Incógnita
Edad:.... Sexo:..... Cultura de origen:..........
Complete las frases. Intente escribir lo primero que se le ocurra:
- Cuando la pegó,ella......
- Hacía calor en la habitación, y yo.....
- Cuando se dio cuenta de que le habían engañado de esa manera...
- Cuando vio que había perdido otra oportunidad de ir a Francia, ella...
Trátase de un cuestionario que me envía unha amiga pedíndome que lle dea a maior difusión posible, non teño nin a mais remota idea do que pretende medir, invítovos a que o completedes e o deixedes nos comentarios, unha condición, non vale mirar as respostas ata que teñades escrita a vosa. En canto coñeza os criterios de avaliación publicareinos no blog.
mércores 09 abril 2008
En Test | 2 Comentarios | Permalink
Nils Lofgren
Nils Lofgren é un músico mercenario, pasou por bandas míticas como os Crazy Horse de Neil Young, Paul Dowell & The Dolphin, Bruce Springsteen... Na súa páxina pódense descargar gratuitamente leccións maxistrais como esta.
mércores 09 abril 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Hamilton Naki
Hamilton Naki, era coñecido como o "ciruxián clandestino", este home, xardineiro de profesión, formou parte do equipo do Dr. Barnard no primeiro transplante de corazón da historia, pese a ser unha figura indispensable na operación nunca lle foron recoñecidas a súas achegas á medicina, vítima do "apartheid" viviu simulando ser auxiliar de clínica do hospital no que impartía clases maxistrais aos futuros especialistas en cirurxía. Un heroe afastado da celebridade pola cor da súa pel. Ler mais.
mércores 09 abril 2008
En Xeral | 1 comentario | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS