Good Bye Lenin
Esta fin de semana vin "Good Bye Lenin" unha película alamana do ano 2003 que foi premiada no Festival Internacional de Berlín e no Festival de cine de Valladolid. O excelente guión, escrito polo propio director Wolfgang Becker, posúe un desbordante sentido do humor que recorda ao de Groucho Marx, engadindo a fabulosa interpretación dos actores, a película resulta unha pequena obra mestra da traxicomedia, sinxela e divertida.
Parece que hoxe a pasan na TVE 2. Non deixedes de vela.
luns 14 abril 2008
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Defraggler
Defraggler trátase de un defragmentador de disco alucinante, potente, rápido e gratuito. Os autores son os de Piriform, que xa me tiñan cautivado co CCleaner. Ambos imprescindibles no meu PC.
Descargar Defraggler
luns 14 abril 2008
En Informática | Sen comentarios | Permalink
Traveling Wilburys
Traveling Wilburys é un grupo formado polos músicos: George Harrison, Bob Dylan, Roy Orbison, Tom Petty e Jeff Lyne. O seus dous únicos discos; "Volume 1" e "Volume 3" foron publicados en 1988 e 1990 respectivamente, o último sen a participación de Roy Orbinson falecido repentinamente en decembro do 88 . Pese a se xuntar de forma fortuita, estes xenios pariron unha obra mestra considerada pola revista "Rolling Stones" como un dos 100 mellores discos de tódolos tempos e que, 20 anos despois, segue a ser indispensable na discoteca básica de calquera melómano.
A recuperación de tan ilustres monstros, que dende hai mais dun ano son ocupas do meu mp3, debolla a Javier R.V. un amigo que reivindica faga mención das súas múltiples achegas ao blog, pois iso, thanks Javi.
luns 14 abril 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS