6000

Hai mais de medio século Liu era un xoven de 19 anos que vivía unha apaixoante historia de amor con Xu, unha rapaza 10 anos maior que el, que era nai viuva nunha pequena aldea do Sur da China. En aquel tempo era inaceptable e inmoral que un home novo namorara dunha muller mais vella, por esa razón a parella decidiu fuxir do seu pobo para vivir nuha recondita cova dunha montaña na que non dispoñían de luz, agás unha pequena lampa de keroxeno, e na que os únicos alimentos ós que podían ter aceso eran froitos e raíces do bosque. E así viviron durante 2 anos, ata que Liu decidiu esculpir coas suas máns unha escada que lle permetese á Xu baixar e subir con comodidade o treito que había entre o seu refuxo e a aldea. No ano 2001, un grupo de aventureiros atoparon por sorpresa o refuxo da parella no cumio do monte tras acceder polos 6000 peldanos da escada construida por Liu, alí viviran mais de 50 anos xuntos.
Liu faleceu cando cumprira 72 anos nos brazos da sua dona, contan que tan poderoso era o amor que lle profesaba que, aínda despois de morto, naide foi capaz de liberar a man con que se aferraba a Xu mentras a muller repetía incesantemente  " vostede prometeume que coidaría de min, que sempre estaría conmigo ata o día que eu morrera, agora vostede marchou antes ca min, cómo vou vivir sen vostede? "...
Enlace

mércores 02 xaneiro 2008

En Xeral | 1 comentario | Permalink