Cumpreanos
Pois iso, que apnea cumpre un aniño. Para festexalo deixo este vídeo de RJD2 que ten unha coreografía urbana que contaxia entusiasmo. Moitas grazas a tod@s polas vosas visitas.
luns 20 outubro 2008
En Xeral | 3 Comentarios | Permalink
Rock on Rock
Bill Dan traballa coa arte do equilibro. Un xeito inédito de facer escultura utilizando pedras con formas imposibles das que é capaz de extraer a forza necesaria para sustentar estruturas caóticas de enorme complexidade. Unha boa metáfora da nosa sociedade, onde as configuracións grupais mantéñense a través dun intricado equilibro vectorial entre os distintos elementos que as conforman, nun sistema realacional que aparenta unha beleza e unha solidez formidable, pero ficticia, porque a fraxilidade é sobrecolledora.
luns 20 outubro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS