Dorian Gray
Hoxe inaugurou exposición no museo Dorian Gray (Joaquín García Gesto), un home que, estou seguro, vendeu a súa ánima ao diaño a cambio da eterna xuventude, un pacto que abrangue a súa obra e que o identifica como un dos pintores novos mais vellos de Lugo. Un singular personaxe de eterna sonrisa horizontal, traicionada pola verticalidade que se intúe nos seus ollos que semellan manter a fidelidade á estética dos montes frondosos. Sibarita inpenitente e amigo da tertulia. Un artista de luxo, que optou por unha mostra ecléctica, onde algunha das coleccións requeriría do seu propio espazo. Eu quédome co látex.
martes 07 outubro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Guinness
Outra obra de arte dos creativos de Shilo. "Reach for greatness" o último traballo para Guinness.
martes 07 outubro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS