Viños

Os amigos insisten en crear un espazo na bitácora para ir rexistrando os viños que imos bebendo, non somos expertos catadores nin moito menos, quero dicir, que non somos de fiar, agás un enólogo formado en Bordeaux (que non é precisamente o que mais se prodiga nos nosos encontros gastronómico-festivos) e un aprendiz de viticultor, con viña propiedade da familia política de Quiroga, e que este ano nin se dignou a traernos unha cata da colleita do sogro, o resto andamos a velas vir mercando botelliñas que non excedan o escaso presuposto co que contamos. Se algún discrepa, sempre lle queda aberta a opción dos comentarios para o dereito á réplica.
A información será de este xeito:


Nome: (nome do viño)
Denominación de orixe: (Rioxa, Ribeira do Duero...)
Añada: (ano da colleita)
Uva: (tipo de uva: Tempranillo, merlot...)
Envellecemento: (Reserva, crianza...)
Precio: (as pelas que nos costou)
Características: (Se se trata de maceración carbónia, outros detalles...)
Calificación: ("*" Malos "**"Regulares "***"Bos "****" Moi Bos "*****"Excelentes) 
 

luns 25 febreiro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

La soledad

Onte vin "La soledad" de Jaime Rosales laureada pola Academia do cine cos "Goya" a mellor película, mellor director e mellor actor revelación. Unha alucinante e temeraria decisión do xurado ao premiar unha cinta de cine de autor, chea de experimentación como o desdobre da pantalla para contemplar a realidade dende dúas perspectivas e distribuíndo o peso da imaxe entre o fundamental e o accesorio, cuns tempos que semellan ao cine oriental, sen alardes fotográficos nin banda sonora que recordar.... En definitiva, un relato sobre a crueza do cotián ao que lle sobra metraxe e do que unicamente destaca o guión e os actores. Rara.

luns 25 febreiro 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Bicis

Os últimos xoves de cada mes celebrarase en Lugo unha concentración de bicis convocada por masa crítica, unha revolución silenciosa para o fomento da bicicleta fronte o transporte motorizado.
Para mais información visitade o blog Patas Arriba, un espazo para a cultura alternativa que merece moito a pena.
Xoves 28/02 ás 20.15 diante do Concello.
Eu intentarei esta alí.
  

luns 25 febreiro 2008

En Solidariedade | 2 Comentarios | Permalink