Eduardo Carreira
Cando me incorporei ao traballo atopei cun personaxe inédito, un tipo alto, en realidade moito mais alto do que a súa estatura reflectía, cabelo e barba brancos, unha voz radiofónica e un falar próximo á épica, como se cada palabra tivera o cometido de referendar a súa solvencia intelectual, coas gafas aparcadas no medio do corpo e unha mirada de atención que te capturaba de inmediato porque semellaba que aquelo que lle foras dicir tiña moita mais importancia do que el che puidera contar. Na súa mesa convivían montóns de papeis, misturados co DOGA, cos periódicos do día, e mais calquera libro que avalara a cor da súa ideoloxía. Todo foi rápido, como si a morte estivera agardando que finiquitara as súas responsabilidades docentes, unha enfermidade relativamente curta que o foi minguando mentres permanecíamos alleos ao seu desvanecemento, mellor, eu prefiro lembralo coa potencia dun garañón e o sorriso cómplice do que domina a retranca. Un home afectuoso e sensible que se colou na miña vida para sempre. Adeus compañeiro.
mércores 16 abril 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Criss Angel
Criss Angel é un mago de rúa fascinante. Pero os seus espectáculos, aparentemente sinxelos, son montaxes que requiren dun derroche de medios que non está ao alcance de calquera aficionado.
mércores 16 abril 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS