Jan Von Holleben

Jan Von Holleben fai fotografías cenitais xogando coas imaxes de xeito que leva obxectos tridimensionais ao plano para alí conseguir unha ilusión óptica de perspectiva, algunhas das composicións son fantásticas.
Ver Portafolio 

mércores 31 decembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Forzas armadas

 Test online das forzas armadas suecas para valorar a capacidade intelectual dos aspirantes a oficiais do exército. Está en inglés pero entendese bastante ben. É necesario ter conectados os altavoces para escoitar as instrucións que están gravadas con son binaural producindo unha sensación de espazo tridimensional que lle da maior realismo á proba. Gustaríame ver os resultados dos nosos "mandos". 

luns 29 decembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Calceta

A semana pasada Cris deixaba un comentario no post "Scotch" preguntándome pola calceta, pareceume unha idea alucinante poder desenvolver arte urbano con esta técnica e busquei na rede para averiguar se alguén xa tivera esta ocurrencia, atopei á "escultora" Carol Hummel. Bestial.
Ver Portafolio

domingo 28 decembro 2008

En Arte | 1 comentario | Permalink

Baleas


Campaña de Greenpeace contra a caza de baleas no Xapón. 

sabado 27 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Cidade de Deus

"Cidade de Deus" é unha obra mestra do cine que deixara escapar, imperdonable. O meu debut con Fernando Meirelles foi con "El jardinero fiel", xa daquela xureille fidelidade a este director e  prometinme ver cidade de deus, pero foi pasando o tempo e quedou aí aparcada na memoria de asuntos pendentes ata onte.  O filme é brutal, unha amalgama de cine social, negro e de acción que te mete nun relato trepidante cos nenos das fabelas brasileiras como protagonistas. Unha historia de supervivencia baseada en feitos reais que estremece. Absolutamente imprescindible, de videoteca básica.
Espero impaciente "Blindness" , un "ensaio sobre a cegueira" de Saramago dende a óptica de Meirelles.
 

sabado 27 decembro 2008

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Parkour


Extreme - Parkour
Hai uns anos  Ariel Zeitoun e Luc Besson fixeron Yamakasi, unha película que daba a coñecer unha nova forma de aproveitar a particular morfoloxía dos entornos urbanos para o exercicio físico, saías do cine coa necesidade de correr, saltar, trepar... era como despertar unha pulsión innata para a actividade que parecía estar anquilosada ou sublimada. Non sei a influenza que puido ter o filme sobre o desenvolvemento do Parkour, pero esta disciplina, que engloba deporte e filosofía, está a encher as cidades de "Trazadores", unha nova especie de humanos que reivindican ese punto felino que todos levamos dentro.

venres 26 decembro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Hallelujah


Un clásico de Leonard Cohen interpretado polos cantantes noruegos Askil Holm, Espen Lind, Kurt Nilsen e Alejandro Fuentes. Música para Nadal.

xoves 25 decembro 2008

En Música | 2 Comentarios | Permalink

Malvivindo


Tomas falsas capítulo piloto "Malviviendo"   
"Malviviendo" É a primeira serie realizada para a difusión en rede, transgresora e gamberra, observa a realidade dende a perspectiva da marxinalidade. Unha idea brillantísima que desenvolven cunha dignidade e unha calidade incribles, tendo en conta a precariedade de medios coa que parten (o primeiro capítulo 40 euros). Imaxinación en estado puro. Terá unha periodicidade mensual, este é o primeiro capítulo e estoutro o segundo "La cosecha". Sorte. 

mércores 24 decembro 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Bo Nadal



 

martes 23 decembro 2008

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Non o tiro

 "No lo tiro" é unha páxina na que podedes deixar e recoller esas cousas que van gañando e perdendo interese ao longo da vida. A idea é non tirar aquelo que pode ser de utilidade para outros, unha alternativa altruista ao rocho ou ao basureiro. Os anuncios son do mais ecléctico podense atopar dende uns zapatos de flamenco a unha cadeliña. Unha boa idea. 

luns 22 decembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Post-data: Quérote


Non son moi aficionado ao cine rosa, e moito menos ao americano, en xeral abúrreme, os guións son predicibles e os puntos de comicidade resultan patéticos. "Post-data: te quiero" é unha honrosa excepción para os que rexeitamos este xénero, un argumento por momentos conmovedor, que me fixo lembrar "Mi vida sin mi" de Isabel Coixet,  nunha película que ademais ven abalada por un reparto é un banda sonora excelentes. Para os "amantes" da traxicomedia yankee indispensable.
Descargar BSO   

luns 22 decembro 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Que teñamos sorte

Este era o post para celebrar o solsticio de inverno, un grupo de espontáneos na Praza de Verges comeza a ganduxar os acordes de "Que tingem sort" un tema de Lluis Llach que posúe unha poderosa influenza sobre as miñas emocións, é como unha marea interior que remata por facerme saltar ás bagoas, unha canción de amor, de esperanza, de adeus... Que teñamos sorte.

Que teñamos sorte.
Se me dis adeus
quero que o día sexa limpo e claro,
que ningún paxaro
rompa a harmonía do seu canto.

Que teñas sorte
e que atopes
o que che faltou en min.

Se me dis quérote
que o sol faga o día moito máis longo,
e así roubar
tempo ao tempo dun reloxo parado.

Que teñamos sorte,
que atopemos
todo o que nos faltou onte.

E así, toma todo o froito que che poida dar
o camiño que, pouco a pouco, escribes para mañá.
Que mañá faltará o froito de cada paso
por isto a pesar da néboa, hai que camiñar.

Se vés comigo
non pidas un camiño chao
nin estrelas de prata
nin unha mañá chea de promesas,
soamente
un pouco de sorte
e que a vida nos dea un camiño
ben longo.

sabado 20 decembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Scotch

A arte urbana buscando o mais dificil todavía, utilizar cinta adhesiva Scotch para facer esculturas.
Ver galería
.

sabado 20 decembro 2008

En Arte | 4 Comentarios | Permalink

Stand by me


Roubo este post do blog "O cadelo lunático", eu tiña en lista de espera un tema para celebrar o solsticio de inverno, pero este achado é insuperable. Mestizaxe en estado puro sobre o irrepetíbel tema "Stand by me" , estou seguro de que vos emocionará.
Non importa quen sexas, non importa onde vaias na vida, chegados a un punto sempre necesitas a alguén que estea ao teu lado...

xoves 18 decembro 2008

En Música | 1 comentario | Permalink

Julien Vallée

Julien Vallée é un deseñador gráfico canadiense que di pretender construir unha ponte entre o artesanal e o virtual. Os  seus traballos fixéronme lembrar unha época da miña vida onde a vena creativa ocupaba unha boa parte do meu tempo, saídas nocturnas a pintar contenedores coa xente da facultade de Belas Artes en Valencia, ou facer collages imposibles nas paredes dos pisos dos amigos misturando miles de cores recortados de láminas de cartulina. Eran bós tempos para a lírica. 

xoves 18 decembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Samare

Picando sobre a imaxe podedes acceder a unha extraordinaria curta de Nicolaï Troshinsky, visito con frecuencia o seu blog "A best Truth", nel descubrín que está a estudiar na escola francesa de cine de animación "La Poudrière", e que é capaz de facer estas xenialidades. Samare é a obra que presentou ao concurso Court-circuit de Art.tv no que aparecen outros traballos que tamén merecen moito a pena.

mércores 17 decembro 2008

En Cine | 1 comentario | Permalink

Morte dun Blog


A morte dun blog prodúcese pola falla de comentarios.
Moitos visitantes non se dan conta de que os seus comentarios son VITAIS para a supervivencia dun blog. A opinión de cada un/unha de vós conta porque xera novas correntes de pensamento que dan orixe a un coñecemento alternativo da realidade moito mais rico e obxectivo.
Ou non?
Salvar os blogs

martes 16 decembro 2008

En Xeral | 6 Comentarios | Permalink

Claudia Rogge

Claudia Rogge é fotógrafa e performance alemana. O seus traballos baseánse na construción de mosaicos de figuras humanas que posúen unha beleza e unha forza expresiva impactante. A temática está orientada á denuncia social de problemas como a discriminación do feminino, a ditadura das tecnoloxías ou a simboloxía relixiosa. Fascinante.
Ver Galería 

martes 16 decembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Aritmética emocional


Esta fin de semana foi propicia para o vídeo, o mal tempo axuda a acurrucarse no sofá e deixarse capturar pola imaxe. Vín "Munich", unha longametraxe de duas horas e media de duración que se encaixa como si fose unha curta, respecto ao contido, non é de extrañar que o Mossad collera un pequeno rebote con Spielberg por presentar á que tal vez sexa a central de intelixencia mais prestixiosa do mundo, como unha banda de terroristas inxenuos e chapuceiros que vai asasinando selectivamente aos membros de "Septiembre Negro" implicados na masacre de Munich 72, xusto esto é o que resulta mais atractivo da historia. Correcta.
Tamén vin "Aritmética emocional" unha película Canadiense que saira moi amparada pola crítica do Festival de Sanse no 2007, os actores excelentes, a música minimalista perfecta, a fotografía fabulosa e a historia moi atractiva, co que queda demostrado, unha vez mais, que a suma de ovos, patacas, aceite e sal non sempre da lugar a unha boa tortilla. Aburre.
E por último, vin "Atlas de Geografía Humana", vaia xeito mais escandaloso de estragar unha boa novela de Almudena Grandes, que por favor alguén con criterio supervise a rodaxe de "Corazón Helado" cando decidan levala ao cine.

luns 15 decembro 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

11.11.11


"Os/as traballadores/as non son ferramentas". Campaña de 11.11.11 un movemento que une as forzas de 90 organizacións e 375 comités de voluntarios/as comprometidos/as cun obxectivo común: un mundo xusto sen pobreza. A crise non nos trata a todos do mesmo xeito.
 

luns 15 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Ti de que lado estás?


Campaña de Greenpeace

domingo 14 decembro 2008

En Solidariedade | 2 Comentarios | Permalink

A moza que soñaba cun misto e un bidón de gasolina

Segunda entrega da triloxía de "Milenium", novamente fantástica. Stieg Larsson cautiva pese a terse tomado a molestia de adicar 200 páxinas aos incautos lectores que deixaron escapar "LHQNAALM" para poñelos en antecedentes respecto á historia dos prinicipais protagonistas. Nesta novela multiplica as persoaxes e insite nesa meticulosidade descriptiva, que en ocasións resulta obsesiva, cunha técnica literaria que nos bombardea con estímulos en apariencia intrascendentes, pero que conseguen, por un lado, achegarnos dun xeito distinto á realidade dos protagonistas e por outro, facernos perder na irrelevancia das descripcións como si se tratara dun xogo de intriga "Hiichcockniana" que obliga a ler nun estado permanente de alerta e suspicacia. Un deses libros que se devoran en "Terminator mode", lástima que só nos quede "La reina en el palacio de las corrientes de aire ".

sabado 13 decembro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Amy McDonald

Amy McDonald é unha cantante escocesa que aos seus 21 anos, e despois de ter percorridos todos os garitos do seu pais, ofrece unha consistencia nos seus temas increíble, o seu primeiro disco "This is the life", arrasou no mercado inglés con todo merecemento, non se lle pode perder a pista a esta muller. Aí queda como proposta sonora para esta invernal fin de semana.

sabado 13 decembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Adrenalina

venres 12 decembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Muralla accesible


Auxilia Lugo puxo en marcha a campaña "por unha muralla accesible" que pretende recoller sinaturas para dar o empuxón final aos proxectos que poden facer a muralla romana de Lugo accesible para discapacitados e persoas con mobilidade reducida.
"A Muralla de Lugo é Patrimonio da Humanidade. Tamén debe ser patrimonio do colectivo de persoas con mobilidade reducida."
Asinar

Ver reportaxe "barreiras nas cidades"

venres 12 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Galinux

Pois xa temos o Galinux, era hora de que a comunidade dispuxera dun sistema operativo de código aberto como alternativa ao emporio Microsoft, aínda non o teño testeado, fareino coa opción de proba e logo escollerei un dos ordenadores vellos que andan pola casa para co-instalalo, a miña experiencia anterior co Linux foi pouco gratificante, aos problemas para atopar os "drivers" de algúns dos periféricos cos que traballaba, engadíronse as dificultades para desinstalalo, rematei formateando o disco duro. En fin, todo sexa pola filosofía Linux que comparto.
Descargar 

xoves 11 decembro 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

menos é máis



“Pequenas actitudes poden ter grandes consecuencias”
“Controle o seu consumo, conserve o seu planeta"

Bruno Cintra foi o gañador do concurso Talento Click á mellor campaña interactiva de concienciación ambiental con "Controle seu Consumo - Conserve seu Planeta".

xoves 11 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Skaters

 Os meus fillos son aficionados ao "skate", un mundillo que desenvolveu a súa propia cultura, de xeito que quedou moi lonxe aquelo de patinar sobre unha táboa con rodas. Esta abraiante evolución deixanos cousas moi curiosas, como o  "Tech Deck", ou os traballos de creativos que desenvolven deseños especializados no "skateboarding", como Skate Study House. A última novidade e esta exhibición de un colectivo francés chamado skatiens que manexan o patín integramente coas máns. Alucinantes.


Skatiens

mércores 10 decembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Quecemento global

As campañas de marqueting para a sensibilización respecto á problemática do quecemento global do planeta xogan coa imaxinación para polarizar as consecuencias de esta catástrofe ecolóxica. Os resultados son espectaculares.

mércores 10 decembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

José Cendón

O pasado 27 de novembro foi secuestrado en Somalia o fotógrafo José Cendón, un home que tería pasado desapercibido para min de non ser por este lamentable infortunio. Hoxe, facendo "apnea" na rede, atopei algúns dos seus traballos, entre eles ista formidable reportaxe sobre os psiquiátricos de Burundi que foi galardonada co premio World Press Photo no 2007.
A páxina web da Agrupación Fotográfica Alacante Lucentum dedícase á recollida de firmas e mensaxes de solidariedade para José Cendón ata que sexa posto en liberdade. Enlace

luns 08 decembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink