Binta
Hai un par de anos vin a película "En el mundo a cada rato", unha serie de curtametraxes trenzados ao redor da reivindicación social coa pretensión de sensibilizar ao espectador respecto a diferentes problemáticas asociadas aos pobos mais desfavorecidos, a SIDA, a explotación laboral na infancia ou a desigualdade de xénero conformaban os argumentos sobre os cales 5 directores traballaron para mostrar a potencia do cine na modificación de actitudes. Deles comezamos a utilizar "O segredo mellor gardado" de Patricia Ferreira e "Binta e a grande idea" de Javier Fesser, dúas pequenas xoias que contribúen, dende unha perspectiva didáctica, á construción do xuízo social nos rapaces de secundaria. Este ano UNICEF a través do programa "enrédate" editou estes materiais para distribuír nos centros educativos cunha presentación excelente e aportando suxestións para traballar as unidades didácticas transversalmente nas distintas áreas. Un material moi recomendable.
Deixo os enlaces de Binta en youtube, a resolución é moi pobre:
Parte 2 / Parte 3 / Parte 4
sabado 19 abril 2008
Audi
Os creativos de Audi, entre os que se atopan algúns españois, están inspiradísimos. O novo anuncio do RS6 e o making of do A4 son unha mostra da súa brillantez.
sabado 19 abril 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS