Pat Johnson
Seguindo coa miña querenza pola acústica, déixovos esta suxestión para a fin de semana, Pat Johnson un guitarrista fingerstyle nado en Ontario/Canadá, como aqueloutro mestre do lap taping Erik Mongrain. Está claro que o folk americano tamén se cultiva polas granxas do norte.
venres 18 abril 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Lugo accesible
Lugoaccesible é a nova páxina do colectivo Auxilia, un recuncho para traballar na redución da barreiras arquitectónicas, a normalización dos espazos e a sensibilización respecto dos problemas que sofren as persoas que padecen calquera tipo de discapacidade.
Na información leo que a Fundación Orange desenvolveu o taller "vídeo arte: una terapia para la dislexia" do que deixan este enlace como mostra dos traballos do alumnado. Unha proposta atractiva.
venres 18 abril 2008
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS