Santy Gutierrez
A internet modificou algúns dos meus patróns de comportamento, entre eles a lectura dos xornais, un feito lamentable porque a prensa escrita é depositaria dun encanto ancestral ao que non se achegan nin de lonxe os diarios web. Hoxe, a información sofre un proceso de filtrado, no que se personalizan as procuras das novas eludindo en certa medida o poder mediático das editoriais, que empaquetan a crónica da realidade en eclécticos titulares que van dende as necrolóxicas ou a sección de sucesos ata as ilustracións de humor, poucos son os que manteñen ese patrón de lectura na prensa en rede. Onte, revolvendo no xornal "El Progreso", volvín a rirme con Santy Gutierrez, un humorista gráfico inmenso, que reconstrue as noticias dende unha perspectiva cómica cunha sagacidade envexable. Ten a súa web, claro, pero... son esas cousas que non mobilizan o interese dos internautas, é raro ter como páxina de inico a de Forges, por poñer un exemplo, ese sorriso diario que regala Santy vótase de menos.
xoves 23 outubro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS