datas de Nadal é moi frecuente regalar mascotas, cans, gatos...seres vivos que precisan de coidado, atención e dunha importante implicación de quen decide acollelos nas súas casas, a falla de responsabilidade cos animais é unha neglixencia moi grave que moita xente é incapaz de anticipar. Dende mediados de xaneiro é frecuente atopalos abandonados na rúa nun estado de deterioro irreversible. a Fundación Altarriba desenvolve unha campaña de sensibilización co lema: "Cada ano son abandonados centos de cans porque os seus donos cansáronse de xogar con eles.Un can non é un xoguete"
 

xoves 22 xaneiro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink