Simulador Tren

Eurostar Driver é un simulador do tren de alta velocidade. O xogo consiste en levalo de xeito que chegue no horario previsto, con confortabilidade e sen rebasar os límites de velocidade. Primeiro hai que subir o pantógrafo, quitar os frenos e incrementar axeitadamente a aceleración.  Non é doado.

venres 30 xaneiro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

MSCL I

Esta noite a masacrítica de Lugo cumpre un ano. Como todos os últimos xoves do mes, quedamos ás 20.15 diante do concello para reivindicar á bicicleta como medio de transporte urbano, limpo e saudable fronte á masificación e contaminación orixinada polos coches na nosa cidade. 
"Usa a bici a diario e celébrao unha vez ao mes".

xoves 29 xaneiro 2009

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

Leme os beizos

Atopei algúns dos traballos do concurso de vídeo "leeme los labios" organizado por LEA e o Ministerio de Cultura para o fomento da lectura. A simplicidade dos vídeos de Pablo Olmos, aínda que é un pouco siniestra, resulta atractiva.

   

mércores 28 xaneiro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

O asasinato da profesora de lingua

Tiña oído falar moi ben de este libriño, e non defrauda, unha novela xuvenil de Jordi Sierra i Fabra chea de xogos de palabras e cábalas que a fan tremendamente divertida. Calambures: "Yo lo coloco y ella lo quita" "Yo loco, loco, y ella, loquita"; Pallíndromos: "Nota épica: nací peatón"; Tautogramas, bifrontes, pangramas... Todo un catálogo de divertimentos lingüísticos para saborear os placeres da escritura e descubrir os seus segredos dentro dunha trama detectivesca que forzosamente ten que enganchar ás/aos lectoras/es mais novas/os. Recomendada a partires dos 12 anos.   

luns 26 xaneiro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Moleskine

O Moleskine é un block de notas que algunha xente vencellada ao arte utiliza para ir recollendo porcións da realidade nunha memoria gráfica que soamente está ao alcance dos que posuen ese especial talento para o debuxo, teño un compañeiro de traballo que consegue ilustrar a súa vida neste formato, vai construíndo pequenas obras de arte que dan consistencia cronolóxica en imaxes a toda a súa existencia, un tipo singular ao que envexo profundamente.
Fabio Laschi é outro destes debuxantes de Moleskine que fai cousas como estas.

domingo 25 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Trace Bundy

Trace Bundy é un guitarrista que desenvolve un particular estilo, o fingertapping, unha técnica mais propia da eléctrica que este músico executa, coa acústica e a duas mans, dunha forma maxistral. O seu virtuosismo fixo que se lle coñecera co alcume "Acoustic Ninja", unha horterada yankee como outra calquera.

sabado 24 xaneiro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

El chino

No Nadal lin "El Chino" a última obra de Henning Mankell, unha excelente novela negra que aparquei a falla de 50 páxinas do final como fago cos libros que me molesta rematar. A escritura de Mankell é maxistral, na actualidade tal vez sexa o escritor de mais solvencia literaria neste xénero. As doses de intriga e suspense que consegue imprimir nos seus textos capturan a atención irremediablemente ata o punto de non poder deixar a lectura. Ademais lembroume a miña adolescencia "maoista", un momento da miña vida no que flirteaba coas xuventudes do PTE na Xove Garda Roxa, daquela o catecismo incondicional da miña mesilla de noite era o "Libro Roxo" de Mao, tempos nos que a revolución hormonal e política confluían en min e, de xeito xeral, na mocidade de mediados dos 70. Pero como di Ho "A verdade nunca é simple, só os occidentais creemos que o saber é algo que pode adquirirse con lixeireza e rapidez. Leva o seu tempo. A verdade non ten presa.

venres 23 xaneiro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

A historia das cousas


The story of stuff é un video didáctico sobre a sostenibilidade realizado por Annie Leonard, absolutamente imprescindible, 20 minutos que deberían de ser de obrigada visualización nas escolas.
The story of stuff

venres 23 xaneiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Mascotas


Nas datas de Nadal é moi frecuente regalar mascotas, cans, gatos...seres vivos que precisan de coidado, atención e dunha importante implicación de quen decide acollelos nas súas casas, a falla de responsabilidade cos animais é unha neglixencia moi grave que moita xente é incapaz de anticipar. Dende mediados de xaneiro é frecuente atopalos abandonados na rúa nun estado de deterioro irreversible. a Fundación Altarriba desenvolve unha campaña de sensibilización co lema: "Cada ano son abandonados centos de cans porque os seus donos cansáronse de xogar con eles.Un can non é un xoguete"
 

xoves 22 xaneiro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Bonecas

Marina Bychkova é unha escultora rusa especializada en bonecas de porcelana, as súas figuras articuladas posúen un encanto siniestro, unha mistura de beleza e fraxilidade que desborda sensualidade e ao mesmo tempo produce certo desacougo pola humanidade que conseguen nas súas poses. Pequenas obras de arte que merecen unha ollada.
Ver vídeo

mércores 21 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Fama


Campaña de T-Mobile na estación de Liverpool en Londres. Un happening que fai sorrir.
"A vida é para compartila" 

martes 20 xaneiro 2009

En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

Pieke Bergmans

Pieke Bergmans é unha xove deseñadora holandesa que produce cousas únicas. A súa filosofía consiste en que "non existen dúas persoas iguais, como tampocuo hai dous pelos idénticos nos cabelos que medran na cabeza. Lamento que os nosos productos non foran un poco isto". A súa intención e intervir na fabricación en serie para controlar a produción imperfecta, para crear obxectos mais interesantes e persoais en definitiva, reivindicar para a industria a "imperfección" do traballo artesán.

luns 19 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Hayan Maani

Hayan Maani é un artista multidisciplinar xordano, a súa obra abrangue pintura, deseño de xoias, xoguetes, publicidade...
Os traballos de denuncia pola agresión Israelita a Palestina e as intervencións de Estados Unidos no Oriente Medio son excepcionais. 

"Stop á guerra contra os nen@s de Gaza"  

domingo 18 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Chris Gilmour

Chris Gilmour é un artista inglés que constrúe obxectos de un realismo sorprendente. As obras son maquetas a escala realizadas cunha meticulosidade asombrosa tendo en conta que o material utilizado é unicamente cartón, os esambles están feitos con cola, sen axuda de estructuras metálicas ou outros soportes. 
Ver Galería

sabado 17 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Coldplay


Un clásico para a fin de semana, o acústico do tema "The scientist" de Coldplay. Seguen a ser un dos meus grupos de culto.
 

venres 16 xaneiro 2009

En Música | 5 Comentarios | Permalink

Red Bull

Independentemente da rumoroloxía en torno as maldades do Red Bull, brebaxe que non teño probado aínda, a creatividade das esculturas feitas coas latas da marca queda fora de calquera dúbida.   

Red Bull Art of Can.  

venres 16 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Homeless


Pódelle ocorrer a calquera.
Campaña da National Coalition for the Homeless para sensibilizar respecto da situación de moitos homes e mulleres que carecen de fogar.

xoves 15 xaneiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Creative



Fabulosa presentación da suite de adobe creative. Click na imaxe.
Acceso ao portfolio para ver o que se pode facer co seu sotware

mércores 14 xaneiro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Agim Sulaj

Agim Sulaj é un pintor Albanés que, ademais da excelente destreza co lápis, desborda un inxenio inusual en cada obra, as súas viñetas de denuncia son para disfrutalas con calma. Costoume moito traballo escoller unha para o post.
Ver Galería
.   

luns 12 xaneiro 2009

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Wingsuit


Xa hai algún tempo enviaronme un enlace a un vídeo semellante no que un home sobrevoaba unha estación de esquí  con esta especie de disfraz de anduriña, pensei que aquelo era unha montaxe pero parece que non, voar está de moda. Wingsuit.

luns 12 xaneiro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Alfabeto

Primeros pinitos acaba de "casi" rematar o seu abecedario, absolutamente recomendable, os que seguimos a súas pegadas creativas, xogamos a atopar os segredos que se agochan en cada ilustación. Un traballo de luxo que merece unha edición impresa. No seu último post deixa enlaces a páxinas de xente que tivo unha idea semellante e foi construindo as súas particulares grafías. Xeniais.
ABC3D
Type the sky
Alfabeto urbano

domingo 11 xaneiro 2009

En Arte | 1 comentario | Permalink

En tus brazos

"En tus brazos" unha curta de animación deliciosa de amor e tango.



sabado 10 xaneiro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Rune Guneriussen

Rune Guneriussen é un fotógrafo noruego que fai composicións paradóxicas nas que combina natureza e artificialidade, algunhas son excelentes.
Ver Galería 

venres 09 xaneiro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Israel


                       Boicot aos productos de Israel.

mércores 07 xaneiro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

21 diferenzas


En Inglaterra están a desenvolver unha campaña de sensibilización respecto aos problemas de atención ao volante xa que motivan un importante número de acccidentes mortais de ciclistas. Na páxina "do the test" recóllense vídeos que poñen a proba a nosa capacidade atencional. As bicicletas son equiparables a estímulos secundarios nas vías urbanas, unha deficiencia no procesamento da información que pode resultar mortal.
Ollade o vídeo e descubride as 21 diferenzas. 

mércores 07 xaneiro 2009

En Test | Sen comentarios | Permalink

Reis


"Para algúns o Nadal nunca é alegre".
Caixas de cartón que denuncian a situación de marxinalidade na que viven algúns nenos. 

sabado 03 xaneiro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VII

Seguramente non é tan impactante como Mr Angry and Mrs Calm, pero está na mesma líña. É necesario tomar unha distancia da pantalla de aproximadamente 5 metros e Einstein transmuta a Marilyn. O que son as cousas da percepción.

venres 02 xaneiro 2009

En Curiosidades | 3 Comentarios | Permalink

JamLegend

JamLegend é un xogo online gratuíto baseado no, xa mítico, Guitar Hero. Non ten o mesmo poder adictivo pero recoméndovos unha partidiña para que comprobedes as vosas capacidades rítmicas e de velocidade de dixitación.

xoves 01 xaneiro 2009

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Jan Von Holleben

Jan Von Holleben fai fotografías cenitais xogando coas imaxes de xeito que leva obxectos tridimensionais ao plano para alí conseguir unha ilusión óptica de perspectiva, algunhas das composicións son fantásticas.
Ver Portafolio 

mércores 31 decembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Forzas armadas

 Test online das forzas armadas suecas para valorar a capacidade intelectual dos aspirantes a oficiais do exército. Está en inglés pero entendese bastante ben. É necesario ter conectados os altavoces para escoitar as instrucións que están gravadas con son binaural producindo unha sensación de espazo tridimensional que lle da maior realismo á proba. Gustaríame ver os resultados dos nosos "mandos". 

luns 29 decembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink