O neno co pixama de raias

Esta fin de semana leín o renombrado libro de John Boyne "O neno co pixama de raias", un texto sinxelo que se debora en menos de 3 horas e que resulta moi propicio para iniciar aos mais novos na lectura. Ten erros, fudamentalmente derivados do exercicio de colocarse na incipiente racionalidade dun neno de 9 anos para contar unha historia que en determinados momentos esixe dunha relfexión adulta, por iso hai episodios nos que resulta pouco convincente, incluso grotesca, a inxenuidade do protagonista, pero a novela está ben construída. Facer literatura sinxela é unha tarefa moi complexa.
Teño entendido que pronto se rodará a película, co problema de ter como precedente a maxistral "La vida es bella" de Roberto Benigni, polo que non lle auguro o mesmo éxito cinematográfico que o que parece estar a colleitar a nivel literario, xa veremos.
En definitiva, un libro que falla na movilización das emocións pero que non deixa de ser recomendable para unha tarde de choiva.

domingo 15 xuño 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink