IRCTV
Onte vin "La vida secreta de las palabras" unha magnífica película de Isabel Coixet, nena prodixio do cine español, que xa me fascinara coa durísima "mi vida sin mi". Neste caso adica a súa infinita creatividade a recordar o sufrimento de unha sobrevivinte da guerra dos Valcáns, un holocausto silenciado polos medios de comunicación que arrasou con infinidade de vidas e que deixou un rastro de humillacións imborrable para moitos dos que a sufriron. So unha organización internacional IRCTV (Integrated Rehabilitation Center for Torture Victims) adica o seu esforzo á rehabilitación das vítimas da tortura, Isabel recorre a ela para documentar as atrocidades acontecidas e a través da súa musa Sarah Polley e un xigantísimo Tim Robbins nos vai narrando, nunha linguaxe cinematográfica moi próxima á literatura, o reencontro da protagonista coa vida. Unha película obrigatoria.
A BSO é outro regalo.
sabado 02 febreiro 2008
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS