Problemas Blog R

O blog está a dar problemas de compatibilidade con algúns navegadores, En concreto co Explorer 7.0 non son visibles os menús de seccións, galería, calendario, ligazóns, etc. Co Opera 9.25 veredes todo correctamente, quen terán problemas serán os que o utilicen para editar entradas, como é o meu caso. E finalmente, o meu vello amigo o raposo (firefox), que o teño abandonado vítima do poder de seducción de Opera , segue mostrándose 100% eficaz.
En "R" aseguran que están a traballar para resolver estas incidencias, ademais de ter a un grupo de desarrolladores estrullándose o miolo para engadir novas aplicacións aos blogs, boa falla fai porque vistas outras alternativas como Blogger ou Wordpress, aínda estamos a anos luz.

sabado 26 xaneiro 2008

En Informática | 1 comentario | Permalink

Guitarra Iphone


Nova xenialidade do Iphone, unha aplicación que permete convertelo nunha guitarra. Aínda fallan por pulir pequenos detalles, como o espacio para os dedos nos acordes ou os desprazamentos polos trastes...todo se andará.

sabado 26 xaneiro 2008

En Música | 2 Comentarios | Permalink