Mike Stilkey

Mike Stilkey (nado 1975 en L.A.) é un artista que fai esculturas utilizando libros como soporte da súa pintura. Un tipo dunha xenialidade fóra de toda dúbida que inspira a súa obra no expresionismo alemán, mais concretamente en Egon Schiele, un mito que tardei anos en coñecer, e o fixen a través do escritor M. Vargas LLosa no libro "Os cadernos de Don Rigoberto". Toda unha cadea de acontecementos que resultaron do mais produtivo.
Ver Galería

Hai un tempo tamén deixaba este outro post sobre Bian Dettmer, ben merece volvelo rescatar da memoria. 

martes 15 abril 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink