Día da SIDA

Hai unhas semanas, adiantándome á conmemoración do día mundial da SIDA, posteaba este mangnífico vídeo de Sidaction, non será doado superalo. Hoxe deixo estoutro da MTV que é dunha dureza semellante á da epidemia que pretende denunciar. Impactante.



MTV Sida
by MentheFraiche

Hai outras campañas que merecen ser salientadas, en especial eu sigo emocionándome coa curtametraxe de Patricia Ferreira "O segredo mellor gardado" / Ver , que xunto con outras pequenas xoias como "Binta e a grande idea", forma parte da película "En el mundo a cada rato."
Unha xornada para a reflexión sobre a incidencia da enfermidade con 25 millóns de mortes e 35 millóns de afectados. A soliedariedade coas poboacións económicamente desfavorecidas: o 70% d@s enferm@s están en África. E para a sensibilización respecto ás medidas preventivas que evitan a transmisión do VIH, fundamentalmente o uso do preservativo.

luns 01 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink