Zurdos

Meu fillo mais novo é zurdo, circunstancia que debe ter algunha componente xenética porque eu teño a lateralidade indefinida, o que me convirte nun caso atípico que xoga a fútbol coa esquerda, a tenis coa dereita, tiro pedras coa esquerda, escribo coa dereita...En fin, un caos.
O que si que teño claro e que o mundo non está pensado para os zurdos, os nenos e nenas con lateralidade sinistra sofren durante toda a súa vida a "ditadura da dereita", mesas, instrumentos musicais, ferramentas, ou paus de golf, resultan materiais de complexo ou imposible manexo se un é  zurdo, pero o mais grave está nas trabas que se producen no ámbito académico, caligrafías ilexibles ou velocidade de escritura excesivamente lenta, orixinan problemas na escola que na maioría das ocasións, vítimas da ortodoxia curricular de algúns mestres e mestras, son obviados ou sancionados.  Un amigo, que tamén sofre este acoso da dereita nun dos seus vástagos, envioume este vídeo didáctico. Está en inglés pero enténdese ben. Enlace.

martes 11 marzo 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Morph

Nokia está a desenvolver un "Gadget" que revolucionará o mundo. O Morph é un ordenador nanotecnolóxico que nos permeterá facer cousas como as que aparecen no vídeo. Alucinante.

martes 11 marzo 2008

En Informática | 1 comentario | Permalink

Bettye Lavette

Bettye Lavette é unha cantante pouco coñecida no noso país, posue unha voz desgarrada semellante á de Tina Turner, unha musa do R&B que no 2007 publicou o seu último disco "The scene of fhe crime", altamente recomendable.

martes 11 marzo 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink