Jason Mraz

O puntiño acústico para a fin de semana é Jason Mraz. Os videos dos temas que me resultan mais atractivos non fan xustiza á calidade de este tipo, esocollería outras cancións como Beautilful mess, pero queda o videoclip oficial de "I´m yours", que se deixa escoitar.

venres 03 outubro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

NO65H

Ampliar a xornada laboral máxima, ata as 65 horas semanais, resulta unha proposta inaceptabel da dereita europea. Esta desfachatez propia dun modelo "capitalista", que non recoñece as horas extraordinarias, que se pasa polo forro dos seus caprichos a conciliación da vida familiar e que é contraria a calquera política que pretenda un "estado de bienestar", ten todos os visos de sair a diante.
A rede respostou coa creación dunha plataforma onde podedes deixar o voso voto.

venres 03 outubro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink