Sonate vom guten menschen
Finalmente vin "La vida de los otros", extraordinaria.
Este é o fragmento no que Sebastian Koch recorre ao regalo do seu amigo Jerska, para afogar a pena polo seu suicidio. Trátase da partitura "sonata para un bon home", a música provoca unha súbita mutación no axente Ulrich, que nese intre rompe os seus ríxidos e dogmáticos esquemas para sucumbir ante a beleza da arte.
Estiven buscando a correlación entre este tema e a Sonata Apassionata de Beethoven que menciona cando di "é imposible que as persoas que oigan esta música non sexan boas, o mesmo Lenin dixo da Apassionata que si seguía escoitándoa non faría a Revolución". Pois ben, non se trata de ningún fragmento da obra, a música foi composta por Gabriel Yared e o actor Georg Dreyman aprendeu a tocar o piano para poder realizar a interpretación neste clip.
luns 28 xaneiro 2008
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS