Xaque mate

Morreu o rei. 
Bobby Fisher faleceu en Reykjavík aos 64 anos, xa en novembro fora hospitalizado con síntomas de paranoia, e aínda que parece que non consegueu recuperar a súa saúde mental, o seu deterioro non era tan grave como para olvidar que George W. Bush é un criminal de guerra. 
Os rexistros académicos de Bobby Fischer indicaban que tiña un cociente intelectual de 180 e unha increíble memoria retentiva, na súa biografía destaca a victoria polo campionato do mundo en 1972 fronte a Boris Spassky, simbolizando nunha loita intelectual o enfrontamento entre as duas superpotencias USA / URSS.
No 1992 volveu a aceptar unha "revancha" con Spassky na antigua Iugoslavia, vencendoo novamente, esta victoria lle costaría un grave problema cos Estados Unidos, onde foi declarado traidor por vulnerar o bloqueo que exercían sobre Belgrado. O goberno Islandés ofreceulle asilo político e concedeulle a cidadanía en 2005, alí viviu ata hoxe.
Pepe Barreiro, un vello amigo do meu pai, contábame cando eu era mais novo historias relacionadas coa prodixiosa mente dos xogadores de xadrez, partidas simultáneas ou a cegas, o control das emocións  no transcurso de enfrontamentos interminables, os equipos de analístas que acompañan aos grandes xogadores...  Recoñecía a Fisher como un dos grandes mestres do xogo, aínda que para él a supremacía a ostentaba o cubano Capablanca.
Os 3 son historia. Q.E.P.D.   

venres 18 xaneiro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink