Google Web

Aínda non tedes páxina web? Pois Google pono doado, únicamente tedes que entrar en Google Sites rexistrarvos, elixir unha plantilla, o nome do sitio, e millas, a partir de ese intre poderedes dispor da vosa páxina sen necesidade de coñecementos de informática, linguaxe Html,...
Aproveitando a nova, engado un vídeo promocional do Gmail alucinante.


Gmail Art by Saatchi & Saatchi
 

venres 29 febreiro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Bluegrass


Hai uns días que non posteo música, para o fin de semana deixo este video de Tony Rice, un mestre da guitarra acústica, que foi evolucionando dende o bluegrass a un estilo mais próximo ao Jazz, e que toca coa limpeza dos vellos guitarristas, sen alardes nen florituras, pero con un son que enche de emoción.

venres 29 febreiro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Olbinski

Envioume unha amiga unha presentación en "ppt" na que se misturaban proverbios dos pensadores mais eclécticos, coas obras de Rafal Olbinski, pintor e ilustrador polaco da corrente do realismo máxico. Un surrealista que impregna as súas creacións cos delirios do alcohol, maxistralmente.
A colección de carteis para operas non ten desperdicio.

Das citas quédome con esta:
"Tus problemas no se pueden resolver en el mismo nivel mental que tenías cuando los creaste"
Albert Einstein

xoves 28 febreiro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Expres


www.Tu.tv
Un corto formidable de Daniel Sánchez Arevalo. 
Unha descrición da perversidade da comunicación que se establece nas familias dos drogodependentes.

xoves 28 febreiro 2008

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VII

É real a realidade?

mércores 27 febreiro 2008

En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

Deberes


Tus deberes
 é unha web que pretende achegar os solucionarios dos libros de texto da área de matemáticas  ao alumnado de 4º da ESO,  1º e 2º de BAC. Os autores prevén ir aumentando a produción para incluír os libros de 3º da ESO e engadir a materia de Física e Química. A descarga é gratuíta aínda que con un crédito de 5 problemas por día para evitar a baixada da totalidade dos contidos e ir financiado o seu traballo con accesos dende a páxina aos esponsores. Os que, coma min, consideramos un fraude o modelo de ensino que fai uso dos períodos non lectivos para acadar os contidos que impoñen as programacións didácticas, e que xeralmente son impartidos en academias privadas, aplaudimos esta iniciativa.

martes 26 febreiro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Viños

Os amigos insisten en crear un espazo na bitácora para ir rexistrando os viños que imos bebendo, non somos expertos catadores nin moito menos, quero dicir, que non somos de fiar, agás un enólogo formado en Bordeaux (que non é precisamente o que mais se prodiga nos nosos encontros gastronómico-festivos) e un aprendiz de viticultor, con viña propiedade da familia política de Quiroga, e que este ano nin se dignou a traernos unha cata da colleita do sogro, o resto andamos a velas vir mercando botelliñas que non excedan o escaso presuposto co que contamos. Se algún discrepa, sempre lle queda aberta a opción dos comentarios para o dereito á réplica.
A información será de este xeito:


Nome: (nome do viño)
Denominación de orixe: (Rioxa, Ribeira do Duero...)
Añada: (ano da colleita)
Uva: (tipo de uva: Tempranillo, merlot...)
Envellecemento: (Reserva, crianza...)
Precio: (as pelas que nos costou)
Características: (Se se trata de maceración carbónia, outros detalles...)
Calificación: ("*" Malos "**"Regulares "***"Bos "****" Moi Bos "*****"Excelentes) 
 

luns 25 febreiro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

La soledad

Onte vin "La soledad" de Jaime Rosales laureada pola Academia do cine cos "Goya" a mellor película, mellor director e mellor actor revelación. Unha alucinante e temeraria decisión do xurado ao premiar unha cinta de cine de autor, chea de experimentación como o desdobre da pantalla para contemplar a realidade dende dúas perspectivas e distribuíndo o peso da imaxe entre o fundamental e o accesorio, cuns tempos que semellan ao cine oriental, sen alardes fotográficos nin banda sonora que recordar.... En definitiva, un relato sobre a crueza do cotián ao que lle sobra metraxe e do que unicamente destaca o guión e os actores. Rara.

luns 25 febreiro 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Bicis

Os últimos xoves de cada mes celebrarase en Lugo unha concentración de bicis convocada por masa crítica, unha revolución silenciosa para o fomento da bicicleta fronte o transporte motorizado.
Para mais información visitade o blog Patas Arriba, un espazo para a cultura alternativa que merece moito a pena.
Xoves 28/02 ás 20.15 diante do Concello.
Eu intentarei esta alí.
  

luns 25 febreiro 2008

En Solidariedade | 3 Comentarios | Permalink

DDD (Don´t Drink and Drive)

Andan preocupados pola proliferación dos delitos de tráfico asociados á inxesta de alcohol, parece que se saturan as prazas para atender ás demandas de substitucións de condena por servizos á comunidade. O certo é que a lei non preveu esta situación, e pode ocorrer que prescriban as penas antes de poder cumprilas, que se enchan as prisións, que se creen centros de día penitenciarios (case seguro que privados), ou calquera outra solución na dirección de dar cobertura aos "castigos" que se derivan da conduta delituosa. Seguramente haberá que esperar un tempo para comprobar a efectividade das medidas, pero a cousa non ten boa pinta, os modelos de prevención primaria, orientados a "educar" para previr, ou a inversión no transporte público para incrementar os horarios de servizo, son utopías asociadas a modelos de política social que carecen de pegada electoral porque non solucionan a curto prazo, hoxe, nada que non supoña unha resposta "eficaz" e inmediata ten porvir. Asusta un pouco.

domingo 24 febreiro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Etiopía

O CPI de Castroverde (Lugo) acolle estes días a exposición itinerante da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

sabado 23 febreiro 2008

En Educación | 3 Comentarios | Permalink

Top secret

Copio, traduzo e pego unha mensaxe que me envía Pedro dende Barna. 
"Sabiades da Wikileaks?. Pois vén ser como unha especie de Wikipedia pero construída a base de filtracións, xeralmente anónimas, de material confidencial ou clasificado.

O formato, o aspecto, e o funcionamento colaborativo, é o mesmo da Wikipedia pero mantén un  segrego sobre as súas fontes, porque di que, en moitos casos, pertencen a disidentes de países con forte censura, ou a persoas que aínda traballan na organización da que filtran datos. A súa declaración de principios tédela en https://wikileaks.be/wiki/Wikileaks/é e ademais en castelán aínda que, como de costume, o groso de información de wikileaks está en inglés.

Coa habilidade que me caracteriza, eu acábome de decatar da súa existencia agora que a pecharon por orde xudicial, por publicar unha información sobre o banco suízo Julius Bauer no que aseguraban que contribuíra á evasión de impostos e branqueo de diñeiro de narcotráfico mediante a súa sucursal das illas Cayman.

A pesar da prohibición e peche dos servidores USA, arranxáronllas para seguir activos en servidores doutros países, por exemplo http://88.80.13.160 onde aínda se pode consultar o 1,2 millóns de documentos que din posuír e que van desde informacións do exercito USA sobre a/s guerra/s en que se meteron, o manual para os carceleros de Guantánamo, ata datos sobre empresas que colaboran en turbias campañas de financiamento...

Hai unha certa predominancia de documentos confidenciais de carácter militar do exército USA ou da CIA, pero tamén algún documento político como este resumo do diálogo dunha reunión Bush-Aznar en febreiro de 2003 antes da invasión de Iraq, coa Condolezza de guinda do pastel da reunión: http://en.wikipedia.org/wiki/Bush-Aznar_memo .

Lamentablemente non hai fotos nin arquivo sonoro, de maneira que non podemos saber se Aznar tiña os pés sobre a mesa e xa falaba con acento texano, ou é que aínda non se soltou o pelo."

sabado 23 febreiro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Calabria

Aínda que a música disco non sexa a vosa paixon, teredes que recoñecer que este tema do DJ Alex Gaudino ten un punto fetiche que espabila os sentidos. Non son virtuais.

venres 22 febreiro 2008

En Música | 5 Comentarios | Permalink

Rostros da memoria

Exposición na Diputación Provincial de Lugo do fotoxornalista Xurxo Lobato , trátase dunha galeria de retratos plantexada como unha homenaxe os represaliados e vitimas da guerra civil e da posguerra.
Lobato é coordinador de olladas, que desenvolveu no 2007 as exposicións "Mira o mundo" e "Mar cruel", mostras do traballo dos fotoxornalistas da axencia Reuters, xente que entende a fotografía como un xeito particular de denuncia e de compromiso social. 

xoves 21 febreiro 2008

En Arte | 1 comentario | Permalink

New Romantic


Unha suxestión:  Laura Marling  a súa voz recorda á de Tanita Tikaramalgo menos rota e moito mais "íntima". A melodía do vídeo, un arpexo de colexio de monxas que non pode ser mais sinxelo,  resulta agradabilísima, ou non?  

xoves 21 febreiro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Piaget


Xa se sabe que o desenvolvemento intelectual das pequenas é moito mais precoz co dos nenos, o que ocorre despois...é froito de outras variables.

mércores 20 febreiro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Slap


Outro monstro do "slap", unha máquina coa guitarra acústica. 
Coñecía o video slap attack de Raul Midon onde explica o procedemento para executar esta técnica, e xa teño deixado os post de Eric Mongrain e Andy Mckee de "lap tapping" e "finger style", pero o que fai este músico é sorprendente, se algún de vós o coñece deixade mais datos.

martes 19 febreiro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Fotofood

Carl Warner é un fotógrafo australiano que se especializou na construcción de paisaxes utilizando materiais do mais diverso, como prendas de vestir, ou mesmo alimentos. Un tipo curioso.

martes 19 febreiro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Iano


Sinfonía co Iphone e unha NDS. 
Ao emulador de guitarra que xa tiña posteado, engádenlle unha nova aplicación, o Iano (o nome non é moi afortunado), que sona como vedes.

luns 18 febreiro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

CoMtrastes

"M" de "money" e de "miseria"

domingo 17 febreiro 2008

En Solidariedade | 2 Comentarios | Permalink

Xastrería

Dende Quiroga (Lugo) envíame Pepe esta actuación de maxia, está sacada de un de eses shows americanos que andan a descubrir talento entre os cidadáns, pensando no tempo que nos leva na casa amañarnos... a esta xente habería que darlles un premio.

domingo 17 febreiro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Rugby

Comezou o Torneo 6 nacións , un dos acontecementos con mais soleira no ámbito das competicións deportivas internacionais. Eu enganchei no rugby hai algúns anos cos "all blacks", mais concretamente coa figura de Jonah Lomu, un xigante de 1.96 m. de altura e 120 quilos de peso que facía os 100 metros en 10.30 s. e que posuía unha fortaleza inconmensurable, velo percutir como se fose un tren de mercancías, ou correr con dous defensores ao lombo é alucinante. 
Este ano Guiness rende homenaxe á selección Irlandesa, á que patrocina, con un vídeo clip inspirado nos Ents do Señor dos aneis. Moi bo, aínda que eu inclínome por Francia. 


Guinness Rugby Irlandes
 

venres 15 febreiro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Time


Un regalo
And its time time time, and its time time time
And its time time time that you love
And its time time time

xoves 14 febreiro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Esencia de trementina

Esencia de trementina é a páxina de Cristina Corral Soilán, unha web acolledora que vai marcando os tempos na súa apertura coa serenidade do que chega a un hostal para descansar lendo poesía. Descubrina en Lonxe do mar.

La espera

 He buscado
 a través de los días
 tu nombre,
 tu primer aliento y
 tu brazo tendido.
 He caminado
 siguiendo la ruta
 que tan solo marcan los días
 y busco a cada hora tus ojos
 entre la gente
 que acecha tras de mí.
  Te escondes
 en un cuento ya escrito,
 y tan solo espero de ti
 esa frase plácida y tranquila
 que un día me haga
 por fin despertar.

mércores 13 febreiro 2008

En Literatura | 3 Comentarios | Permalink

Iguais

Hai algún tempo lin Cosmofobia, o último libro de Lucía Etxebarría, da que me declaro "grupi". En xeral a súa obra non acostuma ser moi propicia as boas críticas, pero a min pareceme incriblemente enxeñosa e divertida, do mesmo xeito que os buscadores de "alta" literatura atopan obras mestras que para o común dos mortais lles resultan ladrillos infumables, eles terán que asumir que iso que catalogan como "bazofia literaria" teña unha notable pegada no lector de a pé. Pero o post non vai de isto, a cousa é que atopei no libriño un guino á pintura de Alfredo Álvarez Plágaro e mergulleime na precura dos seus pecios porque a descrición de Lucía non podía ser mais suxestiva, o que fai este artista son "cuadros iguales", o plantexamento é tan sinxelo como expor dous ou mais cadros idénticos, pero non calcados nin clonados senón pintados en paralelo, nunha especie de xestación xemelar. O artista cuestiona o concepto de orixinalidade, e as diferencias entre pintura e representación, de un xeito contundente e gráfico. Nunca unha creación será idéntica a outra. Votádelle unha ollada.

martes 12 febreiro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Greenpeace

Campaña  de Greenpeace para concienciar respecto ao aforro de enerxía eléctrica e fomentar o uso de lámpadas de baixo consumo, coas que se evitaría unha emisión anual de 20 quilos de CO2 á atmosfera.
Un xeito de velo.
 


 

martes 12 febreiro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

papás e mamás


"Papás e mamás" é un corto premiado no 2005, que nace coa intención de servir de vehículo de denuncia social e que, pese a escaseza de medios, resulta rotundo. Lamentablemente non perdeu vixencia. Son 3 minutos demoledores. Un bico Paula.

luns 11 febreiro 2008

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

A media voz

"Los hombres nunca saben
cuánta dulzura
y cuánto quebradizo silencio
hay en una poesía".

Efraín Huerta
(México 1914-1982)

A media voz é unha páxina sobre poesía de obrigada visita. Para eses momentos nos que a alma ten fame.
 

domingo 10 febreiro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Nómades

Manuel Valcárcel  expón na Fundación Caixa Galicia / Lugo unha mostra de fotografías en torno ás culturas nómades, trátase dunha ollada antropolóxica a cinco das últimas tribus viaxeiras que perviven no mundo. 
Manteño que somos escravos dos asentamentos. A riqueza de coñecemento, o gozo da natureza e dos seus recursos, e mesmo a liberdade, foron vítimas do sedentarismo. 
Eu marcho agora mesmo.
Do 30 de xaneiro ao 23 de marzo 

venres 08 febreiro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Thalarctos


Novamente roubo de Fogonazos (tamén podedes linkalo nos meus enlaces) un video alucinante sobre o oso polar, será a miña devoción por estes animais, pero teredes que recoñecer que é fascinante observar como un imponente oso de 3 metros de lonxitude e 1,30 de altura xoga cos cáns amosando unha ternura insospeitada.  

xoves 07 febreiro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink