Menú de cine
Este mércores estou convidado a un "menú de cine". O IES Sanxillao de Lugo organiza unha xornada gastronómica do mais suxestiva, ademais de ter o aliciente de basear os seus pratos en tremendas películas, a carta non pode ser mais atractiva:
Entradas
Gazpacho / "Mulleres ao borde dun ataque de nervios"
Sopa de pan de cervexa / "O festín de Babette"
Tomates verdes fritos / "Tomates verdes fritos"
Spaghetti della Nonna / "Un dos nosos"
Segundos
Lagosta á tixola con crema de espinacas / "Deliciosa Martha"
Tofu con polo / "Comer, beber, amar"
Albóndegas con canela / "Un toque de canela"
Bisté á prancha / "O home que matou a Liberty Valance"
Sobremesas
Bombóns de chocolate / "Chocolat"
Tiramisú / "O fillo da noiva"
Crema de Chantilly con amorodos / "Vatel"
Torta de limón e merengue / "Millon Dollar Baby"
No libreto de presentación de esta delicatessen infórmannos das películas, da preparación dos manxares, e ademais engaden unha proposta musical con BSO de filmes que deixaron pegada.
Boa idea misturar gastronomía e arte.
luns 21 abril 2008
En Cine | 1 comentario | Permalink
Masacrític@s abril
O vindeiro xoves 24 concentración de masa crítica en Lugo, ás 20.00 h. diante do concello. Móllate pola masa.
Anteriores post 1 / post 2
luns 21 abril 2008
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS