Pobreza Farenheit vs Centigrada

Leo en Jessferro que hoxe foi o día da pobreza na blogosfera, unha xornada de sensibilización colectiva para a reflexión sobre un concepto dunha relatividade absoluta, unha variable semellante á temperatura que se move nun continuo de frío / calor respecto a un valor "cero" socialmente pactado e que nin siquera dispón dunha métrica universal. A pobreza entendida como a insatisfacción de necesidades básicas, como a fame, ou pobrezas mais refinadas como a intelectual ou a económica, pobrezas sociais de falla de implicación ou solidariedade. En definitiva, unha concepción multifactorial que resulta insultante cando se descontextualiza. Hoxe, dende un modelo económico consumista, paradigma do estado de benestar, onde partimos dunha pirámide de Maslow coa base das nosas necesidades básicas satisfeitas, falar de crise resulta grotesco. Este sentimento de pobreza Farenheit é un insulto para a pobreza Centigrada. CoMtrastes.   

mércores 15 outubro 2008

En Solidariedade | 2 Comentarios | Permalink