Semana da maxia
Espero novembro coa ilusión dun pequeno. Puntualmente, como cada ano, a maxia coloniza a cidade. Eu son dos que aproveitan as sesións nocturnas do Mesón do Forno para perder o contacto coa realidade e deixarme levar, coa compaña do viño, a través dos intricados misterios dunha psicodélica realidade que vai sendo construída polas verbas e as velocísimas mans dos magos. Respecto ás actuacións de gala, parece que nesta edición a cita estrela será o venres no auditorio co espectáculo "Secrets" do catalán Mag Lari. Para min 9 minutos como os do 2007 serían suficientes.
Un aperitivo exquisito para a Semana de Jazz
Lugo Máxico 2008
mércores 29 outubro 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS