Os homes que non amaban ás mulleres

Rematei esta inmensa novela de Stieg Larsson, escritor e periodista sueco que falleceu sen ver publicada a súa obra, un mais para o listado de xenios víctimas do infortunio de non poder disfrutar das meles do éxito literario, lembro a John Kennedy Toole con "La conjura de los necios" obra que peregrinou de editor en editor ata a súa morte, recollendo posteriormente o testigo a súa nai ata conseguir que alguén lle concedera valor ao escrito, foi premio Pullitzer no 1981. Outro que me ven á memoria e Rodolfo Walsh tamén escritor e periodista, asesinado pola dictadura militar arxentina na "Escuela de Mecánica de la Armada" (ESMA onde funcionou o maior centro clandestino de detención e tortura), Walsh escribiu obras esquisitas de novela policíaca como os tres relatos de "Variaciones en Rojo".
De Larsson herdamos tres manuscritos inéditos de tres novelas que comformarán a triloxía de "Millennium", a primeira "Los hombres que no amaban a las mujeres" deixoume un sabor de boca inmellorable, unha historia cargada de atractivos persoaxes, dos que me quedo co Síndrome de Asperger de Lisbeth Salander, unha Hacker-detective comprometida, dende a súa anárquica concepción da xustiza, na loita contra a violencia de xénero. En fin, un libro obrigatorio para os amantes da negra. Espero con infantil impaciencia "La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina" e "La reina en el palacio de las corrientes de aire".

domingo 12 outubro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink