Ilusións opticas VI

Mr Angry and Mrs Calm. Unha das ilusións ópticas mais sorprendentes das que teñades visto, mirando as facianas dende 50 cm. de distancia, a que tedes normalmente ata a pantalla, veredes que a da esquerda amosa un estado de ánimo colérico mentres que a da dereita mantén un rictus de calma. Si vos alexades do ordenador uns 3-4 metros intercambianse os estados de ánimo. Sorprendente.
mércores 30 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Puma
A marca Puma presentou unha sofisticada campaña publicitaria de deseño futurista que pronostica unha evolución do futbol baseada nunha proposta de equipación sorprendente.
O Spot é un clip de video virtual inspirado nos poweriser. Todo é posible.
mércores 30 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Brett Dennen
Son fan de House, pareceme unha das series mais atractivas da historia da televisión, o seu irónico sentido do humor, a mala leche dos diálogos, que son un derroche de imaxinación do equipo de guionistas, e os actores, comezando por Hugh Laurie, convértena nunha das mellores producións televisivas que se fixeron ata hoxe. Pero, e que ademais está a música, a BSO de House non ten desperdicio, entre a cantidade brutal de temas cos que nos obsequian, escollín para o post a Brett Dennen, un tipo novo, branco e pelirroxo que ten un deixe negro na súa voz semellante ao de Amos Lee. Gozádeo.
martes 29 xaneiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Sonate vom guten menschen
Finalmente vin "La vida de los otros", extraordinaria.
Este é o fragmento no que Sebastian Koch recorre ao regalo do seu amigo Jerska, para afogar a pena polo seu suicidio. Trátase da partitura "sonata para un bon home", a música provoca unha súbita mutación no axente Ulrich, que nese intre rompe os seus ríxidos e dogmáticos esquemas para sucumbir ante a beleza da arte.
Estiven buscando a correlación entre este tema e a Sonata Apassionata de Beethoven que menciona cando di "é imposible que as persoas que oigan esta música non sexan boas, o mesmo Lenin dixo da Apassionata que si seguía escoitándoa non faría a Revolución". Pois ben, non se trata de ningún fragmento da obra, a música foi composta por Gabriel Yared e o actor Georg Dreyman aprendeu a tocar o piano para poder realizar a interpretación neste clip.
luns 28 xaneiro 2008
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
100 gaiteiros
A marca de whisky convocou un certame de música que permite darse a coñecer a grupos que soan incriblemente ben para estar no lado escuro.
Escoitade as maquetas, é sorprendente a súa calidade, ademais descubriredes que preto da vosa casa hai virtuosos da música agochados nos tugurios mais insospeitados.
Persoalmente chamoume a atención "Few days later" un grupo de Punk Rock de Lugo que soan xenial.
O mais votado poderá editar o seu propio disco, e cos 12 grupos mellor clasificados se fará un concerto que promete ser espectacular.
domingo 27 xaneiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Steamtreehouse
Un grupo de artistas de Oakland fixeron a súa particular homenaxe as arbres construindo esta "casa" de mais de 30 metros de altura utilizando materiais reciclados.
Esta escultura interactiva estase a convertir nun icono para a reivindicación de unha relación do home e o medio ambiente solidaria e respetuosa.
Enlaces:
Steamtreehouse
Flickr
domingo 27 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Problemas Blog R
O blog está a dar problemas de compatibilidade con algúns navegadores, En concreto co Explorer 7.0 non son visibles os menús de seccións, galería, calendario, ligazóns, etc. Co Opera 9.25 veredes todo correctamente, quen terán problemas serán os que o utilicen para editar entradas, como é o meu caso. E finalmente, o meu vello amigo o raposo (firefox), que o teño abandonado vítima do poder de seducción de Opera , segue mostrándose 100% eficaz.
En "R" aseguran que están a traballar para resolver estas incidencias, ademais de ter a un grupo de desarrolladores estrullándose o miolo para engadir novas aplicacións aos blogs, boa falla fai porque vistas outras alternativas como Blogger ou Wordpress, aínda estamos a anos luz.
sabado 26 xaneiro 2008
En Informática | 1 comentario | Permalink
Guitarra Iphone
Nova xenialidade do Iphone, unha aplicación que permete convertelo nunha guitarra. Aínda fallan por pulir pequenos detalles, como o espacio para os dedos nos acordes ou os desprazamentos polos trastes...todo se andará.
sabado 26 xaneiro 2008
En Música | 2 Comentarios | Permalink
Rémi Gaillard
Rémi GAILLARD é un tipo que organiza o seu paricular espectáculo cómico, a modo de happening, en acontecementos deportivos ou mesmo pola rúa, xa lle prestaron atención na sexta no programa "sé lo que hicisteis" e dispón dunha páxina onde están colgadas algunhas das súas "correrías". Un tipo simpático.
venres 25 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Bebés
[ Máis ]
xoves 24 xaneiro 2008
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Caraculo
O artista en cuestión chámase Jonathan Yeo, e fai "collages" utilizando recortes de revistas pornográficas, de xeito que, en moitas ocasións, o todo non resulta ser a suma das partes, aquí o resultado holístico contradi o axioma.
Para observar en detalle a imaxe utilizade o Zoom premendo as teclas de Ctrl + e -.
Os detalles podedes aprecialos nos seguintes enlaces:
Detalle 1 / Detalle 2 / Detalle 3
mércores 23 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Patas
martes 22 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Cintas de embalar
Postos a buscar excentricidades atópanse verdadeiras obras de arte feitas cos obxectos mais impensables. Un amigo envíame este link con enlaces a artistas que utilizan nas súas produccións os mais diversos materiais, dende perchas ou cartóns a pólvora, pero o mais chamativo é o uso de cintas de embalar para conseguir imaxes como esta. O autor Mark Khaisman.
luns 21 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Les Kiriki
Unha obra maestra dos efectos especiais no cine de principios de século (1907).
O autor é Segundo Chomón coa colaboración da sua dona Julienne Mathieu, quen coloreu a man toda a filmación.
luns 21 xaneiro 2008
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Telesketch
Outro hiperrealista, George Vlosich que é capaz de facer debuxos co telesketch como o que aparece no video, a destreza que ten para manexar estes cacharros é alucinante.
domingo 20 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Huacachina
Huacachina está no Perú, trátase de unha cidade oasis no medio do deserto que permete, ademais de desfrutar do seu exotismo, facer "sandboard" ou pasear nos tubulares.
Apetecible.
domingo 20 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Autopsias de libros
Brian Bettmer escultor de libros.
"Cuando la función a la que estaba destinado un objeto se evapora, surge la necesidad de abordar su forma y contenido mediante un nuevo enfoque. A través de la alteración de los materiales preexistentes y sus papeles variables emergen nuevas e inesperadas funciones para los viejos materiales. Esta es el área en la que intervengo actualmente. Por medio de excavaciones meticulosas o alteraciones sucintas edito o disecciono un objeto comunicativo o un sistema, como libros, mapas, cintas de casete y otros medios. El papel del medio se expande. Su contenido es recontextualizado y aparecen nuevos significados o interpretaciones."
sabado 19 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Poesía Visual
Joan Brossa (1919-1998)
Creador da poesía visual, xénero que se move entre a pintura, a música, e o teatro, nela a imaxen predomina sobre o resto dos componentes.
Brossa trata de descubrir a maxia nos obxectos mais vulgares, seguindo a líña do arte pobre, e ofrece sempre unha mensaxe detrás de cada producción.
sabado 19 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Xaque mate
Morreu o rei.
Bobby Fisher faleceu en Reykjavík aos 64 anos, xa en novembro fora hospitalizado con síntomas de paranoia, e aínda que parece que non consegueu recuperar a súa saúde mental, o seu deterioro non era tan grave como para olvidar que George W. Bush é un criminal de guerra.
Os rexistros académicos de Bobby Fischer indicaban que tiña un cociente intelectual de 180 e unha increíble memoria retentiva, na súa biografía destaca a victoria polo campionato do mundo en 1972 fronte a Boris Spassky, simbolizando nunha loita intelectual o enfrontamento entre as duas superpotencias USA / URSS.
No 1992 volveu a aceptar unha "revancha" con Spassky na antigua Iugoslavia, vencendoo novamente, esta victoria lle costaría un grave problema cos Estados Unidos, onde foi declarado traidor por vulnerar o bloqueo que exercían sobre Belgrado. O goberno Islandés ofreceulle asilo político e concedeulle a cidadanía en 2005, alí viviu ata hoxe.
Pepe Barreiro, un vello amigo do meu pai, contábame cando eu era mais novo historias relacionadas coa prodixiosa mente dos xogadores de xadrez, partidas simultáneas ou a cegas, o control das emocións no transcurso de enfrontamentos interminables, os equipos de analístas que acompañan aos grandes xogadores... Recoñecía a Fisher como un dos grandes mestres do xogo, aínda que para él a supremacía a ostentaba o cubano Capablanca.
Os 3 son historia. Q.E.P.D.
venres 18 xaneiro 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Bic
As obras do pintor hiperrealista Juan Francisco Casas mostran a alta resolución dos bolígrafos "Bic".
A partir do 2 de febreiro poderase visitar en Madrid unha exposición do seu traballo, debuxos de dimensións alucinantes atendendo a ferramenta que emprega.
Link
mércores 16 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Exército
O día 30 de xaneiro é o día da Non violencia e a Paz, nada mellor para celebralo que votar unhas risas coas manobras do exército. Son reais.
mércores 16 xaneiro 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Guitar Hero
Seguramente moitos non sabedes en que consiste esto, pero tratase de un xogo increíble, con unha guitarra de xoguete con 5 teclas de cores, hai que intentar seguir o ritmo ou os punteos de temas de Rock que fixeron historia, no video unha mostra do virtuosismo de algún friki. Eu, que soamente me quedo no modo "Fácil" non acabo de entender como o consegue. En duas palabras Im presionante.
martes 15 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Mans e brochas
Descoñezo quen é o artista, pero o show é espectacular. Xentileza da miña amiga Inés.
luns 14 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Radiolina
Radiolina é un proxecto de Manu Chao para promover a difusión da música dos que non o teñen doado para acceder ó mercado controlado polas grandes productoras discográficas, dende a súa páxina pódense enviar os temas que soaran na radioweb. Tamén lle da nome o seu último traballo editado en setembro de 2007.
Este ano será o 10 aniversario da "feira das mentiras" celebrada en Santiago no 98, para recordala non estaría mal unha reedición. Ós que vos goste o fútbol non vos perdades na tevelina o homenaxe a Maradona.
domingo 13 xaneiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Free Rice
Páxina que propon unha palabra en inglés e tres opcións para elexir o seu significado. Se acertas, cada vez se pon mais difícil, se fallas se pon mais doado.
Por cada acerto donanse 20 graos de arroz a países necesitados. O arroz pagano as empresas que se anuncian mentras xogas. Good Job.
domingo 13 xaneiro 2008
Mc Donalds
Poucos son os humoristas que me epatan, sobre a facilidade para rescatar a sonrisa non hai nada escrito, pero ademais dos meus amigos , que despois de moitos anos aínda conseguen espremer a miña ledicia, para min, unha das parellas mais hilarantes é ista.
sabado 12 xaneiro 2008
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Himno
Seguramente sexa complicado facerlle letra a un himno, pero esta horterada española resulta patética. Supoño que non terán valor de facelo oficial, de ser así, en comparación co noso, fará despertar un sentimento nacionalista ata ó Señor Fraga.
¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. | "¡Viva España! Cantemos todos juntos Con distinta voz y un solo corazón. ¡Viva España! Desde los verdes valles al inmenso mar, un himno de hermandad. Ama a la Patria pues sabe abrazar, bajo su cielo azul, pueblos en libertad. Gloria a los hijos que a la Historia dan justicia y grandeza democracia y paz" |
venres 11 xaneiro 2008
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Game Over
Guillaume Reymond é o artista responsable da creación de estes "video performances" baseados nos primeiros xogos de consola que apareceron no mercado, fundamentalmente das "tragaperras", xa que eran impensables os actuais softwares para Playstation, Xbox, etc. Hoxe, que me preocupo polo poder adictivo que exerce o "War of Warcraft" sobre os meus fillos, recordo o enganche que eu tiña a estas aplicacións prehistóricas, só comparable ao das "máquinas de petacos" (pechando os ollos, aínda podo escoitar os impactos sonoros da boliña de aceiro nas setas, sentir o pracer de conseguer partida extra e a inesquecible complicidade de xogar a dobres coa rapaza que che facía "tilt").
;
Non vos perdades os outros videos, o traballo é increíble. (incluída a música de fondo)
xoves 10 xaneiro 2008
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Moby Dick
;
Para os que aínda non teñades o Blog de Fogonazos entre os vosos Bookmarks, secuestro outro dos seus post, aínda que podería apropiarme da totalidade das entradas, todas elas son interesantísimas.
Neste caso amosa a "Migaloo", fonte de inspiración de Herman Melville, e presumiblemente o único exemplar vivo de balea branca. Todo un espectáculo.
mércores 09 xaneiro 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Test de Ishihara
Existen multitude de discromatopsias, mais coñecidas como Daltonismo, e un método moi sinxelo de coñecer si unha persoa o sufre, o Test de Ishihara.
Se algún de vós presenta dificultade ou imposibilidade para percibir correctamente as cores sabede que a vosa agudeza visual pode ser superior á da media dos mortais.
Na imaxe aparecerá o nº 5 ou o nº 2 (este último só o poderán ler os que teñen cegueira para o vermello e o verde)
mércores 09 xaneiro 2008
En Test | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS