Os tigres do cañotas

Hai tres ou catro anos tomando unhas cervexas por Pontedeume escoitei a unha banda que me deixou prendado, pensei que a soedade daquela noite alimentara a miña querencia pola festa, pero non, "Los tigres del cañotas" tiñan un ritmillo contaxioso acompañado dunhas letras hilarantes que trascenderon a aquela troula, fixenme coa maqueta e naquel ano acompañaron as nosas habituais ceas de verán, que soen ser moi propicias para a carallada. A semana pasada remexendo nos "cedés" atopeinos entre Nina SimoneWilly De Ville, unha mostra do meu particular desorde, e volvín a escoitalos co mesmo deleite da primeira vez. Buscando na rede vexo que desapareceu a súa web e que só queda un pequeno rastro destes felinos nun foro e na lastfm, onde aínda tedes a opción de saborear esta especie en extinción. PornoRock Ferrolano de altísimo nivel.
 

xoves 31 xullo 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ceo abaixo

Non teño nada clara a categorización da literatura por idades, é verdade que algunhas obras requiren un certo bagaxe de vocabulario e un mínimo de capacidade de razoamento verbal que garantice un nivel axeitado para a comprensión dos textos, pero isto non necesariamente correlaciona cos anos nin coa presunta dotación intelectual dos lectores. Unha amiga recomendoume "cielo abajo", un libro de Fernando Marías galardonado co premio nacional de literatura infantil e xuvenil no ano 2006, ao que eu non lle atopo lugar dentro de esta anárquica taxonomía. Trátase dunha novela adulta ambientada na guerra civil española, concretamete no asedio das tropas de Franco a cidade de Madrid en novembro de 1936, na que o autor xoga coa sensibilidade e os valores dos protagonistas que trascenden á irracionalidade do enfrontamento. A min gustoume, non sei o que pensarán meus fillos.   

martes 29 xullo 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

O xogo do anxo

Despois do espectacular éxito de "La sombra del viento" Carlos Ruíz Zafón tiña moi complicado epatar aos seus lectores con outra obra mestra, tal vez esta dificultade foi anticipada polos editores e, como noutras ocasións, optaron pola vía das triloxías (creo que neste caso vai ser tetraloxía), para aproveitar por capilaridade a boa acollida do seu libro insignia.
Sen dúbida "El juego del ángel" é unha boa novela, pero insuficiente para completar as espectativas que tiña xerado coa anterior obra. A trama narrativa tamén é semellante á da predecesora, aínda que complicada pola proliferación das persoaxes que en algúns casos quedan pouco consistentes. O mellor os diálogos e a fenomenal contextualización na Barcelona de principios de século. Recomendable. 

xoves 24 xullo 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Un mundo sen fin

Rematei a última novela de Ken Follet, un "culebrón" ambientado na Inglaterra do século XII cheo de intrigas entre as persoaxes e cunha trama ben trenzada a partir dun importante traballo de documentación que lle da consistencia á historia. O texto está moi ben construído, consegue describir a estructura social e os cambios mais significativos da Idade Media, a peste, a evolución da menciña, as modificacións na estructura política e relixiosa, e un guiño feminista na personaxe principal da historia ao que se lle admite a descontextulización dos seus comportamentos porque a súa personalidade iconoclasta captura dende a primeira liña. Non lera ningunha das súas anteriores obras, esta véndena como a continuación de "Los pilares de la tierra", que mercarei seguro porque a este escritor especializado en "tochos" hai que recoñecerlle unha innegable capacidade de divertimento.

xoves 17 xullo 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Pechado por vacacións

Voume de vacacións, iso quere dicir que deixarei a Biblioteca de Alejandría, así lle chama un compañeiro á rede, ata setembro. É posible que algunha tarde de treboada me achegue a algún ciber para aliviar o síndrome de abstinencia, pero dende logo non postearei coa asiduidade, case diaria, coa que o fixen ata agora. A experiencia do blog estame a resultar algo estraña, comeceino co propósito de instruír aos meus fillos nun medio de expresión que considero clave na comunicación moderna, e pouco a pouco funme deixando enganchar pola silenciosa asiduidade das visitas, nestes momentos sobrepasan as 1000 diarias. Por outro lado, algo está a fallar, unha das bases de este cotarro e o feedback, e dicir, a capacidade de ir retroalimentando a información a través dos comentarios que van deixando os/as lectores/as ou de novas aportacións relacionadas co tema en cuestión, e nese sentido teño que admitir que me sinto frustrado, o nivel de participación foi escaso, algo estou a facer mal. Bo verán a tod@s.

martes 01 xullo 2008

En Xeral | 2 Comentarios | Permalink

Dscargalo

Dscargalo é unha páxina para buscar arquivos e facer descargas directas a través dos sitios de aloxamento gratuito como RapidShare, Megaupload, Badongo, Mediafire...
Un buscador moi recomendable pola  súa simplicidade.  

martes 01 xullo 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Cabalos

Lorenzo é un xoven de 27 anos que se adica a adestrar cabalos dende cativo, vive en Camargue no Sur de Francia e desenvolve un espectáculo inusual cos seus 8 "Lusitanos" cabalgandoos sobre a grupa sen montura. A doma de cada un deles precisa de ata 3 anos de traballo. O resultado é un show máxico:  The fly french man


Lorenzo : the Flying French Man...
by alatebo

venres 27 xuño 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Dremel

Increíble o que se pode facer cunha Dremel. Na web  onde atopei estas esculturas feitas sobre cáscara de ovo, explican que non se utilizou o láser, todas foron esculpidas artesanalmente con un taladro de altas revolucións. Delicado.
Outros enlaces: 
Eggartguild
Wilma

xoves 26 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

amy

Rematei a noite de San Xoan no garaxe dun amigo xogando ao futbolín, comendo empanada de liscos con Bombay Sapphire e escoitando a Amy Winehouse. Un solsticio ecléctico que quedará cosido na miña memoria pola voz de Amy nun concerto que fará historia: "life in london". Ao saír quixen saltar unha vez mais a fogueira e escorrentar aos malos espíritus que parecen axexar a esta muller pero xa non había brasa, espero que fora eu quen tivera sorte e non unha mala premonición para esta portentosa diva.

mércores 25 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

La fura dels baus

O venres estarán en Lugo "La fura dels Baus", tal vez a compañia de teatro de rúa mais importante do mundo, os megalomaníacos proxectos que desenvolven están cuidados estéticamente ata nos mais mínimos detalles, en Lugo parece que montarán unha obra inédita con motivo da celebración do primeiro século de O Progreso , ademais actuará Carlos Núñez, un músico que non me causa ningunha simpatía, pero hai que recoñecerlle un directo prodixioso, o nivel de virtuosismo, que roza a perfección nos seus concertos, lle fixo gañar o respecto dos grandes. Todo un luxo para a nosa cidade.
Enlace ao evento

mércores 25 xuño 2008

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

ABC3D...

 Visito con frecuencia a páxina de  primeiros pinitos, está a construir un abecedario de post que son pequenas xoias. Hoxe roubolle un libro móvil de Marion Bataille.

martes 24 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Liberarte

Tom Wolfe reflexiona no libro "la palabra pintada" sobre os movementos económicos que se desenvolven en torno ao arte, un artista e a súa obra non son ninguén si non entran nunha roda de produción manexada polos grandes críticos, os marchantes, os galeristas, e toda unha fauna de promotores que encumbran ou soterran as producións creativas dende perspectivas fundamentalmente mercantilistas, e istas á vez xeran correntes de opinión respecto do que debe ser considerado ou non como "excelente" dende o punto de vista artístico. 
A páxina liberarte presenta un experimento revelador:  A idea era coñecer que impacto producía unha pintura de Luc Tuymans, pintor belga consagrado, sobre os viandantes da cidade de Antwerp. O procedemento consistía en contar o número de persoas que pasan por esa rúa e cantos non miran tan sequera o cadro. Só o 4% dáse conta de que hai algo especial nesa parede. Qué ocorrería se sacásemos a arte das galerías?

martes 24 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Beth Moon

Hai oito anos destináronme no meu traballo a Córneas, unha vila do concello do Cádavo agochada entre montañas e con difícil acceso, o traxecto entre carballos e castiros é dunha beleza ancestral que relaxa en cada quilómetro, no cemiterio hai un teixo vello, unha colosal árbore que chama ao abrazo, unha vida resistente no campo santo que terma das ánimas dende hai centos de anos, e que tal vez se nutre delas. Cando atopei o traballo de Beth Moom as súas imaxes en branco e negro de árbores anciáns fixéronme lembralo. Un punto panteísta.  

luns 23 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Jack Johnson

Suxestión acústica para a fin de semana, Jack Johnson, un surfeiro hawaiano reconvertido a músico a causa dun accidente cunha "Big Wave". A súa música é melódica con bases sinxelas e letras que se moven entre reivindicacións e historias de amor.


Jack Johnson - No Other Way
by Jack-Johnson

sabado 21 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ilusión de Jastrow

A perspectiva de Jastrow, foi descuberta polo psicólogo polaco Joseph Jastrow  a finais do século 19, e consiste nunha ilusión óptica na cal dúas figuras, de exactamente o mesmo tamaño, aprecianse de xeito desigual, mais grandes ou mais pequenas, en función da posición que ocupen dentro do noso espacio visual.

venres 20 xuño 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Ela non o faría


O vindeiro xoves 26 ás 20.15 diante do concello concentración de masa crític@s en Lugo.

venres 20 xuño 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Rooms

Rooms é un xogo en rede, con posibilidade de descarga , que consiste en atopar a saída dunha mansión amañando os espazos ("rooms") e utilizando os obxectos que van aparecendo nas sucesivas plataformas de xeito lóxico.
Tarda en cargar (son 30 Mb) pero merece a pena, está moi ben parido.

xoves 19 xuño 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Essa coisa do ambiente

Hoxe revisando vellos e-mails atopei esta curta de animación da WWF de Brasil que gardaba no correo dende decembro, non sei como non a tiña posteada.

Uma hora vai voltar pra vôce. Conserve o seu planeta. Aínda da tempo. WWF.

mércores 18 xuño 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Rise Against

 Rise Against é unha banda de Chicago que fai "Hardcore", non é a música que mais escoito, pero hai que recoñecerlles a altísima calidade que posúen, algúns dos temas teñen uns "riffs" impresionantes. O vídeo que deixo "Swing life away" tal vez sexa do mais melódico das súas composicións, a min pareceume auténtico.

martes 17 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Asinado

Excelente vídeo de Amnistía Internacional, outra vez na línea de valorar a nosa contribución simbólica na loita polos dereitos humanos. A nosa sinatura ten poder.


Amnesty International
by niksinik

luns 16 xuño 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

O neno co pixama de raias

Esta fin de semana leín o renombrado libro de John Boyne "O neno co pixama de raias", un texto sinxelo que se debora en menos de 3 horas e que resulta moi propicio para iniciar aos mais novos na lectura. Ten erros, fudamentalmente derivados do exercicio de colocarse na incipiente racionalidade dun neno de 9 anos para contar unha historia que en determinados momentos esixe dunha relfexión adulta, por iso hai episodios nos que resulta pouco convincente, incluso grotesca, a inxenuidade do protagonista, pero a novela está ben construída. Facer literatura sinxela é unha tarefa moi complexa.
Teño entendido que pronto se rodará a película, co problema de ter como precedente a maxistral "La vida es bella" de Roberto Benigni, polo que non lle auguro o mesmo éxito cinematográfico que o que parece estar a colleitar a nivel literario, xa veremos.
En definitiva, un libro que falla na movilización das emocións pero que non deixa de ser recomendable para unha tarde de choiva.

domingo 15 xuño 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Christo and Jeanne-Claude

Unhas performances sorprendentes. Esta parella, que cultiva unha parcela da arte inédita, adicase a "envolver" obxectos de grandes dimensións, a súas obras abranguen dende o embalado de edificios, camiños, pontes, árbores...e nestes momentos pretenden cubrir o río Kansas en Colorado. O seu interese centrase nas formas e texturas conseguidas coas telas e as cordas utilizadas para "vestir" os obxectos.
Enlace á web

venres 13 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Free Style Soccer

Non xogan ao fútbol, simplemente son uns "virgueros". Red Bull organizou unha xira concurso por distintos países, en España a final será en Sevilla mañá 13 de xuño.

xoves 12 xuño 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Movemento Fon

No ano 2006 comecei a escoitar falar de esta iniciativa do gurú das telecomunicacións Martín Varsavsky, a filosofia era simple, crear unha rede global de conexións inalámbricas compartidas; una rede segura construida polos usuarios e para os usuarios. Para elo cada un ofrecería gratuitamente unha parte do seu ancho de banda para ser usado libremente por quen estivera no seu alcance, un servicio wifi con cobertura mundial. Hoxe o proxecto é unha realidade, Fon xa permete disfrutar dun acceso de calidade á rede e cunha cobertura cada vez mais ampla, os requisitos son mercar unha "fonera" ou un "pase fon".
Seguramente con un exercicio colectivo de solidariedade poderíase prescindir de esta infraestructura, eu son dos que teño "aberto" o meu router wifi, e ti? 

mércores 11 xuño 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink

Everybody Is Against Everybody

Everybody Is Against Everybody – Somebody Has To Be For ThemAmnistía Internacional lanzou unha chamativa mensaxe para celebrar os 27 anos de loita polos dereitos humanos, un poster  que ofrece unha visión do mundo asentada no belicismo como un mal endémico do ser humano. O debuxo representa un mosaico de guerreiros que configuran o noso planeta co lema:
"Everybody Is Against Everybody – Somebody Has To Be For Them"
O responsable foi "Leo Burnet" un excepcional creativo do que xa hai tempo teño gardada a súa páxina nos meus Bookmarks.

martes 10 xuño 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Telectroscopio

Hai obras de enxeñería que parecen extraídas dunha novela de ficción, como o telectroscope, un colosal precursor da videoconferencia que permitiría ás persoas e comerciantes de cidades tan distantes entre si como Paris, Pequín ou New York poderse ver cara a cara. Para logralo o artefacto aproveitaría a reflectividade do selenio para transmitir as imaxes por tubos que se despregarían por debaixo do mar. Toda unha innovación científico-tecnolóxica para o século XIX na que se inspirou o artista británico Paul St George para recrear este fascinante artiluxio, eso sí, con truco porque dispón de sendas cámaras HD nos extremos.


luns 09 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Travis Louie

Travis Louie deixou a ilustración independente para centrarse nos seus monstros, uns debuxos surrealistas que parecen manipulacións feitas sobre vellas fotos en branco e negro.
"A xente di que pinto monstros, pero gustaríame pensar que os caracteres nas miñas pinturas teñen algunha humanidade e bondade neles".
Maxistrais.

domingo 08 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Rubik

Cando fixen a "mili" pecháronme no calabozo unha temporada por fuxir da PM (policía militar). Non foron moitos días porque saín indultado na Semana Santa como "Barrabás", todo un honor. Nese tempo, na soidade propicia da cella, aprendin a resolver o Cubo Rubik, un xeroglífico que debe ter o seu "intringulis" para os que se estrullan os miolos a pelo, pero para a maior parte dos que o resolvemos, non supón mais que desenvolver algunha das multiples secuencias de combinacións aprendidas, unha tarefa absolutamente desprovista de exercicio intelectual, como moito poderíase falar de habilidades psicomotoras. Por iso me sorprendeu atopar esta páxina dun friki do Rubik que conseguiu encontrarlle novas e singulares aplicacións ao artefacto, as creacións cúbicas representan imaxes nun mosaico de cores que resulta espectacular.
Separádevos uns metros da pantalla si non vedes a Malcolm McDowell 

venres 06 xuño 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Rocky Votolato

Nova suxestión musical para a fin de semana, seguindo coa liña acústica hoxe a proposta e Rocky Votolato, colgo o unplugged "Silver trees" pero non deixo de recomendar o "Suicide medicine". A ver que vos parece. 

venres 06 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Hipocresía Dove

Hai uns días deixaba estes post-1 ; post-2  referidos as campañas de Dove sobre a automimaxe, con elas pretendían denunciar a manipulación á que nos vemos sometidos polas grandes compañías adicadas á cosmética. Unha mensaxe esquizofrénica dos creativos da empresa que chaman á reflexión respecto a esclavitude da nosa imaxe persoal cara aos canones de beleza impostos dende as multinacionais do sector, e simultaneamente vendennos os seus productos coa idea implícita de estar desmarcados de esta montaxe. Unha campaña intelixente baseada na paradoxa. 
Hoxe, día mundial do medio ambiente, atopo este vídeo de Greenpeace onde denuncian a vinculación de Unilever, propietaria de Dove, coa destrucción dos bosques de Borneo. Donde as dan as toman.


Dove Onslaught[er] HD
by Films4

xoves 05 xuño 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink