INE

Hai tempo lin en microsiervos un artigo sobre arquitectura no que explicaban os códigos secretos do novo edifico do INE (Instituto Nacional de Estatística) en Madrid. Esta construción, que a primeira vista parece unha homenaxe ao pop dos 80, pecha un segredo matemático na composición de cores chamado diafragma decafónico de díxitos, a fachada está composta por 58 paneis, numerados e con distintos cores, que representan indicadores estatísticos. O dato 001 é, por exemplo, a extensión de España en quilómetros cadrados: 504.645. O 002 é a poboación: 44.108.523 habitantes, e así sucesivamente. Tamén están o número fogares, alumnos, empresas, parados, exportacións e outros, todos eles referidos ao 2005, ata completar os 58 paneis. Pero ademais, cada cor correspondese cunha nota, de xeito que o que estamos a contemplar e unha composición musical que se pode escoitar neste enlace. A idea é do deseñador Jose María Cruz Novillo un especialista en señalética que, a xulgar pola súa web, posúe un sentido da estética aleixadísimo do meu.

luns 28 abril 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink